XI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO.

Cangas, 03 de maio de 2015

Unha das primeiras competicións de Pista ao Aire Libre da tempada tivo lugar na nosa localidade. Foron probas para todas as categorias, cada un na súa distancia, e tamén xuntos nos diferentes concursos. A categoría benxamín podía competir nos 50 e 500 m.l. cos seguintes RESULTADOS para @s amarel@s.  O seguinte escalón, os alevíns, que disputaron o 60 m.l. máis os 500 m.l. tamén contaron con Sara Mallo na lonxitude. RESULTADOS.


11174904_960036367354532_2166455543880875028_n


Para a categoría infantil xa entraban en xogo máis probas ademáis dos 80 m.l. en velocidade e 1000 m.l. en fondo. Neste caso foron os concursos de pertega, xavelina, lonxitude etc. No caso dos lanzamentos os concursos foron separados polos pesos correspondentes a cada categoría. Na altura, lonxitude e pértega competiron os nen@s que tiñan a marca mínima, de feito na lonxitude feminina resultou vencedora unha infantil do noso Club Ariadna Gil. RESULTADOS

Os cadetes xa nos deleitaban con distancias olímpicas, coma os 100 m.l., tamén disputaron os 1000 m.l. e os distintos concursos. No relevo 4×100 participaron Saray Amoedo e María Rodríguez, acadando os seguintes RESULTADOS 


10394566_960036020687900_3887262557798198801_n


 Os derradeiros resultados son para as categorías  xuvenil, junior, promesa, senior e veteranosRESULTADOS.  

O   trofeo a mellor marca segundo táboas IAAF en categoría masculina foi para Miguel Carajaville e na feminina para Solange Pereira.

Deja una respuesta