CRITERIUM RFEA DE MARCHA ATLETICA.

Este vindeiro domingo 22 de marzo de 2015 celebrarase en Renteria o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KM. MARCHA ABSOLUTO E PROMESA. Paralelo o citado Campionato vaise disputar un Criterium de Marcha Atlética. Nesta proba imos ter representación de catro atletas do Vila de Cangas. Na categoría Alevín másculino Denis Fernández competira nos 2 kilómetros. En Infantil feminimo Ana Piñeiro e Valería Fernández faran o percorrido de 3 kilómetros. Esmeralda Corredoira completará o circuito de 10 kilómetros reservado para a categoría Junior. Moita sorte para todos eles e seguro que van amosar as suas dotes entre o mellorciño da Marcha Atlética nacional. 

 marcha20km_G

MAR CHILLON CAMPIONA DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA

A localidade murciana de Jumilla acollía o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Na proba da categoría junior participaba Mar Chillón como compoñente da selección galega, quedando en 2º lugar cun tempo de 52:03 nos 10 kms. Este gran esforzo foi recompensado coa medalla de Ouro para o combinado galego. Gran labor de equipo que colocou a marcha galega nun merecido primeiro posto.

10410776_825092394194913_6181575898833667600_n (1)

MAR CHILLÓN COMPOÑENTE SELECCIÓN GALEGA DE MARCHA

Este vindeiro domingo 01 de marzo disputase en Jumilla (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Para tal evento foi seleccionada a atleta Mar Chillón Camaño, quen acudirá cos colores do combinado galego. Tamén participará invitada Esmeralda Corredoira. Moita sorte e boa viaxe.

 1-de-marzo-jumilla

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Sábado 1 Febreiro 2014

Por segundo ano consecutivo, voltamos ao circuíto de Aldán, pero esta vez o campionato foi pola tarde e novamente con previsión de mal tempo. Algo que neste inverno ven sendo normal, e que pode repercutir nas marcas. Como pasara o ano pasado, que a chegada dos 5 km foi a máis lenta en toda a historia do atletismo, xa que a forte racha de vento que se levantou, facía que os atletas avanzaran a cámara moi lenta.

A primeira carreira foi os 3 km dos alevíns e infantiles onde se lograron 6 medallas. A primeira atleta do noso club en pasar pola meta foi Valeria Fernández, que se proclamou subcampiona galega infantil. Tras ela chegaban os novos campión galegos dos alevíns, Ana Piñeiro e Teo Iglesias. Seguíaos Suso Guimeráns quen foi bronce infantil. E para completar o podio dos homes alevíns, que se encheu de amarelo, os seguintes en entrar en meta foron Gabriel Dacosta e Miguel Gallego. Pero entre eles, pasaron pola meta dúas mulleres, Irene Menéndez, quen tivo un moi bo estreo, e Ainoa Santos. A orde dos seguintes en completar a carreira  foi Sabela López, Lucía Riobó, Ines Pardavila e Mar Guimeráns.

Os 5 km foi a seguinte carreira onde Noa García, que foi 5ª, obtivo a praza para ser compoñente da selección galega de marcha, que competirá o 16 de este mes en Murcia no campionato de España. Ana Fandiño nos seus primeiros 5km, non parou de loitar ata pasar pola meta, sendo 9ª.

Tras estas dúas carreira foi o turno dos máis cativos, os  benxamíns. So competimos con 2 atletas e ambos fixeron tan ben que subiron o podio. Denís Fernández impuxo un bo ritmo de carreira e deixou a todos atrás para proclamarse campión galego. Katia González non se rendeu e obtivo o titulo de subcampiona galega.

Os 10 km é a carreira na que se premia a orde de chegada (absoluta) e por categorías. E aquí é onde Mar Chillón logrou dúas merecidísimas medallas e os títulos de campiona galega absoluta e campiona galega xunior e por si fora pouco, tamén formará parte da selección galega. Esmeralda Corredoira, que tamén competía nesta carreira, chegou 6ª, pero logrou a marca mínima que lle permite participar no campionato de España pero de maneira individual, lucindo os colores do Vila de Cangas.

Os resultados deste campionato foron 10 medallas: 5 ouros, 3 pratas e dous bronces, dúas compoñentes da selección galega que participaran no campionato de España e unha que o fará de forma individual. Por certo, o tempo comportouse e non causou estragos.

Resultados Aldan marcha ruta 2014

Benjamín: 1º Denis Fernández Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Ribeira, 1 Decembro 2013

Este ano, como o ano pasado, aproveitouse o campionato galego de marcha para facer un control de marcas, para que os atletas tiveran máis oportunidades de mellorar.

Este ano o campionato levounos ata a pista do complexo deportivo de a Fieiteira en Ribeira. A pesar de estar o ceo despexado e haber sol, unha parte das pista, e as gradas, estaban a sombra e notábase o cambio de temperatura, sobre todo porque había un vento un pouquiño desagradable.

As primeiras en competir foron as xuveniles nos 400 m.l. Noa Rouco foi a primeira en chegar e Ainhoa Fernández fíxoo na cuarta posición.

Como sempre a competición de marcha comezou coa distancia máis pequena, 1 km, onde ían dous atletas do noso club e os dous subiron o podio. Denís Fernández proclamouse campión galego nesta distancia e Katia  González a subcampiona.

Nos 2 km foi onde competían máis atletas do club, 6, dos cales a metade subiron o podio. Xa dende o primeiro momento, Ana Piñeiro demostrou que era a campiona, impoñendo un ritmo forte ó que ninguén se lle acercou. Detrás de Ana, e case dous minutos despois, chegou Teo Iglesias obtendo un merecido título de campión galego. Ainoa Santos, que fixo unha magnífica carreira, entrou na cuarta posición feminina. Tras ela, e competindo por primeira vez, entrou Miguel Gallego, quen empezou con bo pé, xa que gañou a medalla de bronce. Lucía Riobó e Mar Guimeráns foron as seguintes en finalizar a carreira.

Nos 3 km infantil-cadete, só tivemos unha participante por cada categoría, e as dúas eran mulleres. Dos 12 marchadores con que participaba o noso club, só 3 eran homes. A primeira en finalizar foi Noa García, é fíxoo na 4ª posición. Valeria Fernández terminou proclamándose subcampiona tras unha boa carreira.

Nos 5 km  hai dúas competicións a vez, a absoluta, onde compiten todas as categorías, de xuvenil para arriba, e a de cada categoría, por iso un atleta pode gañar dúas medallas, o que  fixo Mar Chillón, que novamente proclamouse a campiona da súa categoría e subcampiona absoluta. Esmeralda Corredoira competiu, e moi ben, nos 5km e finalizou 5ª.

MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA – FINAL

1 Xuño 2013

Un ano máis e coincidindo co G. P. Cantóns de Marcha  da Coruña, celebrouse a final do circuíto de marcha. A competición foi pola tarde, e o noso club, que é moi marchoso, participou con 10 atletas, non estaban todos os marchadores, pero foron suficientes para encher practicamente todos los podiums de cor amarelo.

Na primeira carreira xuntaron a todas categorías menores (benxamín, alevín e infantil) coas rapazas cadetes. Marcharon xuntos pero cada un facendo a distancia que lle correspondía.

O circuito dos Cantóns ten 1km,e os primeiros en parar foron os Benxamíns. Teo Iglesias foi o primeiro en parar, proclamándose campión da proba. Seguíao Denís Fernández.  Katia Gonzalez foi a campiona das benxamíns.

Na segunda volta pararon os alevíns tras facer 2km. As duas atletas do noso club que participaron  subiron o podium, Ana Piñeiro como a campiona desta distancia e Valeria Fernandez como a subcampiona. Suso Guimeráns finalizou 5º mellorando a súa marca.

Os 3 km era a distancia para os infantiles e as cadetes. A primeira en chegar foi a cadete Noa García no tercer posto. Tras ela chegaron os infantiles, Andres Obenza que foi o sub campión e  Iria Rodriguez foi a 6ª , facendo unha boa carreira e mellorando bastante a súa anterior  marca.

Nos 5km, e representando o noso club, ía Mar Chillón  que se proclamou subcampiona da proba. Tras esta carreira foi o momento de disfrutar vendo marchar os atletas internacionais e de subir o podium a recoller os trofeos

 

GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Santiago 1 de  decembro de 2012

Esta tempada o campionato foi cedo, celebrouse en Santiago.  Aproveitouse a ocasión para que os atletas poideran facer as primeiras marcas da tempada, cun control de marcas no que participaron algunhas atletas do club.

O control comezou con retraso, máis ben poidamos decir con demasiado retraso, o que fixo que se viran escenas nunca vistas como, os marchadores competindo polas rúas de fora e polas de dentro os outros atletas facendo series.

A primeira atleta do Vila en competir foi Paula M. nos 60 m.l. que foi segunda na sua serie. Os seguintes foron os marchadores máis novos do club en 1km macha, Teo I. e Denis F. quen se estrenou na proba, e quedaron primeiro e segundo consecutivamente. Nos 2km, a saída retrasouse, a pesar de estar tódolos rapaces na línea de saída e estar chovendo con ganas , pero iso non impediu que   Ana P. proclamárase  campiona  galega, Valeria  F. subcampiona e Ainoa S.  8ª.

Nos 3 km competiron Noa G. que foi 5ª e Andrés O. que foi 2º a pesar de chegar máis tarde que Noa. Mentras eles competían, deuse a saída do 1500 mulleres no que participaron Aida A. e María N. quenes volveron a competir despois  de facer os 400 m lisos nos que tamén participou Ana A..Na distancia dos 5km estrenouse Esmeralda C. que foi quinta.

Mar Chillón e Rebeca Obenza non puderon participar por estar de baixa. Pero a Mar, Ana P. e Valeria F., ademais de a outros atletas, déronlle o material deportivo por ser os gañadores do circuito Josefina Romero da anterior tempada.

Resultados

Benxamín homes – 1 km: 1º Teo Iglesias Vidal, 2º Denis Fernández Blanco

Alevín mulleres – 2 km: 1ª Ana Piñeiro Piñeiro, 2ª Valeria Fernandez Blanco, 8ª Ainoa Santos Piñeiro

3km: Infantil  homes :2º Andrés Obenza Otero—- cadete mulleres: 5ª Noa García Prieto

5Km:  Xuvenil mulleres : 5ª Esmeralda Corredoira Herbello

60m.l.: Cadete Paula Martínez Fernández 3ª

400 m.l.: Junior: Aida Amoedo Portabales 1ª

                             María J. Novo Pardavila  2ª

                Juvenil: Ana Antepazo Regueira 2ª

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. SETE MEDALLAS E UN NOVO RECORD GALEGO

En Pontevedra xuntámonos para celebrar o campeonato galego de marcha en ruta. Estreamos novo circuito  cunha distancia de 2 km. É moi vistoso xa que se pode mirar case todo o percorrido, vaise bordeando o río Lerez pola avenida Buenos Aires, a ponte dos tirantes e o paseo  de Arese.

Foi unha mañán con moito frío e chuvia, que apareceu tras rematar a primeira carreira e non  parou ata o final. A primeira carreira foi a dos 3 km alevín e infantil. O noso club participou con 5 atletas.A orde en que entraron na meta foi Noa García (2ª), Andrés Obenza (4º), Valeria Fernández (1ª),Suso Guimeráns (2º) e Valeria Rodríguez (4ª)

 Nos 2 km competiu  Ana Piñeiro, quen se proclamou campiona galega  batindo un récord que facía anos que non se superaba . Tamén marchou nesta distancia  Ainoa Santos que foi terceira.

Nos 10 km estrenábase Mar Chillón que fixo unha boa marca, 52.22min., e obtivo a medalla de prata. Rebeca Obenza foi a campiona das promesas e Ángel Menduiña foi o 4º xunior en cruzar a meta.

Resultados
Benjamín: Ana Piñeiro………………… Campiona Gallega e record galego
                 Ainoa Santos……………….Medalla de bronce
 
Alevín:     Valeria Fernández……………Campiona gallega
                Valeria Rodríguez…………..4º
                Jesús Guimeráns……………Subcampión Gallego
 
Infantil:     Andrés Obenza…………….4º
                Noa García……………………Subcampiona gallega
 
Juvenil:    Mar Chillón………………….Subcampiona gallega
              
Junior:     Ángel Menduiña……………4º
 
Promesa:  Rebeca Obenza……………Campiona Gallega
 

Marcha ruta feb2012

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

 Este domingo iremos ata Pontevedra o campionato galego de marcha en ruta, que se fará nun novo circuito, o mesmo que acollerá en datas vindeiras o campionato de España de marcha. O club participará con dez atletas, os cales no anterior campionato obteron moi bos resultados.

Este é o plano do circuito,  PlanoMarchaPO-2012, por si vos queredes acercar a animar  os atletas