Juan Piñeiro viaxou ata Granollers para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA AIRE LIBRE. Unha vez alí, participou na final do salto de lonxitude, acadando o pase a mellora en dito concurso. Finalmente, cun mellor salto de 6, 65 m., rematou en 8º posto.
Aaron Otero estreouse nun Campionato de España na categoría SUB 16. Viaxou ata Sabadell para participar na final do lanzamento de peso. Unha vez alí, acadou o pase a mellora no concurso e rematou no posto 6º cun mellor lanzamento de 13,33 mts. Agora toca centrarse na pista ao aire libre, na cal xa ten mínimas para o peso máis o martelo.
Aaron Otero viaxará ata Sabadell para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. O domingo 17 vai participar na final do lanzamento de peso, alí se medirá cos mellores lanzadores nacionais. Agardamos disfrute do Campionato e que teña unha agradable viaxe.
Lope Quinteiro vai participar no XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA, o sábado pola tarde disputará a semifinal dos 800 m.l. no Palau Velódrom Lluís Puig. No caso de progresar a final sería na xornada do domingo 10. Parte coma lider no ranking galego da distancia e agora toca presentar as credenciais no nacional, de seguro que voltará contento coa sua actuación.
A pista cuberta de Gallur en Madrid encheuse de enerxia atlética. @s mellores SUB 20 do país concurrían ao peche da tempada de pista cuberta. Daniel Calvarnon puido acadar o pase as semifinais, quedou fora cun tempo de 23.21 s. na sua serie de 200 m.l.
Saray Amoedo remataba 8ª na final do triple salto. Realizou un concurso moi regular e sempre mantendo ese nivel que se procura nas citas nacionais.
Na vindeira fin de semana, 2 e 3 de marzo, vaise disputar en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. O sábado pola maña participará nos 200 m.l. DanielCalvar, estas primeiras series conformaran as semifinais que se disputaran pola tarde. Nesta toma de contacto coa Pista Cuberta de Gallur vai a estar acompañado de SarayAmoedo que loitará na final do triple salto. Dexesarlle unha boa viaxe e moita sorte.
O primeiro Campionato Nacional de Pista Cuberta tiña coma protagonista a categoria SUB 23. A capital charra acolleu na pista cuberta «Carlos Gil Pérez« @s mellores atletas promesas. Paula Martínez estivo entre a elite nacional, disputando as quendas eliminatorias dos 60 m.v. Non puido pasar da xornada do sábado, onde rematou con 9.60 a sua eliminatoria.
Esta vindeira fin de semana, 9 e 10 de febreiro, a pista cuberta «Carlos Gil Pérez» de Salamanca vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Alí contaremos coa presenza de Paula Martínez, quen o sábado pola tarde disputará as series eliminatorias dos 60 m.v. No caso de progresar nestas, o domingo están previstas as semifinais e final da proba. Estaremos moi atentos a súa evolución no Campionato.
Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.
A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de 15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteirocon 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.
Para Murcia se nos foi Daniel Armada. Disputabase nesa cidade o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Este atleta lidera o ranking da tempada en Galicia nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Estas mesmas probas foron as que disputou no nacional. Nos 100 metros lisos acadou un rexistro de 11’35, co cal non progresou a semifinal. Na proba dos 200 metros lisos, estivo cerca da sua marca, rematou en 22’71, pero tampoco pasou a semifinal.
Debe estar conectado para enviar un comentario.