Lleida, 17 de xullo de 2021
Archivo de la etiqueta: CAMPIONATO ESPAÑA
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20
Ata a localidade oscense de Monzon vai viaxar Ariadna Gil para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Disputará o domingo 4 de xullo a final do concurso de triple salto. Só nos queda desexarlle boa viaxe e mellor competición.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Oviedo, 20 de marzo de 2021
Gema Dacosta desplazouse a capital asturiana para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. Participou na final do concurso de lanzamento de peso. Partía coa mellor marca galega da tempada (11,75 m) e agora tocaba medirse co resto de lanzadoras a nivel nacional. Estivo acompañada da sua adestradora Raquel Villa, quen seguiu de cerca a sua evolución na final, onde mellorou a sua marca lanzando ata 11,80 m. e acadando un magnifico 6º posto. Fabuloso peche para esta tempada de Pista Cuberta para esta atleta.
PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE
A partir de mañan, sábado 24 e ata o domingo 25, estaremos atentos a celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14 AO AIRE LIBRE. Seran participes do mesmo tres amarelas, Claudia Carcer no triatlon A (80 m./ 80 m.v. e peso), Gema Dacosta no tiratlon D ( 80 m./ peso e disco) e Iris Malvido no triatlon E (80m./xavelina e marcha). O Estadio de Vallehermoso en Madrid será testemuña da evolución das probas, onde se premiará a versatibilidade d@s atletas. Achegamos ligazons para facer un seguimento da competición.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICION EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Tarragona, 17 e 18 de outubro de 2020
Moi interesante se presentaba a participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. A proba na que ia participar, os 800 m.l., faise unha proba aberta a estratexia. O sábado 17 disputouse a semifinal, na que Lope partía co 3º mellor tempo. Pasaban os dous primeiros e os dous mellores tempos das quendas. Lope accedeu a final chegando no segundo posto, antes fixo unha lectura intelixente da carreira e progresou na recta final adiantando ata acadar o pase directo.
O domingo disputou a final, onde se topou cunha primeira volta moi conservadora. Foi quen de iniciar un ataque vertixinoso a falta de 400 metros. Estivo en postos de podio ata os derradeiros metros, finalmente foi 5º. ¿Mereceu máis? claro que si, nada que obxectar a unha estratexia, que de sair ben, sería encomiable.
PREVIA CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Nesta vindeira fin de semana, 17 e 18 de outubro, o estadio Natalia Rodríguez de Tarragona vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Desta volta, será Lope Quinteiro quen acadou a participación na proba dos 800 m.l. O sábado disputará a semifinal, polo que, agardamos pase a final que se celebra o domingo. Achegamos enlaces de interés desta importante competición.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICION EN DIRECTO
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20
Nesta vindeira fin de semana vaise disputar no Estadio de Vallehermoso o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Os protagonistas Juan Piñeiro e Ariadna Gil, xa estiveron clasificados para o Nacional en Pista Cuberta, daquela en Sabadell polo mes de marzo foi das competicions canceladas pola pandemia. Teñen oportunidade de desquitarse na xornada do domingo 4 de outubro, Juan Piñeiro no concurso de lonxitude e Ariadna Gil no triplo. Parabens polo froito da constancia, e por suposto ao seu adestrador Ramilo.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICION EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA
Valencia, 7-8 de marzo de 2020
O noso atleta xuvenil Lope Quinteiro viaxou ata Valencia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. Sería das últimas competicions antes de entrar de cheo no Estado de Alarma. Lope participou na segunda quenda dos 800 m.l., estaba reñido o pase a final máis ainda nesta serie. Ao remate da carreira foi 5º cun tempo de 1:59.19, co cal, non progresou a final. Disto seguro que aprendeu moitas leccions, cabeza ben alta que estamos nun Campionato de España.

SARAY VIAXA AO NACIONAL SUB 23









Debe estar conectado para enviar un comentario.