Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.
A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de 15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteirocon 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.