CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE

Getafe, 24 e 25 de xuño de 2017

    Todo un luxo poder contar con tres amarelos no   CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBREDurante a fin de semana do 24 e 25 de xuño disputaron un total de cinco probas na localidade madrileña de Getafe. As probas de velocidade, 100 e 200 m.l. foron as que realizou Dani CalvarNon puido progresar a semifinal dos 100 m.l. cun rexistro de 11.70 s, tampouco pasou da primeira rolda nos 200 m.l. con 23.29 s. 



     No concurso de pértega estreouse na competición David Lorenzo, rematou no posto 17º con 3,92 m. Disputou tamén a semifinal dos 400 m.v.  acadando o 4º lugar na mesma con 56.41 s. Non obtivo praza na final.

     A final do lanzamento de xavelina contou coa presenza de Manel IglesiasCun mellor lanzamento de 48,73 m. rematou no posto 15º. En xeral foron marcas discretas, lonxe das que viñan acadando. Noraboa rapaces, xa que esta feito o camiño a por outro obxectivo.



Deja una respuesta