CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 19 de marzo de 2016

     Tras a recompensa obtida por Paula Martínez coa clasificación para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, chegaba o hora da verdade na maña do sábado 19 de marzo. O nivel da proba dos 60 metros valados non deixaba dubida que sería dificil acceder as fases finais.  O corte para o pase as semifinais, nas mulleres, estivo en 9,38 s. No caso de Paula acadou 9,96 na súa serie, co cal no puido pasar a semifinal. Agardamos nos siga acostumando a sua presenza en citas de tanta magnitude.


12778964_1304685092891797_4395480005360044079_o


RESULTADOS DO VII CROSS CEIP A RUA.

     Este pasado domingo 13 de marzo celebrouse o VII Cross Escolar CEIP A RúaUnha xornada primaveral axudou a encher o entorno do Ceip de A Rua de deportistas de todalas idades. Noraboa o ANPA por chegar ata este 7º cross e de seguro serán moitos máis. Achegamos a CLASIFICACION da carreira e un video con imaxes da xornada. Foi todo un pracer.



 

I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA

Oviedo 13 de marzo de 2016

     Disputouse en Oviedo o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.  En duas xornadas de sábado e domingo o Pazo dos Deportes de Oviedo foi testemuña do rendemento da categoría cadete. Unha das nosas atletas estreabase en competicións nacionais, no ámbito individual. Valería Rodriguez tras acadar o Subcampionato Galego de Pista Cuberta en lanzamento de peso, acudía a Oviedo a amosar a súa valía no Campionato de España

     Na final do concurso de peso acadou un mellor lanzamento de 10,33 m., foi no derradeiro intento. Con esta marca non obtivo o pase a mellora e rematou en 12º posto na final. De seguro que para vindeiros campionatos esta experiencia será positiva. Para a seguinte máis e mellor.


IMG-20160315-WA0002

pc_cadete-page-037

IMG-20160315-WA0001


CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS.

A Estrada, 12 de marzo de 2016

 

     Pechabase a tempada de Cross do programa XOGADE. Para o Campionato Galego das categorías alevín, infantil e cadetes ultimouse o cirtuito no entorno da praia fluvial do rio Liñares. Alí tiñamos a participación dos equipos alevín e infantil masculinos. Polo primeiro, sobre un percorrido de 1800 metros, participou Joel Curro, que foi 9º, Denis Fernández,  13º, Carlos López, 35º, Yago Juncal, 37º, Daniel Quinteiro, 41º e Carlos Corredoira, 45º. A suma do equipo chegou os 66 puntos, co cal obtiveron o 5º posto


12823517_891191864312139_5325159030668766626_o


     O equipo infantil, cun circuito de 2300 metros,  estivo formado por Lope Quinteiro, que rematou 8º, Jacobo Díaz, 36º, Aaron Otero, 45º, Daniel Iglesias, 46º e Adrián Pastoriza,  49º. Por equipos acadaron o 7º posto con 87 puntos.


1075580_891197967644862_8382762139436232149_o


RESULTADOS


VALERIA RODRIGUEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.

     Valeria Rodríguez vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA. A atleta cadete disputará a final de lanzamento de peso o vindeiro domingo 13 de marzo. O Palacio Municipal dos Deportes de Oviedo acollera durante esta fin de semana este importante Campionato,  que culmina a tempada de pista cuberta a nivel nacional. Sorte e «puxa» Valeria.


RESULTADOS EN DIRECTO


pc_cadeteG


CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE

     O sábado 12 de marzo a localidade de A Estrada vai acoller o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE. Achegamos a NORMATIVA do Campionato, onde estan clasificados os equipos alevin e infantil masculinos. Esta previsto que o autobús do deporte escolar salga de Cangas as 08:30 horas


circuito estrada-page-001


O circuito estará no entorno da praia fluvial do Rio LiñaresLISTADO CLASIFICADOS


 

VII CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

     A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon en coñecemento que o vindeiro día 13 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o  7º Cross Escolar. No REGULAMENTO podedes consultar os detalles da citada competición.

Compre destacar a ORDE das CARREIRAS:


Inscrición VII cross escolar A Rua-page-003


     NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE QUE QUEDEN VACANTES E POR ORDE DE CHEGADA, POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificad@s de cada categoría. Non se darán medallas.


VII Cross Escolar A Rua red