Archivo del Autor: Oscar
PREVIA DA FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR.
Este vindeiro sábado, 18 de novembro, o CGTD de Pontevedra acollerá a FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR. Esta primeira proba ten carácter clasificatorio para a FASE FINAL, a celebrar en Ourense o 16/12/2017. Cada atleta poderá disputar un máximo de DUAS probas. O listado que se amosa a continuación contén os ATLETAS CONVOCADOS, prégase comunicar calquera BAIXA que puidera afectar a composición dos EQUIPOS, co fin de subsanala o antes posible.
De cara o desprazamento, sairá un autobus as 08’15 horas da ESTACION de CANGAS. A volta será ao remate da competición. E aconsellable levar roupa de recambio e algo de comida para @s atletas. No tocante ao HORARIO, achegamos o vixente, sen descartar que poida sufrir algunha modificación. Salientar que nesta nova tempada foron renomeadas as categorías, polo cal @s BENXAMINS, serán SUB-10, @s ALEVINS chamaranse SUB- 12 e @s INFANTIS son SUB-14. Costará acostumarse.
ATLETAS CONVOCADOS:
CATEGORIA SUB-10
MULLERES:
- SABELA CASTELO, 50 m.l.-1000 m.l.
- LEIRE BRUN, 500 m.l. – lonxitude
- ALBA DEL VALLE, 500 m.l.- altura
- LEIRE FERNANDEZ, lonxitude- relevos
- SABELA DOMINGUEZ, 50 m.l. – altura
- NOA QUINTEIRO, peso
- ILANA LEON, peso
- VEGA PIÑEIRO, relevos
- CANDELA CASTRO, 1000 m.l.-relevos
- ZOE FERNANDEZ, relevos
HOMES:
- IKER RIAL, 50 m.l.-500 m.l
- MIGUEL FERNANDEZ, 50 m.l.-500 m.l
- PEDRO GONZALEZ, 1000 m.l.-relevos
- MARCOS RIAL, 1000 m.l.-lonxitude
- BREO FERNANDEZ, lonxitude-altura
- DIEGO VAZQUEZ, altura-relevos
- GONZALO RODRIGUEZ, peso-relevos
- ANDRES VARELA, peso-relevos
CATEGORIA SUB-12
MULLERES:
- LUCIA GIL, 60 m.l.-lonxitude
- CLAUDIA CARCER, 60 m.l.-relevos
- IRIS MALVIDO, 500 m.l
- LARA IGLESIAS, 500 m.l
- SARA NERGA, 1000 m.l.
- NEREA MALVIDO, 1000 m.l.
- GEMA DACOSTA, peso-lonxitude
- NOA NERGA, altura-peso
- GORETTI CARBALLAL, altura
- MAR CURRA, relevos
- LEIRE FONSECA, relevos
- UXIA GIL, relevos
CATEGORIA SUB-14
MULLERES:
- ANDREA PEREZ, 60 m.l.-relevos
- CARMEN FRAGA, altura-lonxitude
- NURIA ARGIBAY, 500m.l.-relevos
- AGATA RODRIGUEZ, 500 m.l.-60 m.v.
- CARMEN CASTRO, 60 m.l.-relevos
- BLANCA PIÑEIRO, lonxitude-triple salto
- EREA BASTON, peso-triple salto
- ABRIL ENTENZA, 60 m.v.-altura
- ROCIO NOVAS, peso
- CRISTINA TABOADA, 1000 m.l.-relevos
- UXIA SANCHEZ, 1000 m.l.
HOMES:
- DIEGO MARTINEZ, 60 m.l.-peso
- MIGUEL NUÑEZ, 60 m.l.-60 m.v.
- DENIS FERNANDEZ, 500 m.l.-lonxitude
- CARLOS CORREDOIRA, 500 m.l.-relevos
- JOEL CURRO, 1000 m.l.-lonxitude
- YAGO JUNCAL, 1000 m.l.-triple
- CARLOS LOPEZ, 60 m.v.-relevos
- ELOY DOMINGUEZ, altura-peso
- ANTON NUÑEZ, altura-relevos
- MANUEL LEMOS, pértega-triple salto
- RUBEN LEMOS, pértega
- JAVIER SANTOS, relevos

PRESENTACION 2017/18
O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2016/17, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 22 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 18 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).
O programa do evento estará composto por:
-
– Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
-
– Charla-coloquio cos INVITADOS.
-
– Entrega da revista nº 22 do Club.
-
– PINCHO coas aportacións d@s soci@s*
-
*(Procuraremos sexa unha comida saudable, para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )

CALENDARIO TEMPADA 2017/18
Benvidos a unha nova tempada atlética, que comeza hoxe 01 de novembro, cunha longa andaina ata o vindeiro ano 2018. Achegamos información do CALENDARIO da FGA para a tempada 2017/18. Adiantarvos tamén que a presentación da nova tempada está prevista para o día 18 de novembro de 2017, en horario de tarde.
Coma novidade, informarvos que o masaxista (LOLO) ofrecerá os seus servizos nas pistas de atletismo, os martes e xoves pola tarde. Para concretar a cita, contactar co tlf. 626940047.
CALENDARIO (adianto) 2017/18
ACTUALIZACION FOTOS PARA FICHAS.
Achegamos información IMPORTANTE de cara a renovación das fichas para a vindeira tempada 2017/18. Temos que actualizar as fotos d@s atletas, por tal motivo solicitamos unha foto recente d@s que non a aportar@n nestes últimos 3 anos. Podese entregar físicamente ou mandala en formato dixital ao enderezo do club: at.viladecangas@gmail.com
XA TEMOS DATA PARA O PEDESTRISMO.
Nos é grato comunicar que o XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- Memorial Pepe Cordeiro, terá lugar o 03 de decembro. Coa proliferación de probas populares cada vez e máis difícil facer cadrar a data sen interferir noutras probas da contorna. O final decidiuse realizala proba o primeiro domingo de decembro, a nosa data normalmente. Coa debida antelación informaremos da apertura das inscricións, que este ano premiaran a fidelidade, habera ao redor de 500 prazas a precio módico. Estes e outros detalles do Regulamento estanse últimando, polo que adiantarvos que serán carreiras de Categorías Menores no circuito urbán de Cangas máis a proba de 10 kms con percorrido de Aldán ata Cangas. Ide adestrando neste outono pois en breve sairá a inscrición da proba.

VOLTAMOS A ADESTRAR
Este luns 11 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS. A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata cadete) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2011) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas. Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores.
Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.
ACTOS FIN DE TEMPADA
O vindeiro sábado dia 05 de agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no mesmo lugar as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:
-
– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
-
– Memoria dos resultados da tempada 2016/17.
-
– Lectura e aprobación do estado de contas.
-
– Ampliación Xunta Directiva.
-
– Rogos e preguntas.
Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 15 de xullo de 2017







Debe estar conectado para enviar un comentario.