Progresivamente imos topando coa Tempada, este sábado 25 de novembro disputouse o XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro autonómico, neste caso de marcha atlética. En Lugo parece que primaron as temperaturas baixas, pero iso xa se intuia coa denominación do Campionato. Os primeiros en quitar o frio foron a categoría BENXAMIN, recen nomeada SUB 10. Pola nosa parte SABELA CASTELO mudou o frio por una medalla de CAMPIOA GALEGA, moi disputado ese primeiro posto cunha chegada de foto-finish. Co tempo rexistrado ( 5:16.21) tamén suporía un NOVO RECORD GALEGO de 1000 mts marcha en pista. Parece que Sabelanos vai facer escribir bastante, e nós encantados.
A categoría SUB 12 feminina foi a seguinte en competir sobre un percorrido de 2000 mts. Alí contabamos con tres amarelas, LARA IGLESIAS, que se proclamou CAMPIOAGALEGA, cun rexistro de (11:48.08), IRIS MALVIDO, rematou 4ª e a súa irmá NEREA MALVIDO, que finalizou 8ª.
Tanto homes coma mulleres da categoría SUB 14 marchaban nunha carreira de 3000 mts. DENIS FERNANDEZ, acadou medalla de BRONCEe CARLOS CORREDOIRArematou no posto 16º. Na clasificación feminina ROCIO NOVAS rematou de 18ª.
A nosa participación pechouse con ANA PIÑEIRO, na proba de 3000 mts da categoría SUB 16. Despois da carreira sumase un SUBCAMPIONATO GALEGO ao seu curriculum.