CAMPIONATO GALEGO SUB 14 DE CLUBS AO AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 06 de xuño de 2021

     O primeiro domingo de xuño apretaría a calor en O Barco de Valdeorras. A viaxe ata a marxe máis oriental da xeografia galega tiña coma fin participar no CAMPIONATO GALEGO SUB 14 DE CLUBS AO AIRE LIBRE. O madrugón foi para @s adestradores, xa que os atletas viaxaron antes para disfrutar da contorna e poder durmir un pouco máis. Pola maña competiron os homes, cun total de cinco atletas. Non cubrían o mínimo das probas pero era unha boa oportunidade de mellorar marcas de cara a vindeiros Campionatos individuais. 

SUB 14 HOMES (57 ptos.- 12º posto)

  • UNAI  FERRAL, 11º 80 m.l. e 10º Triple salto
  • DIEGO GARCIA,  7º 1000 m.l. e  10º 150 m.l.
  • HUGO COLLAZO,  1º 2000 m.l. e 5º  Xavelina
  • HUGO DOMINGUEZ,  3º 1000 m. obst. e 7º Lonxitude
  • BRAIS PINTOS, 5º 500 m.l. e S.M. Altura


   Pola tarde, a calor foi cousa seria, máis o combinado feminino estivo pelexando polo podio. Finalmente acadaron a medalla de chocolate, premiación amarga  que pon en valor unhas rivais que compuxeron uns conxuntos moi sólidos. Disto tamén se aprende, por suposto , parabens polo traballo de equipo.

SUB 14 MULLERES (121.5 ptos.- 4º posto)

  • LEIRE FONSECA, 4 ª 80 m.l. e 5ª  150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 5ª  500 m.l.
  • ESTELA RAÑA,  7ª Lonxitude e 9ª  1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 1ª 2000 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO,2ª  Marcha e 10ª 220 m.v.
  • LEIRE FERNANDEZ,8ª  Xavelina e 9ª  1000 m. obst.
  • GORETTI CARBALLAL,  5ª  80 m.v. e  5ª Salto de Altura
  • HELENA BELLO, 3ª  Triple Salto e 1ª Pértega
  • SORAYA GONZALEZ, 11ª Lanzamento de Disco
  • NOA QUINTEIRO, 5ª Lanzamento de peso e 8ª Martelo


 

PREVIA DO GALEGO DE CLUBS SUB 10 E SUB 12

    Este vindeiro sábado 12 de xuño o Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira, en Ribeira ( A Coruña), acollerá o CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS SUB 10 E SUB 12. Vaise dividir a xornada en tramos horarios, separando pola maña os SUB 10 por sexos, pola tarde coa categoría SUB 12 será igual.  Achegamos os HORARIOS e @s atletas convocados. A viaxe realizarase en vehículos particulares, polo que pregamos se comunique quen non dispusera de transporte.



SUB 10 MULLERES ( 10 a 12 h.)

  • CAMILA ENRIQUEZ, 50 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l.
  • ALICIA GONZALEZ, Marcha
  • IRIA FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
  • ESTELA BASTON, Salto de Altura
  • ROSA MARCOS, Lanzamento de peso
  • SABELA MIRANDA, Lanzamento de Pelota

SUB 10 HOMES ( 12 a 14 h.)

  • BRAIS GARCIA, 50 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, 500 m.l.
  • ANGEL REFOJOS, 1000 m.l.
  • ALAN MALVIDO, Marcha
  • XABIER FERRAL, Salto de Altura
  • SENEN SOAGE, Salto de Lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, Lanzamento de peso
  • TEO FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota


SUB 12 MULLERES ( 16 a 18 h.)

  • ERICA NOVAS, 50 m.l.
  • NOAH PINTO, 500 m.l.
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l.
  • AITANA BROULLON, Salto de Altura
  • SARA CASTRO, Salto de Lonxitude
  • LEIRE FUENTES, Lanzamento de peso
  • ZOE FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota

SUB 12 HOMES ( 18 a 20 h.)

  • IKER RIAL,  50 m.l.
  • GABRIEL FAZANES,  500 m.l.
  • MARCOS RIAL,  1000 m.l.
  • XABIER ALVARIÑA, Marcha
  • MIGUEL FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
  • BREO FERNANDEZ, Salto de Altura
  • AMARO BASTON, Lanzamento de peso
  • ANTON LEMOS, Lanzamento de Pelota


 

PREVIA CAMPIONATO CLUBS SUB 14 AO AIRE LIBRE

     O domingo 6 de xuño disputase o CAMPIONATO GALICIA CLUBS SUB 14 AO AIRE LIBRE en o Barco de Valdeorras, máis lonxe non había. O equipo masculino competirá en xornada de maña e o feminino en xornada de tarde. As 06:00 horas partirá o autobús da Estación de Cangas, e para a xornada de tarde sairá as 12:00 horas do mesmo lugar. Achegamos os HORARIOS definitivos dos Campionatos e o listado de atletas que compoñen os equpos:


SUB 14 HOMES

  • UNAI  FERRAL, 80 m.l. e Lonxitude
  • DIEGO GARCIA, 1000 m.l. e 150 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e Xavelina
  • HUGO DOMINGUEZ, 1000 m. obst. e Triple salto
  • BRAIS PINTOS, Salto de Altura e 500 m.l.


SUB 14 MULLERES

  • LEIRE FONSECA, 80 m.l. e 150 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 50 m.l.
  • ESTELA RAÑA, Lonxitude e 1000 m.l.
  • SABELA CASTELO, 2000 m.l.
  • ANTIA BAQUEIRO, Marcha e 220 m.v.
  • LEIRE FERNANDEZ, Xavelina e 1000 m. obst.
  • GORETTI CARBALLAL,  80 m.v. e Salto de Altura
  • HELENA BELLO, Triple Salto e Pértega
  • SORAYA GONZALEZ, Lanzamento de Disco
  • NOA QUINTEIRO, Lanzamento de peso e Martelo


 

CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 29 de maio de 2021

     O derradeiro sábado de maio disputouse no CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. O atletismo veterán afrontaba unha importante cita ao aire libre da que foi participe o atleta  Juan IglesiasCompetiu na categoría M50 e sumou duas premiacions a sendas participacions, en 400 m.l. e 800 m.l. Rematou a volta a pista en 1:02.90, acadando a medalla de BRONCE, e foi SUBCAMPION GALEGO de 800 m.l. cun tempo de 2:21.65. Boa maneira de gañar anos no atletismo, parabens.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 22 de maio de 2021

     As pistas do CGTD de Pontevedra converteronse no epícentro do atletismo galego. Concentrou no sábado 22 os Campionatos Galegos para as categorías Sub 20 e Sub 16 por equipos. Pola maña foi Ariadna Gil a botarlle unha man ao At. Celta no equipo Sub 20 e pola tarde tocaba loitar con eles para achegarnos ao noso obxectivo. Agradecerlle públicamente a man que nos botou Ariadna Gil pola tarde para levar a cabo esta complexa competición por equipos. Partía o equipo feminino Sub 16 co cuarto mellor estadillo, en canto a marcas presentadas. Loitabase con Clubes que presentaban equipos compensados con filiais, e por suposto, a hora de elexir moi ben compensados. Cal era o obxectivo enton, pois sinxelo SER AS MELLORES.



       Esa era a teoria, na practica tiñamos un Campionato moi reñido por diante, con grandes rivais, que coma nos, tiñan moito traballo e esforzo tras de si. Cristina Taboada inaugurou a participación amarela  na proba de lanzamento de xavelina, rematou 3ª cun lanzamento de 21.66 m. Ariadna Becerra participou finalmente no concurso de altura, saltou 1,25 e sumou 2 puntos para o equipo cun 7º posto. Noa Piñeiro facia o mesmo posto na carreira de 300 m valados. Carmen Fraga remataba 5ª na velocidade, 100 m.l. Uxia Sánchez repetia o mesmo posto na proba de 600 m.l.  Gema Dacosta venceu no peso,  Carmen Fraga 4ª na lonxitude e Lucia Gil 4ª nos 1000 m.l. Estabamos no Ecuador da competición e o equipo rondaba o podio alternado o cuarto e terceiro posto, para nada queriamos a medalla de chocolate. As seguintes probas afianzaron a posición do equipo no podio, da man de Nerea Malvido que entrou 2ª nos 3000 m., Agata Rodríguez 1ª nos 300 m.l., Iris Malvido 5ª en pértega, Gema Dacosta 1ª en disco e Sara Nerga 6ª en 1500 m. obstáculos.



     Tiñamos máis preto os postos de cabeza, pero tamén catro probas por diante.  Agata Rodríguez foi 5ª nos 100 m.v., acusou o pouco tempo de recuperación coa outra proba pero sumou uns puntos importantes para non descolgar o equipo. Iris Malvido 3ª en 3000 m. marcha e Lucia Gil 4ª no triplo colocaron ao equipo na terceira plaza a un so punto do At. Celta e a Atletica Lucense. Mentras todo isto ocorria, Noa Nerga comezaba no concurso de lanzamento de martelo, e vaia comezo, no primeiro lanzamento asegurou a victoria, por riba dos 33 metros. As matemáticas fixeron o demáís, Vila de Cangas Campion Galego Sub 16. Parabens a todo o equipo e  adestradores, foi un titulo loitado ata o final.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS

     O vindeiro sábado 22 de maio, en xornada de tarde, o equipo Sub 16 feminino disputará o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Loitaran con equipos reforzados cos filiais, cousa que pora en valor, un pouco máis, o resultado final. Achegamos o HORARIO definitivo e  información destacable do Campionato. Ademáis das atletas inscritas temos duas reservas, para suplir incidencias, que son CLAUDIA CARCER e MARTA CAMAÑO. Se fora preciso engadir máis compoñentes ao equipo poderiase facer o mesmo día, polo cal vos pedimos que apuntedes as instruccions do Adestrador ao respecto.


INFORMACION DO CAMPIONATO



RESULTADOS EN DIRECTO


EQUIPO SUB 16 FEMININO 

 

  • CARMEN FRAGA, 100 m.l. e Lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ,  300 m.l. e 100 m.v.
  • UXIA SANCHEZ, 600 m.l.
  • LUCIA GIL, 1000 m.l. e Triple Salto
  • SARA NERGA, 1500  Obst.
  • NEREA MALVIDO, 3000 m. 
  • NOA PIÑEIRO,  300 m.v.
  • IRIS MALVIDO,  Pértega e 3000 m. Marcha
  • MARIETA LOURIDO, Salto de Altura
  • GEMA DACOSTA, Lanzamento de Peso e Disco
  • NOA NERGA, Lanzamento de Martelo
  • CRISTINA TABOADA, Xavelina

 

 

 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Pobra do Caramiñal, 08 de maio de 2021

    A localidade coruñesa de A Pobra do Caramiñal acolleu o  CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Ali estiveron @s amarel@s mais «marchos@s» nunha tarde de sol que amornaba o fresco vento a beira do mar. Foi unha fin de semana intensa de probas e controis que movilizou aos atletas por toda a xeografia galega.

   Alan Malvido creceu vendo as suas irmans facendo marcha, e agora tocoulle o turno a él. Non tivo dubida, acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO da categoria SUB 10.



    Na proba de 2kms  SUB 14, non houbo sospresas, venceu Sabela CasteloAcompañouna nesta proba Antia Baqueiro, quen acadou un magnifico 5º posto.



     Iris e Nerea Malvido participaron nos 3kms SUB 16, rematando 7ª e 13ª respectivamente.


CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO

Pontevedra, 28 de marzo de 2021

     As pistas do CGTD de Pontevedra foron testemuña do CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO. As distancias da competición, normalmente de Pista Cuberta, desenrolanse ao Aire Libre por mor da Pandemia, afectando tamén a duración do Campionato, que, coma neste caso, se realizou en duas xornadas. Moito correron @s pupil@s de Calvarpoñendo en práctica eses sufridos adestramentos. A categoría Sub 10 contaba con cinco participantes, no caso das mulleres acadaron a victoria en sendas probas, Emma Collazo nos 500 m.l. e Lena Curras en 1000 m.l., ademáis de liderar o Ranking Galego con esas marcas.



     Os homes desta categoría tiveron o premio no BRONCE de Angel Refojos nos 500 m.l., preto andivo Samuel Corrales cun 4º posto nos 1000 m.l. Brais Garcia rematou no posto 14º nos 500 m.l.



     Nas carreiras alevins participaron outr@s cinco amarel@s. A sección feminina integrada por Noah Pinto 13ª en 500 m.l e Nahia Pintos 13ª en 1000 m.l. No caso dos homes, Miguel Fernández foi 9º nos 1000 m.l., Marcos Rial 16º en 500 m.l.e Gabriel Fazanes 22º na mesma proba.



     Coa categoría Sub 14 aumentaron as probas, coa inclusión dos 2000 m.l. De feito, na carreira feminina venceu Sabela Castelo cunha importante marca que a fai liderar o Ranking Galego. Tamén Hugo Collazo participou nos 2000 m.l. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO. Continuou a xornada co BRONCE de Hugo Domínguez nos 1000 m.l. e a participación de Diego Garcia nos 500 m.l. onde rematou no posto 21º. 



 

PREVIA DO CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO

 Este vindeiro domingo 28 de marzo de 2021 as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 MEDIO FONDO E FONDO. Coma continuación do celebrado na Pista Cuberta @s atletas disputaran unha única proba. Achegamos o HORARIO das probas, máis o listado de atletas admitidos.


SUB 10 

  • ANGEL REFOJOS, 500 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 500 m.l.
  • SAMUEL CORRALES, 1000 m.l.
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l.
  • LENA CURRAS, 1000 m.l.

SUB 12

  • GABRIEL FAZANES,  500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 500 m.l.
  • MIGUEL FERNANDEZ, 1000 m.l.
  • NOAH PINTO, 500 m.l.
  • NAHIA PINTOS, 1000 m.l.

SUB 14

  • DIEGO GARCIA, 500 m.l.
  • UNAI FERRAL, 500 m.l.
  • HUGO DOMINGUEZ, 1000 m.l.
  • HUGO COLLAZO, 2000 m.l.
  • ANA CORDEIRO, 500 m.l.
  • SABELA CASTELO, 2000 m.l.


 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Oviedo, 20 de marzo de 2021

 

     Gema Dacosta desplazouse a capital asturiana para disputar o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. Participou na final do concurso de lanzamento de peso. Partía coa mellor marca galega da tempada (11,75 m) e agora tocaba medirse co resto de lanzadoras a nivel nacional. Estivo acompañada da sua adestradora Raquel Villa, quen seguiu de cerca a sua evolución na final, onde mellorou a sua marca lanzando ata 11,80 m. e acadando un magnifico 6º posto. Fabuloso peche para esta tempada de Pista Cuberta para esta atleta.