NOVOS RECORDS PARA PABLO CASTRO E MAR CHILLÓN!!!

ATLETAS DO VILA DE CANGAS COA SELECCIÓN GALEGA CADETE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

O sábado 11 de Xuño, celebrouse en Valladolid o Campionato de España por autonomías. Estaban convocados cinco atletas do noso club pero Raquel Villa, actual campiona de España en lanzamento de peso en pista cuberta e campiona galega o aire libre, non pudo asistir por baixa por enfermidade.

Temos que felicitar novamente a Mar Chillón e a Pablo Castro que voltaron a batir os récodrs galegos que eles mesmos fixeran no Campionato Galego Cadete. Ambos quedaron segundos, Pablo lanzou o peso a 16.15 m. e Mar parou o crono en 14:50.34 min.

Antía Román lanzou a xavalina ata 33.53 m. Sara Villar clasificouse para a final dos 100 m valados, na que rematou 10ª cunha marca de 16.96 min.

A selección Galega quedou 5ª coa mulleres e 6ª cos homes. Noraboa a todos!!!

CAMPIONATO GALEGO CATEGORÍA CADETE

Ferrol, 28 Maio 2011
Esta foi unha magnífica xornada, na que os nosos atletas conseguiron dez pódiums e dous récords gallegos. Mar Chillón, por terceira vez, conseguiu batir un récord, esta vez na proba de 3 km de marcha cunha marca de 14.54.12 min. Para Pablo Castro xa é a quinta vez que o consegue. Esta vez lanzou o peso de 4kg ata 15,61m.

As 7:45 xuntámonos todos para coller o minibús que nos ía levar ata Ferrol. A competición empezou de maneira excelente, con Mar Chillón entrando a primeira, levando unha pouca ventaxa sobre a suas compañeiras, e batindo un récord. Mentras Mar marchaba, Pablo Castro competía en martelo e obtivo unha nova marca persoal que o levou a conseguir a medalla de prata.

Mentres todo isto ía pasando oeuse por tódala pista “Os da ambulancia que se achegen a zona da pertega”. Todos os do club voltamos a vista para alí, desenxando que non fora pola nosa atleta, Noelia Cousiño, que se ía a estrenar nesa modalidade, e que estaba quentando con moitas ganas. O final, torcera un pé, polo que non poido competir. Agora desexámoslle que ese pé, que ten renegrido por tódolos lados, se cure moi rápido para que poda voltar á competición

O resto da xornada foi transcurrindo con máis ou menos éxitos recoñecidos (medallas), con máis ou menos nervios, pero tódolos atletas loitaban por mellorar a marca persoal que os levara ata o pódium ou ata a previa do campionato de España por clubes

Así como Patricia Abal terminou de correr a final dos 600 m.l., recollemos todo, xa que había moita presa por voltar a casa, pero non para contar como nos fora, senón polo partido que se estaba xogando. No bus, uns con máis nervios que outros, viñamos cantando os goles do Barça. Chegamos a tempo de mirar os últimos minutos, o que supuso un bo remate para este día tan exitoso

Os pódiums foron
– Pablo Castro ouro no lanzamento de peso, prata no de martelo e bronce no de disco
– Antía Román Ouro no lanzamento de xavalina e bronce no de peso
– Raquel Villa ouro no lanzamento de peso e bronce no de martelo
– Mar Chillón ouro nos 3 km de marcha
– Alexia Vidal bronce no salto de altura
– Sara Villar bronce nos 100 m valados

Outros resultados foron:
– Alexia Vidal 4ª en lonxitude
– Ana Antepazo 12ª en 1000 m.l.
– Ana Bermúdez 8ª en 1500 m obstáculos
– Carla Bernárdez 4ª en peso e disco e 7ª en martelo
– Eva Otero 15ª nos 300 m.l. e 20ª nos 600 m.l.
– Johana Villar 5ª en martelo e 9ª en peso
– Julia Alonso 14ª nos 100 m.l. e 21ª en 600 m.l.
– Patricia Abal 7ª nos 600 m.l
– Talía García 4ª en xavalina, 5ª en peso e 6ª en disco

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA O AIRE LIBRE CATEGORÍA INFANTIL

Sabado 21 Maio, pistas de Monterrei, Ourense

Este galego foi pola tarde en Ourense. Tivemos que coller o autobús un pouco cedo por ter que pasar a recoller os rapaces do San Narciso e os do club de Cuntis en Pontevedra.

A tarde calurosa e cambios do horario fixeron que os rapaces estiveran un pouco máis nerviosos do normal. Neste campionato competíase de forma individual ou nas probas combinadas, polo que a pista estaba máis concurrida do normal.

10 medallas foron as que conseguiron os atletas do Vila de Cangas. Oscar Broullón volveu con tres medallas, dúas de ouro (lanzamentos de peso e martelo) e unha de prata en lanzamento de disco. Raúl Dacosta conseguiu dúas medallas, prata en 80 m.l e bronce en lonxitude. Noa Rouco voltou con dous bronces conseguidos en 80 m.l. e 500 m.l.

Outros medallistas foron: Paula Martínez, ouro en 80 m. valados, Anxo Rodas, prata en lanzamento de peso e Patricia Torres, bronce en lanzamento de peso.

Outros resultados:
4º Anxo Rodas – Xavalina
5ª Noa Rouco – Lonxitude
5ª Noa García – 3 km Marcha
5º Raúl Dacosta – Triple
7ª Paula Martinez – Altura
8ª Melani Conde – 1000 m.l.
8ª Paula Martinez – Lonxitude
10ª Noelia Graña – Triple
12ª Noelia Graña – 150 m.l.
Nulos – Noa García – Pértiga

II CRITERIUM DE MARCHA – MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

Martes 17 de Maio 2011 (Día das letras Galegas), Cuntis.

Esta foi unha tarde moi emocionante. Podemos dicir que en xeral tódolos nosos marchadores fixéronno moi ben, e isto foi recompensado cun posto no pódium ou mellorando a marca

As primeiras en competir foron as benxamíns cun percorrido de 1 km, Valeria Fernández foi a primeira en entrar na meta obtendo un bo rexistro. Uns metros máis atrás viña Valeria Rodríguez loitando pola segunda posición, pero rematou terceira.

Nos 2 km, Andrés Obenza obtivo a terceira praza do pódium tras facer unha boa carreira, na que demostrou que sabe facelo moi ben.

Os 3 km foi unha das carreiras máis numerosas, competiron as rapazas cadetes e todos os infantiles. Este foi o turno de Mar Chillón, demostrou que por algo é a subcampiona de España. Foi destacada en toda a carreira e non tivo problemas para ser a gañadora. Noa García tamén marchou nesta carreira e aínda que non tivo un posto no pódium, conseguiu mellorar moito a súa marca.

Na última carreira saíron xuntos os 5 e os 10 km. A primeira en chegar foi Iria Piedras, xa que tiña que percorrer 5 km, rematou conseguindo o segundo posto no pódium. O primeiro en rematar os 10 km dos nosos atletas foi Angel Menduiña, sendo o terceiro da súa categoría. E antes de que pasaran tres minutos, entraba Rebeca Obenza, quen loitaba para conseguir a marca que lle permitira ir o campeonato de España. Non pudo ser nesta ocasión pero foi a segunda das promesas

Dende logo non se pode negar que fose unha magnífica xornada, foron 8 atletas e voltaron con 2 Ouros, 2 pratas, 3 bronces e 1 boa marca.

Resultados :
1 km: Valeria Fernandez – Ouro – 6:12 m.
Valeria Rodriguez – Bronce – 6.45 m.
2km: Andrés Obenza – Bronce – 12:59 m.
3 km: Mar Chillón – Ouro – 15:18 m.
Noa Gracía –4ª – 17:39 m.
5 km: Iria Piedras – Prata – 30.36 m.
10 Km: Angel Menduiña – Bronce – 54:50 m.
Rebeca Obenza – Prata– 57:24 m.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS ALEVÍN-INFANTIL e control de cadetes

Sabado 14 Maio 2011

Unha nova xornada de atletismo, levounos ata a pista de atletismo da cidade de Pontevedra. Nesta ocasión as categorías convocadas foron os alevíns e infantiles, na modalidade de probas combinadas.
Os alevíns participaron en triatlón coas probas de 60 m.l., lanzamento de peso 2 kg e salto de lonxitude; os infantiles en tetratlón coas probas de 80 m.l, 80 m. valados, salto de lonxitude e lanzamento de peso 3 Kg.

Esta vez non choveu, tal vez para resarcirnos do que pasara na última vez que competiramos nesa pista, pero de vez en cando soplaba un “ventiño…” que facía voar a area dos fosos e todo o que nas pistas había. Tal vez esa foi a inspiración que tivo Noa Rouco, que nun salto foise voando ata os 4.44 m.

As cadetes Julia Alonso, Eva Otero, Ana antepazo e Ana Bermudez, puderon obter marcas en catro carreiras: 100 m.l.,300 m.l., 600 m.l. e 1000 m.l.

Os resultados finais acadados polos nosos atletas fixeron que tres infantiles e un alevín subirán o pódium. Obtiveron medalla de prata Noa Rouco Baqueiro (Infantil) e Raúl Dacosta Santomé (Infantil) e medalla de bronce Paula Martinez Fernandez (Infantil) e Adrián Outeiral Vila (Alevín)

Otros resultados foron:
6º Gabriel Fernández González
7ª Saray Amoedo Portabales
8º David Lorenzo Germade
8ª Noa García Prieto
10ª Noelia Graña Casás
13º Daniel Armada González
14º Daniel Calvar Parada
14ª Lucía Piedras Gómez

PROVINCIAL CATEGORÍA INFANTIL E CONTROL CADETE

Pontevedra, Sábado 7 Maio, xornada de mañá.
O día caracterizouse polo mal tempo. A chuvia anegou as pistas e ata houbo que parar a competición xa que choveu intensamente, o que fixo necesario que se “barrera” as pistas ou os círculos de lanzamentos para poder competir con certa normalidade.

Outro fenómeno atmosférico que perxudicou a competición, foron as rachas de vento. Pero a pesar de todo, os pódiums acadados polos nosos atletas foron 19, dos cales 10 foron de ouro, 6 de prata e 3 de bronce

Catro atletas obtiveron un triplete ao subir o pódium en tódalas probas nas que participaron, Oscar Broullón obtivo tres ouros (peso-disco-martelo), Raúl Dacosta 2 ouros (lonxitude e triple) e prata en 80 m.l., Noa Rouco 1 ouro(80 m.l.)e 2 pratas (lonxitude e 500 m.l.) e Anxo Rodas 1 ouro(Xavalina), 1 prata (peso) e 1 bronce (80 m.l.)

Os outros pódiums foron:
-OURO: Paula Martinez (80 m. valados), Patricia Torres obtivo dous (peso e disco)
-PRATA: Melani Conde en 1000 m.l. e Noelia Graña en triple
-BRONCE: Noelia Graña en 150 m.l. e Noa García en 3 km marcha

Os cadetes poderon participar en algunhas probas como os saltos de pértega, lonxitude e triplo; os lanzamentos de disco e martelo e as carreiras de 3000 m lisos e de marcha, pero non puderon pasar a mellora nos concursos por falta de tempo

Resultados provincial pista aire libre 2011

VIII Trofeo Vila de Cangas de Pista

Cangas, 30 de abril de 2011.

Certamente, o tempo respetounos onte. As ameazas de abundantes chuvias non se cumpliron e aínda que a primeira hora o día estaba nublado, o longo da mañá mesmo houbo que quitar a chaqueta.

A participación foi numerosa, quizais non tanto nas categorías maiores , onde moitos se estaban reservando para a competición de liga que se celebra hoxe, como nas categorías menores. De todas as probas programadas, foi a de 500 metros lisos a que tivo máis participación. Entre as mulleres non houbo sorpresas: a campiona foi Iria Rodríguez do Porriño. Entre os homes, houbo reclamacións.

O que máis satisfacións deu os nosos atletas foron os lanzamentos. Antía Román, que xa tiña marca para o campionato de España, mellorou a súa marca persoal, chegando a lanzar coa súa xavelina 35’13 metros. Raquel. O mesmo hai que dicir de Pablo Castro na modalidade de disco, cun lanzamento de 44’99 metros. En canto a Raquel Villa, xa tiña marca en peso para o campionato de España, pero pesou que ir só para facer unha proba non valía a pena, así que onte fixo marca tamén en disco.

Resultados VIII Trofeo Vila Cangas Pista

Atletas do Vila de Cangas no Campionato de España de Cross e no Campionato de España Universitario

Este fin de semana celebrouse en La Morgal (Asturias) o campeonato de España cadete-xuvenil e universitario de campo a través.

En primeiro lugar falemos do campeonato cadete-xuvenil. O certo é que era a primeira vez que tiña a oportunidade de ir coa selección galega, polo menos no que a esta modalidade atlética se refire, e non defraudou.

Despois de ter que ir o día anterior a recoller a equipación ás respectivas delegacións, o venres 25 ás 14h saía un bus de Vigo, e apartir de aí iriamos atravesando algunhas partes de Galicia para coller aos atletas restantes. A viaxe fíxose longa a pesar de ser só ata Asturias, pero aínda así foi unha grata experiencia. O sábado pola mañá fomos ata o circuíto, onde cos nosos chándales percorrimos as voltas que teríamos que correr ao día seguinte a trote a modo de quencemento. Xa pola tarde, desprazámonos ata Gijón a escoitar unha charla na que estaban presentes algunhas persoas importantes a nivel nacional do atletismo. Pouco tempo tivemos para visitar a cidade de Oviedo. Xa pola noitiña fixéronnos entrega dos dorsais e chips e a min, que me coincidía co meu cumpleanos, tiven a sorte de que mentras ceábamos me cantaran todos a coro, entre outras cousas, unha gran maneira de celebralo.
Por fin chegou o gran día, o domingo, tivémonos que erguer moi cedo, e o cambio de hora notouse máis do normal se cabe. Os nervios estaban a flor de pel, tanto que algunhas chegaron a chorar un pouquiño na cámara de chamadas. As cadetes tivemos que desenvolver unha distancia de 4000m, onde quedamos cun 11º posto por equipos que o certo é que nos supo a pouco, aínda que pola miña parte por individual quedei contenta cun 55 posto individual e 2ª galega. Os cadetes homes conseguiron o mellor posto (5ºs), os xuvenís 7ºs e as xuvenís mulleres 11ªs coma nós.

En segundo lugar, desenvolveuse o campeonato de España universitario, onde competiu a atleta do noso clube Andrea García. Participaba pola universidade de Vigo, xunto con Solange Pereira e Sandra Mosquera, e conseguiu un satisfactorio 15º posto que xunto as súas dúas compañeiras levounas a acadar o 1º posto por equipos nacional.
Mar Chillón

2º ZONAL DE PISTA INFANTIL INDIVIDUAL ESCOLAR

Pontevedra, 26 Marzo 2011

 Nesta ocasión non houbo probas combinadas para os alevíns, pero si permitiron participar aos cadetes en algunhas probas como en 3 km marcha, pértega, martelo e 100 m.l.. Mar Chillón non participou xa que estaba coa selección galega no Campionato de España de cross. Quenes si o fixeron foron Raquel Villa (2ª) en martelo e Julia Alonso (8ª) en 100 m.l.

Compartimos o autobús con dous clubs máis, o Morrazo e o colexio San Narciso. Houbo un momento na mañá, en que se puso a chover con tanta intensidade que se parou  a competición ata que amainou o suficiente. Fora diso a mañá transcurreu con tranquilidade e sen ter que usar o paraguas

Os rapaces fixeron a mayoría tres probas, o que lles fixo andar dun lado para o outro. Os de lanzamentos tiñan que ir de unha punta da pista a outra, para que logo digan que son os que menos se moven! Os que compiten en algún concurso de salto ou lanzamento esperan por él e outros atletas,  mentras fan alguna  carreira. Tal vez os que  máis nervios pasan son os que fan carreiras longas ou marcha que lles leva máis tempo, mentras os seus rivais poden quentar ou competir tranquilamente.

As probas máis concurridas foron lonxitude e os lanzamentos de xavalina e martelo. As que menos rapaces foron son 1000 m obstáculos homes (1), 3000 m.l. mulleres (1) , 220m. valados homes (1), pertega mulleres (2), e as carreiras de vallas de  80 m. e 220 m cada unha con tres participantes.

Oscar Broullón volveu a liderar as probas nas que participou, martelo, peso e disco. Pero sen dúbida a mellor marca foi a de peso, 13.26 m. Tal vez consiga, no que resta da tempada, subir o listón do record galego que leva sen moverse dende o ano 92 e está en 13.78 m. ou sexa 52 cm máis. Vamos Oscar, ti podes!!  

Resultados:

Lucía Piedras: Lonxitude 6ª – 80 m.v. 3ª – Triple 6ª

Melani Conde: Lonxitude 9ª –  1000 m.l 3ª – 150 m.l. 4ª

Noa García: marcha 5ª – Pértega 2ª – Peso 1ª

Noelia Graña: 150 m.l. 2ª – Triple 4ª – 80 m.l. 1ª

Paula Martinez: Altura 3ª – Lonxitude 1ª – 80 m.v. 1ª

Anxo Rodas: Peso 2º – Xavalina 3º  – 80 m.l. 2º

Eloy Guimeráns: 1000 m.l. 6º – Lonxitude 4º – 150 m.l. 2º

Eloy Rodal: 150 m.l. 8º – 500 m.l. 10º –

Ivan Boubeta: Lonxitude 5º – 3º Triple –80 m.l.  9º

Martín Perez: 7º Martelo – Peso 3º

Oscar Broullón: 1º en Peso, Disco e Martelo

Samuel Alonso: Peso 6º – Lonxitude 12º – Xavalina 10º

Resultados 2º xornada infantil pista A marz 2011