Coruña sábado 31 Abril 2012
E para rematar a tempada de pista cuberta, este sábado foi o Campionato Galego para as categorías menores, e decir Bemxamín, Alevín e Infantil. Houbo moita participación polo que en algunhas probas houbo que facer moitas series
Comenzamos a mañá sumando a primeira das medallas que se conseguiría ao longo do día, e foi na proba de lanzamento de peso. Das 14 que se gañaron, 6 foron nesta disciplina. Noa García (infantil)foi a primeira en conseguila, a súa era de bronce como a que levou Valeria Rodriguez (alevín). De prata foron as obtidas polos alevíns Raúl Barreiro e Nuria Villa. De ouro foron as de Samuel Alonso (infantil) e Lope Quinteiro (benxamín)
Temos que decir que nesta proba cometeuse un erro por parte da secretaría que tivo como consecuencia que Valeria Rodríguez , a que non se lle escribiu ben a súa marca, fose 3ª en vez de 2ª.
En Lonxitude conseguiron medallas de bronce os benxamíns Adrián Pastoriza e Ana Piñeiro. Dos alevíns Ariadna Gil foi a que mellor quedou, sendo 4ª por unha diferencia de 4 cm. Antón Iglesias foi o mellor dos homes sendo 7º. Nos infantiles Adrián Outeiral foi 5º e Martina Paramós foi 10ª
En 50 m.l. so se clasificou para a final Sandra Souto (alevín)na que obtivo o 4º posto. Os outros atletas que participaron nesta proba era benxamíns, as rapazas , Eva Maquieira e Alba Pardavila ,foron primeiras da súas series pero non foi suficiente para clasificarse para a final. O mesmo lles pasou a Adrián Pastoriza e Pedro Verdeal foron 2º nas súas series.
En altura obtivo a medalla de prata o alevín Aarón Fandiño. Naiara Villar, a única rapaza do club que fixo altura, tivo a mala sorte de facer todos nulos. Lois Rodas (benxamín) foi 4º. Unha combinación de mala sorte e lesións, fixeron que David Lorenzo (infantil) non brillara nesta proba e acabara no posto 10º
50 m. vallas é unha proba na que non poden participar os alevíns e benxamíns. Nela participaron Andrés Obenza que foi 5 º na súa serie e Dani Armada que a pesar de ser 4º na serie clasificouse para a final na que quedou 6ª. Martina Paramós foi a 2ª da súa serie pero gañou a final proclamándose Campiona galega
En 500m.l. dous atletas conseguiron medalla. O benxamín Lope Quinteiro foi o 1º da súa serie e por tempos foi 3º, logrando así dúas medalla neste galego, inda que un rapaz que fora terceiro na súa serie subiu o pódium pensando que lle pertencía a medalla de Lope. Ana Piñeiro foi a 3ª da súa serie.
Os alevíns en pasar primeiro pola liña de meta foron Carlos Perez 2º da serie e Ariadna Gil que tamén foi 2ª pero por tempos quedou 3ª ,logrando a medalla de bronce. So participaron 2 infantiles nesta proba, Adrián Outeiral que foi 5º e Paula Santos 10ª.
En 1000 m.l tamén se obtivo medalla, neste caso é de bronce , e o atleta que a gañou foi Gabriel Dacosta . Os infantiles Jorge Piñeiro e Ana Fandiño foron 7º e 14ª respectivamente. E os alevíns Aarón Dominguez foi o 4º da súa serie e Naiara Currás 5ª
Na proba dos 2000 m.l so participaron os infantiles David Lorenzo que foi 9º e Alba Vidal que tras unha dura loita durante toda a carreira foi 4ª
Noa García obtiña a segunda medalla, neste caso de prata no salto con pértega o saltar 2.12 m. mellorandoa marca que tiña anteriormente
Resultados
MEDALLA DE OURO:
Lope Quinetiro———Peso – Martina Paramós——50 m.vallas – Samuel Alonso —–Peso
MEDALLA PRATA:
Aarón Fandiño—-Altura – Ana Piñeiro ……..Lonxitude – Noa García —–Pértega – Nuria Villa———Peso – Raúl Barreiro——-Peso
MEDALLA BRONCE:
Adrián Pastoriza—– Lonxitude – Ariadna Gil————500 m.l. – Gabriel Dacosta—–1000 m.l. – Lope Quinteiro———500 m.l. – Noa García ——Peso – Valeria Rodriguez…..Peso

PROBAS POR CATEGORÍAS Seguir leyendo →
Debe estar conectado para enviar un comentario.