Domingo 25 marzo 2012
Nesta ocasión participamos con 13 atletas e conseguíronse 10 pódiums. De infantil para abaixo participaran o día anterior nun zonal, polo que non se esperaban grandes marcas, pero a pesar de todo brillaron, todos, unha vez máis.
1 km – Benxamín: Ana Piñeiro e Teo iglesias foron os campións desta distancia. Ainoa Santos foi a segunda benxamín en cruzar a meta. Lois Rodas estrenouse nesta carreira, foi descalificado pero fíxoo moi ben para so levar tres días na marcha. Cun pouquiño máis de entreno será imparable.
2km – Alevín: Valeria Fernández volveu a ser a campiona nesta distancia. Acompañouna no pódium Valeria Rodríguez , no tercer posto. Suso Guimeráns tamén acadou esa mesma posición.
3 km – Infantil – cadete: Nesta distancia tamén participaban tres atletas do noso club. A primeira en cruzar a meta foi Noa García que subiu o pódium no tercer posto. Andrés Obenza foi o quinto infantil en chegar. Esmeralda Corredoira a única cadete que competía do noso club, entrou no octavo posto.
10 km Xuvenil, xunior, promesa e veteráns. O primeiro do club que cruzou a meta foi Ángel Menduiña, sendo o segundo xunior . Pasados catro minutos chegaba Mar Chillón, a primeira de todas as mulleres e a primeira xuvenil. Rebeca Obenza foi a primeira promesa.