As pistas de Verín, en Cangas, acolleron o XIV TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA. A maña asomaba calurosa e pola mediodia era recomendable agacharse do sol. O concurso de lonxitude, martelo e peso ademáis das probas de valados daban inicio ao Trofeo. Salientar no martelo os dous novos RECORDS GALEGOS, o atleta celtista SUB 16 Eric Méndezlanzou o aparello ata os 66.23, batendo a súa propia marca. Irene Gómez, seguindo unha magnifica racha, voltou mellorar a marca galega. Acadou, desta vez, un lanzamento de 60.02. Practicamente o vento foi nulo e axudou a validar as marcas acadadas na lonxitude e nos valados.
Nas categorías menores tiñan oportunidade de participar na proba de 500 m.l. Moi bo nivel nas carreiras, con boas marcas en xeral. A piques estivo Sabela Castelo, na carreira de SUB 10, de mellorar a marca galega. Cun tempo de 1:32.31 quedou a un segundo da mesma.
Lope Quinteiro liderou a proba de 600 m.l. e cun tempo final de 1:25.76 situase 7º no Ranking Nacional SUB 16 da distancia, ademáis de acadar a marca mínima para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA.
Daniel Armada gañou en 100 e 200 m.l. As marcas achegano ao CAMPIONATO DE ESPAÑA, sobre todo en 200 m.l. que lle faltaron 8 centésimas. Pero si lle valeron para proclamarse vencedor masculino no Trofeo. Na categoría feminina resultou gañadora Lidia Parada, cun lanzamento de xavelina de 50.59 mts. A atleta do Barbanza está actualmente coma segunda no Ranking Nacional da xavelina.
Agardamos que esta edición sexa a última para o tartán do Estadio Municipal de Atletismo. Non son dignas condicións para adestrar e tampouco para acoller unha competición. Agradecer a tod@s participantes e colaboradores do Trofeo. Para o ano máis e mellor.