Mentras agardamos polo 40 de maio, esta pasada fin de semana non se deixou ver o azul do ceo. De feito, @s amarel@s recorreron a xeografia galega na súa procura, sen resultados. O sábado 28 de maio tivo lugar en A Coruña a 30ª edición dun Premio que centrou a atención da Marcha Atlética nesta cidade, o GRAN PREMIO CANTONES- MEMORIAL JOSEFINA ROMERO.

Nesta proba en Ruta @s atlet@s das categorías superiores xogabanse a sua participación nos Xogos Olimpicos de Rio, pero antes diputabanse as carreiras do Trofeo Josefina Romero. Na proba de 1Km Marcha da categoría benxamín feminino, Lara Iglesias foi 1ª con 4.52 e Gema Dacosta 2ª con 5.39. O tempo acadado por Lara mellora o Record Galego desta distancia. Na seguinte categoría Denis Fernández voltou a pulverizar o Record Galego, neste caso nos 2kms. deixando o mellor rexistro galego en 9.43. Carlos Corredoira foi 12º na mesma proba.

Na proba cadete feminina, sobre un percorrido de 3kms, Valeria Fernández rematou 4ª. Esmeralda Corredoira rematou 1ª da categoría Junior, nos 5 kms do circuito.

