A Pobra do Caramiñal, 4 de marzo de 2023
Pechábase o circulo do Campo a Través do programa XOGADE co CAMPIONATO GALEGO que tivo lugar na contorna da Praia de Cabio. Ata a localidade coruñesa achegáronse dous equipos de amarel@s da categoría ALEVIN e dous atletas que de maneira individual correrían na categoría INFANTIL e CADETE.
O percorrido, con varias zonas de area, foi facenllo mella n@s participantes ata definir os postos de entrada en meta. A carreira feminina ALEVIN proclamou CAMPIOA GALEGA a Lena Curras, seguida por Emma Collazo 10ª, Alba Álvarez, 44ª, Nora Parcero , 49ª, Vera Boubeta, 56ª e Carla Salgado ,58ª. Os 104 puntos sumados polo equipo deronlle o SUBCAMPIONATO GALEGO.
Os homes da mesma categoria non quiseron ser menos e tamén acadaron o SUBCAMPIONATO por equipos coa suma dos puntos aportados por Ángel Refojos, 4º, Daniel Cordeiro, 9º, Brais Garcia, 45º, Anxo Currás, 58º, e Alejandro Fernández,74º. Nas participacions individuais Miguel Fernández rematou 23º na carreira de INFANTIL e Hugo Collazo entrou no posto 20º na proba CADETE. Parabens pola fabulosa actuación que poñen en valor o traballo de atletas e adestradores.