CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 22 de maio de 2022

   As pistas do CGTD de Pontevedra tiñan unha cita importante coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. Un nutrido grupo de amare@s competiron, cada cual coa sua meta e Ramilo coa de tod@s. Da sección masculina destacar o Subcampionato Galego que acadou Diego Martínez no lanzamento de disco. Ibrahim Aga non pasou das semifinais nas carreiras de 100 m.l. e 200 m.l. Carlos Corredoira foi 10º na proba de 400 m.l. Carlos López rematou 5º nos 400 m.v. e Yago Juncal foi 8º no conturso de triple salto.



    Na sección feminina Agata Rodríguez acadou outra medalla de prata na final dos 100 m.v., sendo 5ª na proba dos 400 m.v. Uxía Sánchez finalizou 7ª nos 400 m.l., Cristina Taboada 11ª nos 800 m.l. Noa Piñeiro non pasou da semifinal de 100 m.v. e rematou 12ª nos 400 m.v. Carmen Fraga foi 8ª na final do concurso de lonxitude.



     Para dar clausura a competición Uxia, Cristina, Agata e Carmen ainda tiveron folgos para facer unha remuda de 4X100 m., na que remataron en 6ª posición.



Deja una respuesta