CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 12 de febreiro de 2022

 

     Entramos de cheo en tempada de Pista Cuberta, no caso de Galicia falar de Indoor e falar de Expourense. O grupo de Ramilo tería que amosar a súa valía no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTAA competición foi inaugurada por Diego Martínez no concurso de salto de altura, onde rematou 9º cun mellor salto de 1,76 m. O seguinte concurso con presenza amarela sería o triplo feminino, alí Ariadna Gil acadou o BRONCE da categoria absoluta e Campioa Galega na súa categoria Sub 23. Xa estamos preto do Campionato de España Sub 23 e foi o derradeiro test. Marta Camaño e Lucia Gil puseron a nota de xuventude nos 60 m.l. a primeira progresou a final B con 8,31 e a sua compañeira rematou na semifinal cun tempo 8,61. Marta non mellorou a marca na final B, pero loitou coas más rápidas. 

      Uxia Sánchez corría os 400 m.l. sen acadar o pase a final, de seguro que a lectura da seguinte carreira será máis positiva. Agata Rodríguez, nos 60 m.v., accedeu a final cun tempo notable e que melloraría na final, rematando a mesma en 9,90.

     Juan Piñeiro reencontrouse coa competición, nun concurso de lonxitude onde foi de menos a máis. Finalmente foi BRONCE da categoría Sub 23, a piques tamén na absoluta onde rematou 4º.



Deja una respuesta