CAMPIONATO GALEGO CROSS SUB 16

Pontevedra, 7 de novembro 2021

       A contorna da Illa das Esculturas en Pontevedra acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS. Segundo a categoría terían diferentes percorridos, neste caso nos tivemos presenza na categoria cadete. Foi unha magoa que non se disputará o MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO, onde tiñamos preparada a nosa armada amarela. 

     Raul Rial tivo o seu particular reencontro co campo a través, nunha proba onde estaba o mellor do panorama galego. Recorreu os tres kilómetros do circuito en 10:07, acadando o posto 41º.



    Nerea Malvido acadou o posto 31º na proba feminina, sobre un percorrido de 2,5 kms que rematou en 10:02. O campo a través chegou para quedarse, polo menos un par de meses.



 

Deja una respuesta