Voltou a Pista Cuberta ao calendario oficial das competicions. A instalación de Expourense acolleu as probas das categorías Sub 10 e Sub 12 en xornada de mañá e pola tarde participou a Sub 14. Este sábado disputaronse as probas propias deste Campionato agas as de fondo, que teran que agardar ao vindeiro sábado 26 en Pontevedra, alí se celebraran ao aire libre. En canto ao papel d@s amarel@s comezamos pola categoria Sub 10, na que tivemos representación no concurso de lonxitude, rematando Samuel Corrales 4º e Gabriel Fazanes 8º na final. Amaro Bastón acadou o 4º posto na final do peso, realizou un concurso de menos a máis e quedou a centimetros do podio. Nas mulleres, Leire Fuentes foi 5ª no peso e Emma Collazo 8ª no global dos 50 m.l. A categoria Sub 12 completaba a xornada coa lanzadora Noa Quinteiro acadando o Subcampionato Galego en peso, cun lanzamento de 9,03. Estela Raña rematou 6ª na final de lonxitude. Unai Ferrale Hugo Collazo foron a representación masculina nos 60 m.l. finalizando nos postos 12º e 15º, respectivamente.
A xornada de tarde reservouse para @s Sub 14. Dentro da sección feminina participaron sete atletas e deixaron a sua impronta nos concursos, tal foi así que no peso Gema Dacostaproclamouse Campioa e Claudia Carcer Subcampioa.
Na final de pértega Helena Bello foi 1ª e Iris Malvido 5ª. O concurso de triple salto tamén contou co Subcampionato Galego acadado por Lucia Gile o 6º posto de Claudia Carcer. Na proba de 60 m.v. Gema Dacosta rematou 4ª e Marta Rua18ª.
Goretti Carballal acadou o 8º posto na final de altura, o mesmo lugar que fixo Helena Bello na final de lonxitude. Hugo Domínguezpuso o acento masculino da tarde, competiu nos 60 m.l. e finalizou no posto 30º.
O vindeiro sábado 26 de decembro daremos un digno remate a este Campionato, coas probas de fondo, ata enton desexarvos BOAS FESTAS e moito sentidiño.