A segunda entrega do CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12-14, coas probas restantes de 500, 1000 e 2000 metros tivo lugar ao aire libre. As pistas do CGTD de Pontevedra recibiron aos atletas cun día frio e seco, aportando vistosidade as probas de fondo. En xornada de maña disputaronse os 500 m.l. nas tres categorias. Os atletas Sub 10 masculinos estrearon a xornada, a piques estivo Gabriel Fazanes de acadar podio, rematou 4º a centesimas do bronce. Samuel Corrales acadou o posto 12º no global das series. As feminas desta categoría estiveron encabezadas por Emma Collazo, que se proclamou Campioa Galega. Desta vez foron as milesimas as que lle outorgaron o ouro. Aitana Broullon remaotu 9ª e Leire Fuentes 20ª.
A categoria Sub 12 estivo representada por Iker Rial, que foi 17º e Ana Cordeiro, que rematou 6ª. A maña remataba coa categoria Sub 14, onde Diego Garcia finalizou 22º na proba masculina. Os 500 m.l. femininos contaron con Lucia Gil, 9ª e Goretti Carballal, 20ª.
Na xornada de tarde chegaban as probas de 1000 e 2000 m.l. Na categoría Sub 10 Nahia Pintosacadaba a medalla de BRONCE na carreira dos 1000 m.l.
A seguinte categoría, Sub 12, achegou os mellores reusltados da tarde. Hugo Collazo proclamouse Campión Galego nos 1000 m.l. e o seu compañeiro Miguel Fernández rematou 13º. Na proba feminina Sabela Castelo rachou o crono e impuso unha nova marca autonómica, con 3.08.34.
Pecharon o Campionato os Sub 14, onde Brais Pintos foi 10º nos 1000 m.l. Iris Malvidorematou 6ª na mesma distancia feminina acompañada de Sara Nergaque rematou 19ª. A proba dos 2000 m.l. contou coa presenza de Hugo Domínguez, 5º, e Nerea Malvido, 12ª.