A Guarda 22 de febreiro de 2014
Para disputar o Campionato Provincial de Cross Escolar desprazamonos ata o Camping de Santa Tecla en Salcidos-A Guarda. Ollando as fotos do circuito, cheo de auga , de fai duas semanas e a suspensión do pasado sabado 15 de febreiro, sorprende a capacidade de drenaxe do terreo nesta marxe do rio Miño. Ali nos atopamos cun percorrido en moi boas condicións, calquera diria que por alí pasou o longo e chuvioso inverno. Pois iso, bo terreno e bo día tamen nunha contorna espectacular, a desembocadura do Miño. Xa no plano deportivo o Vila presentouse no Provincial con sete equipos clasificados, o rematar a mañan os sete obtiveron podio. De maneira individual Denis Fernández foi Campión Provincial na Categoria Benxamín. De feito o Equipo Benxamín de Homes acadou o Campionato Provincial. Na categoria alevín os homes foron subcampions e as mulleres terceiras. Os infantís obtiveron o Subcampionato en ambalas categorias, asi coma os cadetes que repetiron a terceira praza en homes e mulleres. No tocante o próximo Campionato Galego de Cross Xogade engadir que esta previsto se dispute na localidade de A Pobra do Caramiñal o vindeiro 08 de marzo, ali estarán os oito primeiros da clasificación individual e os dous primeiros equipos.
Clasificacións:
BENXAMINS:
Denis Fernández 1º Agata Rodríguez 11ª
Yoel Curro 5º
Abraham Sotelo 11º
Anton Nuñez 19º
Carlos Menduiña 20º
Brais Cortegoso 23º
Yago Juncal 24º
Eloy Dominguez 36º
Carlos Corredoira 49º
Edgar Sevilla 63º
ALEVINS:
Lope Quinteiro 6º Sara Mallo 10ª
Gabriel Dacosta 10º Sabela López 16ª
Eduardo Parcero 18º Ana Piñeiro 18ª
Teo Iglesias 30º Ines Pardavila 28ª
Aaron Ferrari 37º Alba Pardavila 29ª
Martiño Nuñez 38º Anais Santamaría 31ª
Ainoa Santos 32ª
Colomba Carballal 44ª
Lucia Riobo 50ª
INFANTIS:
Anton Iglesias 9º Isaura Framil 5ª
Juan Piñeiro 18º Maria Rguez. 7ª
Luis Pastoriza 22º Ariadna Gil 9ª
Aaron Dmguez 28º Valeria Fdez. 20ª
Carlos Pérez 50º Sandra Souto 29ª
CADETES:
Daniel Calvar 15º Alba Vidal 5ª
Manel Iglesias 18º Paula Santos 14ª
David Lorenzo 19º Saray Amoedo 16ª
Martin Souto 31º Ana Fandiño 17ª
Andrés Obenza