Campionato Galego Xúnior/Xuvenil en Pista Cuberta

A Coruña 08-02-2014

 

O día anterior os cadetes disputabase O Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías Xúnior e Xuvenil.  Para estreala xornada a xuvenil Noelia Graña clasificouse nos 50 m.l. como primeria da sua serie cun tempo de 7:05. Alvaro Lorenzo acadou un cuarto posto na pértega Junior. Na semifinal de 400 m.l. Noa Rouco pasou a final con 1:04 e Ainoa Fernández non logrou o pase con 1.13.  Na final conxunta xuvenil-junior dos 3000 ml. Lucia Piedras, Iria Piedras e Noemi Crespo acadaron o 7º,8º e 9º posto da clasificación.  Na final dos 50 m.l. chegou a medalla de prata de Noelia Graña cun magnifico tempo de 6.98. Suerte dispar na semifinal de 200 m.l. donde Estela Crespo pasou con 27.83 e Ana Antepazo quedou fora da final con 29.90. Oscar Broullon obtivo outra medalla de prata en Peso, na final tamen acadou o cuarto posto Anxo Rodas.

Pablo Castro quedou Campión Galego de peso na categoría Xunior. Na pértiga xuvenil Noelia Cousiño foi 6ª.  Paula Martínez superou a semifinal de 50 m.v. cun tempo de 8.27. Estela Crespo acadou a medalla de prata na final dos 200 m.l.  Nos 400 m.l. foi Noa Rouco a encargada de obter o subcampionato galego na final xuvenil. Patricia Torres proclamouse subcampiona en peso xuvenil acompañada de Carla Bernárdez que foi cuarta. Na final Junior de peso tamen tivemos duas representantes Raquel Villa que foi Campiona Galega e Talia Garcia que rematou cuarta.

A final de 50 metros valados daba por rematado  o Campionato con medalla de bronce para Sara Villar e cuarto posto para Paula Martínez, ambas con 8.42.

 

Deja una respuesta