Friol-Lugo a 26 de xaneiro de 2014
Madrugón a golpe de Domingo, as sete da mañá todos preparados para encamiñarnos cara a Friol, un pequeno pobo non moi lonxe de Lugo, imos camiño do campionato Alejandro Lorenzo, así como o campionato galego de cros corto por clubes.
O frío prima no lugar do percorrido, a choiva non tarda en facer acto de presenza, ainda que de forma suave e sin incordiar demasiado. Dentro do horario previsto comezan as probas, que van transcurrindo a unha velocidade bastante rápida, considerando o mal estado do terreo. Os nosos pequenos teñen que loitar con todas as súas forzas, pois o nivel dende as categorías menores é moi forte e se implantan uns ritmos considerables.
Rematado o Alejandro Lorenzo, donde conseguimos os podios nas categorías benxamín masculino primeiros, infantil feminino segundas, infantil masculinos terceiros, e o resto da clasificación quedou do seguinte xeito: alevíns homes cuartos, alevíns mulleres quintas, non tendo representación feminina na categoría de benxamín feminino.
As cadetes femininas estreáronse no campionato de cros corto quedando na sexta posición. As nosas xuveniles puntuaron para un séptimo posto.
Tamén contamos con representación no equipo de homes absoluto que obtiveron un meritorio 17º posto no Campionato Galego de Cros Corto.
Ao remate de toda unha mañá axetreada o regreso foi cando menos merecido cun sorriso por todos, a festa continuou no autobús. Estes rapaces non se cansan nunca.
(Carmen Soliño)

Asi remataron por categorías:
BENXAMIN:
Denis Blanco 2º
Joel Curro 13º
Carlos Menduiña 29º
Carlos López 32º
Eloy Domínguez 35º
Yago Juncal 39º
Debe estar conectado para enviar un comentario.