CAMPIONATO DE CLUBS EN PISTA O AIRE LIBRE

Sábado 26 Abril, Lugo

E novamente o equipo feminino do Vila volve subir o podio, como xa fixera en pista cuberta, pois quedaron terceiras, demostrando unha vez máis que é un equipo que hai que ter en conta.

A este gran logro hai que sumarlle outro, ¡ POR FIN TEMOS EQUIPO MASCULINO! o que non ocorría dende hai un tempo e estamos moi contentos. Os rapaces do Vila quedaron 8º, detrás dos penúltimos, e xa están traballando en novas estratexias para mellorar, como recordar que a entrega de relevo faise na mesma rúa para que non os descalifiquen.

Dende logo foi un gran día. Comezaron o campionato con dúas probas de mulleres, marcha e martelo e unha de homes, triple. E comezamos cun susto, Mar Chillón lesionouse e inda así foi terceira, Johana foi 4ª.  Pero o equipo mantívose nos primeiros postos toda la mañá. Laura Meira, a nova incorporación do equipo, foi segunda en xavelina como tamén o foi Alexia Vidal en altura o lograr saltar 1.55 m.

María Novo e Aida Amoedo seguen entrenando a pesar de estudiar  moi lonxe de aquí e demostrárono nos 400 m. Os de María foron valados e foi 6ª e os de  Aida lisos e foi 4ª, pola tarde faría os 200 m.l.  e repetiría posto. Noelia Graña fixo uns magníficos 100 m.l. quedando 2ª. Saray Amoedo foi 5ª en triple, sendo a máis pequena de todas, cun salto de 10.82 m.

Nos 1500 m.l. participou a máis veterana do equipo,  Marina Caballero, quen está nunha magnífica forma física como o demostrou o ser 4ª. Iria Piedras foi a encargada de facer os 3000 m. obstáculos,  foi  5ª sen mollarse demasiado na ría.

O equipo dos homes, empezaba a competir co máis pequeno do equipo, Dani Calvar en triple e quedandoi 8º. Ángel Menduiña foi 6º nos 400 m.v. e pola tarde en lonxitude 4º. Juanma Novo participou en 2 probas e rematou en ambas no mesmo posto ,7º, pola mañá en xavelina e pola tarde en 110 m.v. Gerson Martinez foi 7º nos emocionantes  100 m.l.    En pértega Álvaro Lorenzo foi 6º .Pablo Castro en peso conseguiu o mellor posto para o equipo, 3º. Pola tarde lanzou o disco e foi 4º. Os 1500 correunos  Maikel Portela sendo 6º. Pedro Acuña foi 7º nos 400 m.l. Os 3000 obstáculos correunos e saltounos Rodrigo Bermúez sendo 8º e obtendo unha nova marca para el.

O peche da xornada da mañá foi o relevo  dos 4×100 m.l. o equipo femenino composto por Paula-Noelia G-Sara-Alexia foron 3ª e o masculino 4º, no que participaron Cesar-Vicente-Gerson-Yago

A xornada de tarde comezou cos homes, en martelo o máis veterán do equipo, Carlos Bernardez foi 7º como tamén o foi  Ángel Ferrari en 3000 m.l.Foron 8º Pablo Cortizo en 800 ml e David Lorenzo en altura. Era un dos cadetes e o máis baixiño dos saltadores, e non pudo practicar moito antes da proba pola esaxerada altura a que puxeron o listón.

Cesar A. González correu os 200 m.l. sendo 6º. Andrés Obenza, outro dos pequenos do equipo, aceptou facer a marcha a pesar de non competir en esa disciplina esta tempada. Tivo a mala sorte de ser descalificado.

O equipo femenino pola tarde comenzou con pértega  a cargo de Martina Paramos, 5ª, e peso  con Raquel Villa quen foi 2ª obtendo outro dos mellores postos do club. Sara Villar foi a encargada de facer os 100 m.v. sendo a 6ª en cruzar a liña de meta. Noa Rouco era a terceira na súa proba, os 800 m.l. Alba Vidal, unha das máis pequenas do equipo foi 6ª nos 3000 m.l.Mónica Cabirta foi a encargada de saltar a lonxitude  sendo a 7ª clasificada. O último concurso foi o disco no que Talía García quedou 4ª mellorando marca.

A última proba desta xornada foron os relevos 4×400. Algúns xa se relamían ó pensar que se podían meter co entrenador, xa que ía participar cos rapaces, sen darse conta que si se pasaban ían pagalo moi caro en futuros entrenos. E por si iso non fora suficiente, descalificaronnos por unha entrega antireglamentaria. Os relevos foron  Pablo-Carlos-Fran-Maikel. O equipo femenino composto por Marina-Ana-María- Mónica foron 4ª.

O broche final para esta xornada foi a subida o podio do equipo das rapazas do Vila no 3º posto. Noraboa campionas! Noraboa a todos, homes e mulleres!

Deja una respuesta