Pontevedra 27 de febreiro de 2015
Durante a maña do sábado 27 de febreiro disputouse nas pistas do CGTD de Pontevedra a 1ª XORNADA participativa do programa XOGADE en pista ao aire libre para a categoría infantil.


RESULTADOS
"Enerxia de Futuro"
Pontevedra 27 de febreiro de 2015
Durante a maña do sábado 27 de febreiro disputouse nas pistas do CGTD de Pontevedra a 1ª XORNADA participativa do programa XOGADE en pista ao aire libre para a categoría infantil.


Para despedir o mes de febreiro dispoñemos dunha proposta atletica moi diversa. Este sábado 27 na localidade de Pontevedra estrease a xornada de atletismo provomida polo programa XOGADE para a categoría infantil, será nas pistas do CGTD. Cada atleta poderá participar como máximo en tres probas das que compoñen o programa, respectando sempre a seguinte norma: 3 concursos, 1 concurso e 2 carreiras, ou 2 concursos e 1 carreira. No caso de participar en 2 carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.

O mesmo sábado a localidade de A Coruña acolle o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA, repartindose as probas en xornada de maña e tarde. Vaise dispor dun autobus para o desprazamento, terá saída de Cangas as 07:30 horas. OLLO o novo Horario:

Como compoñente da Selección Galega de Marcha a cadete Valeria Fernández vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR E CADETE DE MARCHA POR FEDERACIONS. Será o domingo 28 na localidade granadina de Motril.

Na pista cuberta de Riazor o domingo 28 vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTA. Alí vai participar Mª Belen Lemat. Moitisima sorte a tod@s eles/as.

Este sábado 27 comeza o XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE, serán varias xornadas participativas en Vigo e Pontevedra. Despois disputaranse os Campionatos Provinciais por categorías de forma individual e por relevos. Aproveitando os Ctos. Provinciais tamén se faran Probas Combinadas nas categorías alevín e Infantil.

San Sebastián, 21 de febreiro de 2016
Durante a xornada do domingo 21 de febreiro Raquel Villa disputou a final do concurso de lanzamento de peso no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA. Rematou 7ª o lanzar a bola de 4kgs. ata os 11.65 mts.
Non e doado obter a mínima para participar nos Campionatos de España. Se non que llo digan as cadetes que o tentaron nas Pistas «Josefina Salgado» de Pereiro de Aguiar. Ariadna Gil acadou 9.72 nos 60 m.v. a súa mellor marca e tamén da competición, quedando a 7 centesimas da mínima (9.65) . Valeria Rodríguez no lanzamento de peso alcanzou os 9.89, a 70 cms do obxetivo. Irene Menéndez tamén andivo preto dos 8.15 esixidos, rematando os 60 m.l. en 8.80. Na IV Xornada XXXIII Copa Deputación en pista tamén participou Maria Rodríguez que foi descalificada nos 60 metros valados.
A marea amarela que se desprazou a Vilagarcia o Complexo Deportivo de Fontecarmoa tamén tiña un obxetivo. Está próximo o Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil e tamén esixen marca para disputalo. Acompañou o tempo a esta intensa maña atletica que deixou os seguintes RESULTADOS

Esta vindeira fin de seman que hoxe comezamos será de estreo nos Campionatos de España. A lanzadora Raquel Villa vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA, será en San Sebastian os días 20 e 21 de febreiro. Podedes consultar os resultados do día 21 no concurso de lanzamento de peso feminino neste enlace:

O sábado 20 en Pereiro de Aguiar vaise disputar a 4ª XORNADA XXXIII COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA. Con máis de 500 inscritos tentando acadar obxetivos moi dispares. No caso das nosas amarelas buscarán marca para os vindeiros Campionatos de España. Participarán catro cadetes María Rodríguez e Ariadna Gil en 60 m.v., Irene Menéndez en 60 m.l. e Valeria Rodriguez en lanzamento de peso.
Este domingo 21 de febreiro vaise celebrar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa-Vilagarcia de Arousa o TROFEO ATLETISMO MAZI-CIDADE DE VILAGARCIA, co seguinte programa de probas:

No REGULAMENTO detallase que cada atleta só poderá participar en 2 probas seguindo esta limitación (1 carreira + 1 concurso ou 2 concursos) e máis o relevo. Outorgaranse medallas nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil ata o quinto clasificado de cada proba, categoría e sexo. Excepto nas probas de relevos onde só se outorgarán medallas os tres primeiros clasificados. Tódolos participantes en categoría Prebenxamín levarán medalla.
Baiona, 13 de febreiro de 2016
Celebrouse na praia da Ladeira en Sabaris o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa Xogade. A predicción metereoloxica daba choiva pero o día despertou sen ela. Despois si choveu durante toda a xornada. O percorrido era duro, cando non era lama era area, non había alternativa. En canto a loxistica non estivo a altura. Algún ainda esta buscando as duchas, e non estaría de máis unha carpa na liña de saída xa que ian estar os atletas 15 ou 20 minutos agardando baixo a choiva. Tomese todo isto como critica constructiva.

No tocante o meramente competitivo a xornada comezou coa carreira da categoría cadete. Na carreira feminina Maria Rodriguez foi 15ª, Verónica Núñez 26ª, Sandra Souto 27ª, Maria Broncos 33ª e Isaura Framil 36ª. No computo por equipos acadaron o 6º posto.
Para o campionato galego (alevín, infantil e cadete) clasificabanse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.
O equipo cadete masculino obtivo a 3ª plaza con 25 puntos. Juan Piñeiro foi 10º, Alex Iglesias 13º, Aaron Dominguez 25º, Kevin Marcos 31º e Alex Camaño 34º.

O percorrido da categoría infantil feminino tivo un total de 1600 mts. A primeira amarela foi Sara Mallo 9ª, seguida por Sabela Lopez 18ª, Anais Santamaria 39ª, Colomba Carballal 43ª, Maria Rial 48ª e Ainoa Santos 56ª. O equipo rematou 5º con 96 ptos. Os homes remataron en 2º posto sumando 44 ptos. Con esta actuación acadaron a clasificación para o Campionato Galego. Estiveron liderados por Lope Quinteiro que rematou 3º, Eduardo Parcero 17º, Jacobo Díaz 18º, Aaron Otero 19º, Adrian Pastoriza 22º, Anxo Camaño 31º, Ivan Iglesias 39º, Gabriel Dacosta 46º, Miguel Gallego 49º e Martiño Nuñez 53º. O equipo «B» rematou en 8º posto sumando 111 ptos.

Na categoría alevín as mulleres remataron en 3º posto por equipos. Andrea Sotelo foi 9ª, Agata Rodriguez 23ª, Nicole Vazquez 29ª e Paula Nerga 43ª. Os homes acadaron o Campionato Provincial por equipos coa contribución de Joel Curro que conseguiu o bronce, Denis Fernandez 5º, Carlos Lopez 8º, Daniel Quinteiro 13º, Yago Juncal 19º e Carlos Corredoira 34º.

Os benxamins tanto homes coma mulleres daban unha volta grande o circuito, 700 mts. A proba feminina daba o Campionato Provincial a Lara Iglesias, gracias a ela e o resto das compoñentes do equipo, Sara Nerga 11ª, Lucia Gil 12ª, Noa Nerga 13ª, Gema Dacosta 14ª e Iris Malvido 17ª. acadouse o Campionato Provincial por equipos. A representación masculina non deu para formar o equipo, cun mínimo de catro compoñentes, rematando Raul Rial 4º, Juan Gallego 16º e Eloy Dominguez 54º.
Esta fin de semana Lugo acolleu a Concentración de Saltos Verticais e Horizontais convocada polos responsables do Sector, Mario González e Santi Ferrer onde se reuniron co grupo de adestradores e atletas que foron seleccionados para a mesma. Por parte do Club acudiron David Lorenzo e Saray Amoedo.

O sábado as 10:30 h. tivo lugar un Coloquio Adestradores-Atletas: “O crecemento deportivo e persoal dos atletas, os casos de Jose Alfonso Palomanes e Saleta Fernández” por: Mario González e Felipe Barata así como as 12:00 h. Mesa Redonda Adestradores do Sector: Puntos de incidencia na aprendizaxe técnica e acondicionamento físico dos atletas novos. As 16:00 Control de marcas e un adestramento técnico ó rematar a competición. As 22:30 como colofón do primeiro día realizouse unha visualización de grabacións de competicións.
A Pobra do Caramiñal, 13 de febreiro de 2016
O inverno entrou de cheo nas Rias Baixas, tras unha xornada de maña épica no Campionato Provincial de Cross en Baiona, A Pobra do Caramiñal acollia o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. De feito moitos dos atletas das categorias menores fixeron doblete, cortesia da boa previsión do calendario atletico.

A primeira categoría da xornada de tarde foron os benxamins. As mulleres foron as máis numerosas, acadando o Campionato Galego Lara Iglesias, Subcampiona Galega Gema Dacosta, seguida no cuarto posto por Iris Malvido e Nerea Malvido que foi 7ª.

Os seguintes en participar serían os alevins homes. Cun tempo de 11,16 Denis Fernández proclamouse Campión Galego nos 2kms de marcha en ruta, Carlos Corredoira rematou 7º.

Ana Piñeiro voltaba a marcha rematando Campiona Galega nos 3kms marcha en ruta da categoria infantil feminino. Iria Nieto acadaba o 10 º posto na mesma carreira. Eduardo Parcero rematou cuarto no computo da categoría infantil homes.
A carreira dos 5 kms foi o percorrido para a categoría cadete. Na proba das mulleres Valeria Fernandez acadou o Subcampionato Galego cun crono de 29:20.

Este vindeiro sábado 13 temos o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. O autobús partirá de Cangas as 09:00 horas (só para os atletas) . As probas da xornada dispondrán do seguinte HORARIO:
| HORARIOS | CATEGORIAS | DISTANCIAS | VUELTAS |
| 10.45 H | CADETE FEMENINO
2002-2001 |
2.000 METROS | 3 VUELTAS GRANDES |
| 11.00 H | CADETE MASCULINO
2002-2001 |
4.000 METROS | 6 VUELTAS GRANDES |
| 11.15 H | INFANTIL FEMENINO
2004-2003 |
1.600 METROS | 1 VUELTA PEQUEÑA +
2 VUELTAS GRANDES |
| 11.30 H | INFANTIL MASCULINO
2004-2003 |
2.000 METROS | 3 VUELTAS GRANDES |
| 11.45 H | ALEVIN FEMENINO
2006-2005 |
1.200 METROS | 2 VUELTAS GRANDES |
| 12.00 H | ALEVIN MASCULINO
2006-2005 |
1.600 METROS | 1 VUELTA PEQUEÑA +
2 VUELTAS GRANDES |
| 12.15 H | BENXAMIN FEMENINO
2008-2007 |
700 METROS | 1 VUELTA GRANDE |
| 12.30 H | BENXAMIN MASCULINO
2008-207 |
700 METROS | 1 VUELTA GRANDE |
PLANO DOS CIRCUITOS:

Este é o LISTADO dos @marel@s que participarán no Campionato Provincial. Moita sorte para tod@s e agardemos pare de chover un pouco.
Debe estar conectado para enviar un comentario.