CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA

Oviedo 13 de marzo de 2016

     Disputouse en Oviedo o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.  En duas xornadas de sábado e domingo o Pazo dos Deportes de Oviedo foi testemuña do rendemento da categoría cadete. Unha das nosas atletas estreabase en competicións nacionais, no ámbito individual. Valería Rodriguez tras acadar o Subcampionato Galego de Pista Cuberta en lanzamento de peso, acudía a Oviedo a amosar a súa valía no Campionato de España

     Na final do concurso de peso acadou un mellor lanzamento de 10,33 m., foi no derradeiro intento. Con esta marca non obtivo o pase a mellora e rematou en 12º posto na final. De seguro que para vindeiros campionatos esta experiencia será positiva. Para a seguinte máis e mellor.


IMG-20160315-WA0002

pc_cadete-page-037

IMG-20160315-WA0001


Deja una respuesta