Chegamos a II Xornada para as categorías Benxamín e Alevín. A novidade máis salientable da xornada XOGADE era a inclusión dos relevos e a xavelina no programa de probas. Achegamos un enlace cos resultados. Noraboa a tod@s.
RESULTADOS

"Enerxia de Futuro"
Chegamos a II Xornada para as categorías Benxamín e Alevín. A novidade máis salientable da xornada XOGADE era a inclusión dos relevos e a xavelina no programa de probas. Achegamos un enlace cos resultados. Noraboa a tod@s.



Este domingo 3 de abril as pistas de Balaidos van acoller a 3ª xornada do I CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA SERIES MUNICIPAIS. As probas estan destinadas as categorías de Cadete a Senior coa inclusión tamen da pertega infantil.

A localidade de Veiga-Trevinca servira de emplazamento para o CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR, PROMESA, ABSOLUTO E VETERÁN DE TRAIL. O domingo 03 de abril será unha boa oportunidade para disfrutar da montaña ourensá correndo nunha modalidade que se encontra nun punto algido. As probas serán Trail Corto-Campionato de Galicia Junior (masculino e feminino) con un percorrido de 15.3km aprox. e Trail Longo- Campionato de Galicia de Trail con un percorrido de 21.3km aprox. Neste último vai participar Francisco Rodal Abal. Agardamos poida disfrutar da carreira e coidado cos nocellos.

As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE. A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m. NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.

Vigo 27 de marzo de 2016
Magnifica xornada de maña nas pistas de atletismo de Balaidos. Gran diversidade de modalidades atléticas, con mistura de categorías tanto en carreiras coma en concursos. Co obxetivo de mellorar ou acadar marca notouse unha gran participación nas quendas de 100 m.l.


Acadaban un vistoso agasallo os primeiros clasificados de cada proba. Era dificíl coa xuventude dos amarel@s poder optar aos premios. Ainda así nos 300 m.v. Ariadna Gil foi primeira, o mesmo que Saray Amoedo no triple salto.


Este domingo 27 de marzo as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo albergaran o XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ. Vai ser un programa con probas para categorías desde infantil ata veterans. Na CIRCULAR podense consultar os detalles do regulamento.
Habera que ter en conta que o domingo CAMBIA A HORA, adiantase o reló. Dormiremos unha hora menos.

Aproveitando as vacacions escolares estase a celebrar a CONCENTRACION DE MARCHA desde o pasado martes 22 ata o venres 25 de marzo. O responsable da concentración Carlos Morales máis os adestradores convocados terán a base en Noalla-Sanxenxo. A praia da Lanzada sera testemuña dos adestramentos.

Por parte do Vila de Cangas foron convocados Valeria Fernández-cadete, Ana Piñeiro-infantil e Denis Fernández-alevín.
Tamen esta a acompañar o tempo ao desenrolo da Concentración, PARABENS para atletas e adestradores.
O vindeiro día 1 de abril terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO. Será a partir das 19:00 horas no Salón de Convencions do Edificio CINC. As premiacions xa están decididas en base a seguinte CIRCULAR. Na categoría Junior Raquel Villa Carracelas, vai ser recoñecida polo Subcampionato de España. Por clubes vai ser premiado o EQUIPO INFANTIL FEMININO que se proclamou Campión de España.
Tamén salientar as premiacións de Laura Meira e Mar Chillón, que acadarón os podios baixo os colores do Vila de Cangas, ainda que nesta tempada xa non militan no Club. Parabens por estes e vindeiros logros, agradecendo a súa gran aportación a familia amarela.
Ainda nos deparará unha sorpresa a GALA. O Vila de Cangas será elexido coma o MELLOR CLUB CATEGORÍAS INFERIORES. Parabens a toda a familia amarela.

Caceres, 20 de marzo de 2016
De modo paralelo o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KMS MARCHA ABSOLUTO E PROMESA desenvolveuse o CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA «CACERES PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD». Nesta última proba contamos con presenza nas categorías alevin, infantil e cadete. Polo orden exposto foron Denis Fernández no circuito de 1000 metros quen resultou vencendor da proba na categoría alevin masculino, mellorando o rexistro galego da distancia cun tempo de 4:57 . Ana Piñeiro repetiu o mesmo posto acadando a victoria nos 3000 metros infantil feminino cun tempo de 15:41. Na proba de 5 Kms Valería Fernández rematou no 7º posto da categoría cadete feminino cun crono de 28:48.

Sabadell, 19 de marzo de 2016
Tras a recompensa obtida por Paula Martínez coa clasificación para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, chegaba o hora da verdade na maña do sábado 19 de marzo. O nivel da proba dos 60 metros valados non deixaba dubida que sería dificil acceder as fases finais. O corte para o pase as semifinais, nas mulleres, estivo en 9,38 s. No caso de Paula acadou 9,96 na súa serie, co cal no puido pasar a semifinal. Agardamos nos siga acostumando a sua presenza en citas de tanta magnitude.

Debe estar conectado para enviar un comentario.