IV XORNADA XOGADE EN PISTA INFANTIL.

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos en Vigo acolleran dúas xornadas escolares de atletismo en pista ao aire libre. A primeira,  o sábado 23, corresponde a categoría infantil. Será a derradeira fase para esta categoría e tamén para clasificarse para o Campionato Provincial do vindeiro 07 de maio

     A xornada do sábado conta co seguinte:


LISTADO DE INSCRITOS


RESULTADOS


hv230416-page-001


CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE

     O sábado 23 de abril no Estadio Gregorio Pérez Ribera  de Lugo disputarase o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE.  Ali estará o equipo femenino en fase  de renovación.  Esa canteira que sempre definiu o Vila de Cangas tendrá que codearse cos mellores equipos do panorama galego, de seguro que será unha boa competición para facer equipo e amosar o potencial deste novo proxecto.

     O equipo estará formado por:


  • Noelia Graña.- 100 m.l.
  • Paula Sotelo.- 200 m.l.
  • Aida Amoedo.- 400 m.l.
  • Ana Fandiño.- 800 m.l.
  • Iria Piedras.- 1500 m.l.
  • Sandra Souto.- 3000 m.l.
  • Paula Martínez.- 100 m.v.
  • Iria Rodríguez.-  400 m.v.
  • Alba Pazos.-  salto de altura
  • Martina Paramos.-  salto de pértega
  • Ariadna Gil.- salto de lonxitude
  • Saray Amoedo.- triple salto
  • Raquel Villa.-  lanzamento de peso
  • Patricia Torres.- lanzamento de disco
  • Johana Villar.- lanzamento de martelo
  • Paula Santos.- lanzamento de xavelina
  • Valería Fernández.- 5000 m. marcha

RELEVO 4X 100 (Irene Menéndez, María Rodríguez, Paula Martínez e Iria Rodríguez)

RELEVO 4X400 (Alba Pazos, Aida Amoedo, Noelia Graña e Saray Amoedo)


RESULTADOS EN DIRECTO


Circular 33-2016-page-003

Circular 33-2016-page-004


 

IV XORNADA DAS SERIES MUNICIPAIS

     Este domingo 17 de abril disputase nas pistas de Balaidos a IV XORNADA do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAIS. Esta proba abrangue as categorías desde cadete ata senior.  Boa oportunidade para amosar o traballo dos adestramentos.


LISTADO DE INSCRITOS


hv170416-page-001


     Achegamos tamén o enlace da Delegación de Vigo da FGA para seguir os resultados, asi como ollar as listas de saída. Normalmente non esta activo ou actualizado ata o día da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO


II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN EN VIGO.

     As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE.  A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m.  NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.


LISTADO INSCRITOS


hv020416-page-001


RESULTADOS XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ

Vigo 27 de marzo de 2016

    Magnifica xornada de maña nas pistas de atletismo de Balaidos. Gran diversidade de modalidades atléticas, con mistura de categorías tanto en carreiras coma en concursos. Co obxetivo de mellorar ou acadar marca notouse unha gran participación nas quendas de 100 m.l. 


1003

1004


     Acadaban un vistoso agasallo os primeiros clasificados de cada proba. Era dificíl coa xuventude dos amarel@s poder optar aos premios. Ainda así nos 300 m.v. Ariadna Gil foi primeira, o mesmo que Saray Amoedo no triple salto.


triple

valllas


RESULTADOS


TROFEO RECONQUISTA EN VIGO

    Este domingo 27 de marzo as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo albergaran o XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ. Vai ser un programa con probas para categorías desde infantil ata veterans. Na CIRCULAR podense consultar os detalles do regulamento.

     Habera que ter en conta que o domingo CAMBIA A HORA, adiantase o reló. Dormiremos unha hora menos.


LISTADO DE INSCRITOS


reconquistavigo2016-page-001