CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES AIRE LIBRE

Lugo, 23 de abril de 2016

     A sección feminina absoluta do Vila de Cangas tiña unha cita en Lugo co CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES.  As 11:00 horas do sábado 23 de abril daba comezo no Estadio Gregorio Pérez Ribera  a máxima competición por Clubes ao aire libre.  Xa de entrada, a primeira proba de pértega  disputouse no modulo cuberto. Martina Paramos rematou 6ª cun salto de 2,40. O mesmo tempo tiña lugar na pista os 5000 mts. marcha, onde Valeria Fernández  acadou o 2º posto cun tempo de 29:24.48. Non empezaba mal a cousa, as atletas cumplían pero tivemos deficit a hora de cubrir probas, quedaron tres sen cubrir,  lanzamento de martelo, 1500 m.l. e 3000 obst.


4x100


     Iria Rodriguez rematou o 400 m.v. en 1:16.14  acadando o 7º posto. Noelia Graña correu os 100 m.l. acadando a 8ª posición con 13.48. No concurso de salto de altura partipou Naiara Villar, sustituindo a Alba Pazos, quen non acudiu por enfermidade. Desexamolle unha pronta recuperación. Rematou 8ª,  superando o listón de 1.20. Saray Amoedo cun salto de 10.90 rematou 2ª no triple salto.  A sua irman Aida Amoedo  acadou a 6ª posición nos 400 m.l., cun tempo de 1:06.79.

     relevo 4×100 m.  poñia o fin a xornada de mañan. Irene Menéndez, Iria Rodíguez, María Rodríguez e Paula Martínez formaron o equipo que realizou o relevo, rematando en 5º posto cun crono de 53.34.


salidarelevo


     lanzamento de disco inauguraba a xornada de tarde. Noa Rouco foi a atleta «comodin» do Campionato cubrindo esta proba máis o relevo de 4X400.  De seguro que no disco fixo MMP, e tamén puntou para o equipo co 8º posto. Paula Martínez  foi 5ª nos 100 m.v. con 16.52. Nos 200 m.l. Paula Sotelo  rematou 8ª con 29.39. 

     Raquel Villa lanzou a bola ata os 11.15 m. acadando a 3ª posición no peso. No lanzamento de xavelina  Paula Santos rematou 5ª con 25.32. Ana Fandiño foi 7ª nos 800 m.l. cun crono de 2:52.57. Os 3000 m.l. foron disputados por Sandra Souto, quen rematou 8ª con 13.25.82. Agora toca segir loitando por seguir competindo, non hai formulas máxicas.


ana


     O derradeiro  concurso da tarde foi a lonxitude, onde Ariadna Gil acadaba o 7º posto saltando 4.52. Para rematar o Campionato a proba do relevo 4×400, Aida Amoedo, Saray Amoedo, Noelia Graña Noa Rouco foron septimas cun tempo de 4:38.86. Agora toca seguir traballando, hai marxe de mellora e hai xuventude.


2016 - RESULTADOS - Campionato Galego Clubes - Lugo-page-020


Deja una respuesta