IV XORNADA DAS SERIES MUNICIPAIS

     Este domingo 17 de abril disputase nas pistas de Balaidos a IV XORNADA do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAIS. Esta proba abrangue as categorías desde cadete ata senior.  Boa oportunidade para amosar o traballo dos adestramentos.


LISTADO DE INSCRITOS


hv170416-page-001


     Achegamos tamén o enlace da Delegación de Vigo da FGA para seguir os resultados, asi como ollar as listas de saída. Normalmente non esta activo ou actualizado ata o día da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO


II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN EN VIGO.

     As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE.  A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m.  NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.


LISTADO INSCRITOS


hv020416-page-001


RESULTADOS XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ

Vigo 27 de marzo de 2016

    Magnifica xornada de maña nas pistas de atletismo de Balaidos. Gran diversidade de modalidades atléticas, con mistura de categorías tanto en carreiras coma en concursos. Co obxetivo de mellorar ou acadar marca notouse unha gran participación nas quendas de 100 m.l. 


1003

1004


     Acadaban un vistoso agasallo os primeiros clasificados de cada proba. Era dificíl coa xuventude dos amarel@s poder optar aos premios. Ainda así nos 300 m.v. Ariadna Gil foi primeira, o mesmo que Saray Amoedo no triple salto.


triple

valllas


RESULTADOS


TROFEO RECONQUISTA EN VIGO

    Este domingo 27 de marzo as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo albergaran o XXIX RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNANDEZ. Vai ser un programa con probas para categorías desde infantil ata veterans. Na CIRCULAR podense consultar os detalles do regulamento.

     Habera que ter en conta que o domingo CAMBIA A HORA, adiantase o reló. Dormiremos unha hora menos.


LISTADO DE INSCRITOS


reconquistavigo2016-page-001


I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002