I MARCHA PEDESTRE SOLIDARIA (AECC)

Este domingo, día 31 de maio, coincidindo co DÍA MUNDIAL SEN TABACO, a Asociación Española Contra o Cancro – Cangas organizará unha MARCHA PEDESTRE ANDAR E CORRER polas rúas de Cangas, en colaboración co Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

A proba, que será de carácter benéfico (2 € inscrición), terá a súa saída na Alameda Vella de Cangas, a partir das 10.30 h, e nela poderán participar todos/as os interesados/as (independentemente do seu sexo e idade), previa inscripción nas proximidades do palco da Alameda, a partir das 09.30 h.

Os percorrido serán os seguintes:

–    MARCHA ANDAR: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Alameda Vella

–    MARCHA CORRER: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Praia Rodeira – Alameda Vella

Unha vez rematada a marcha, o Ximnasio California Gym organizará unha sesión de zumba na que poderán participar todos os interesados.

Para unha información máis detallada: 608 560 301 (Conchi – AECC Cangas)


 

CARTEL

HORARIO PROVINCIAL E INSCRITOS.

Este sábado, día 30 de maio, terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA, evento organizado pola XUNTA DE GALICIA (Servizo Deportes Pontevedra) e a FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Comité Xuices Vigo), e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no Estadio Municipal de Atletismo, trascorrerá en horario de 10.00/13.30 h, e nel prevese a participación de máis de 400 atletas, achegados dende diferentes puntos da Provincia de Pontevedra.

As categorías que competirán (masculina e feminina) serán: BENXAMÍN (individual + relevos) e ALEVÍN (combinadas).


LISTADO INSCRITOS DEFINITIVO


HORARIOS-page-001


EQUIPO FEMININO A FINAL DE 2ª DIVISION.

Foi publicado pola RFEA o listado provisional dos equipos que poden acudir a FINAL DE CLUBES DE 2ª DIVISION. O listado definitivo esta pendente das reclamacións e renuncias. Pero a boa nova e que por terceiro ano consecutivo a sección feminina do Vila de Cangas acadou posto para a FINAL.  Os puntos obtidos foron 12528partindo en cuarto lugar.

Lembrar que o ano pasado quedaron as portas do ascenso, suben os dous primeiros da FINAL. Moitos PARABENS e agardamos seguir dando  novas coma estas.


20155221864-page-001


NOVA WEB ATLETAS VILADECANGAS.

Gracias a colaboración de  Sports Idols, que de seguro coñecedes polo seu formato QueDeportista Esxa podemos presumir dunha nova web www.atletasviladecangas.com onde de maneira sinxela os atletas do Club poderán crear o seu propio dossier deportivo.  Unha vez creado, teran opcións para actualizar as competicións e marcas acadadas. Calquera dúbida sobre o uso da citada paxina web podedes achegala no correo at.viladecangas@gmail.com ou a través das redes sociais do Club. Tamén servira para aloxar, na pestana de EVENTOS, os resultados das  probas organizadas polo Club. Xa sabedes, divulgade a palabra.


IMG_20150514_184306


HORARIO CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES (JUNIOR E CADETE)

O CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES para as categorías JUNIOR e CADETE  vaise a celebrar o vindeiro domingo 17 de maio nas Pistas da Universidade de A Coruña. Estes van ser os CLUBES participantes:

Junior masculino: Coruña Comarca, Marineda, C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Riazor, Maristas de Lugo, R.C. Celta, A Silva e Comesaña S.C.
Junior femenino: C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Riazor, Vila de Cangas, Lugo Running, Atletismo Femenino Celta e Comesaña S.C.
Cadete masculino: Coruña Comarca, Comesaña S.C, Marineda, Millaraio, Franciscanos de Lugo, C.A. Cuntis, Maristas de Lugo, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Vila de Cangas, Ría Ferrol, AVA e C.A.Narón.
Cadete femenino: Coruña Comarca, Marineda, Millaraio, C..A. Cuntis, Comesaña S.C., Franciscanos de Lugo, C.A. Narón, Ria Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Universidad de Santiago, Riazor, AVA, A Silva e Vila de Cangas.

A competición dará comezo as 10’15 horas co seguinte HORARIO:


hc170515-page-001


 

REUNION TECNICA CON RAMON CID.

Trasladamos información da FGA, a través da súa delegación en Vigo.

Os adestradores e atletas que desexen acudir á reunión técnica sobre o tema Problemática das competicións de saltos atléticos nas categorías menores, con Ramón Cid, director técnico da RFEA, deben facer a inscrición comunicando o seu nome a esta delegación no correo:  vigofga@gmail.com.

Esta reunión terá lugar no Ximnasio Saúde & Deporte (Rúa Manuel de Castro 7, preto do Estadio de Atletismo de Balaídos) este sábado 9, ás 11:00.


www.thewangconnection.com_images_atletismo_ramon-cid-atletismo