CROSS ZONAL CANGAS

Estrenamos circuito no concello de Cangas, en Darbo, na zona de Varalonga.  O lugar  está moi ben, ten unas vistas magníficas de Vigo ,a ría e a illas Cíes. Tamén se  pode mirar todo o recorrido, menos cando ao facer a volta grande, teñen que ir por abaixo. Como non ten unha zona de vestuarios e duchas, o exército colocou tres tendas de campaña, dúas para vestuarios e unha para secretaría.

As primeiras en estrenar o circuito foron as benxamíns, subiron ao pódium Ana Piñeiro, ouro, Sara Mallo, prata, as dúas do Vila de Cangas, e María do Morrazo,bronce. Clasificáronse os dous equipos do Vila. En homes  os tres primeiros foron do Vila de Cangas. Por orden de entrada foron Gabriel Dacosta, Lope Quinteiro e Teo Iglesias. Clasificáronse para o provincial un equipo do Vila e outro do Morrazo.

Na seguinte carreira, a das alevíns femenina, casi fixo falta outro aparello do que carece esta instalación, a foto finish. Tras unha dura carreira Sandra Souto conseguiu acercarse a Ariadna Gil que ía primeira todo o tempo. Tras un forte sprint, un paso foi o que as separou, quedando Ariadna primeira e Sandra segunda. As dúas son do Vila e viñan seguidas de Raquel do Samertolameu. Os equipos clasificados foron o Vila de Cangas e o Samertolameu. Nos rapaces  entraron os tres primeiros do Vila,  Carlos Bacelar (ouro) Aarón Dominguez (prata) e Antón Iglesias (bronce) e pasan o provincial os dous equipos do Vila.

Na carreira das  rapazas infantiles tamén houbo emoción. Durante toda a carreira os postos mantuvéronse, correndo con certa distancias unhas das outras. Alba Vidal foi a primeira en entrar en meta seguida de Noa García. Tras ela viña Vanesa do Morrazo   pero María Jesús Corredoira,  que aínda non se recuperara da lesión, foi acortando distancia  ata que o final, nun apretadísimo sprint  conseguíu arrebatarlle o posto, sendo María a terceira. Na carreira masculina  tivemos un invitado, José Villar, que foi o ganador moral da carreira. Os tres primeiros foron do Vila, Sergio Piñeiro (ouro), David Lorenzo (prata) e Adrián Outeiral (bronce). Tanto en homes como en mulleres clasificáronse os dous equipos do Vila.

As rapazas cadetes tamén lograron un pódium completamente amarelo ao ser as tres primeiras Noa Rouco (ouro),  Noelia Graña(prata) e Lucía Piedras (bronce) do Vila.  Julia Alonso fixo unha magnífica carreira a pesar de estar lesionada, logrando quedar cuarta. Todos os participantes na carreira dos rapaces desta categoría  clasificáronse para o provincial , xa sexa por equipos ou individualmente, xa que eran moi pouquiños. O primeiro en traspasar a liña de meta foi Eloy Guimeráns seguido de Jaime Ocaña, os dous do Vila, e o terceiro foi Andrés  do Morrazo.  Por equipos clasificáronse tanto os homes como as mulleres para ir o provincial.

O resultado final para o Vila de Cangas foi  8 ouros, 8 pratas e 5 bronces e 12 equipos clasificados  para o provincial.

Resultados cross zonal Varalonga 2012

XXXVIII TROFEO PEDESTRISMO VILA DE CANGAS

Domingo 4 de Decembro 2011, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00

REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organizan o XXVIII Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 4 de Decembro de 2011, con saida e chegada na Alameda Vella de Cangas.

2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2005-06 ••Benxamín 2003-04 ••Alevín 2001-02 •• Infantil 1999-2000 ••Cadete 1997-98 •• Xuvenil 1995-96 •• Xunior 1993-94 •• Promesa 1990-91-92 •• Senior 89 ata veteranos •• Veteranos 35 anos en adiante

10:00h:Benjamín…….…………………………………….………………………………………500m.
10:15h:Alevín…………………………………………………………….……………………1000 m.
10:30h:Infantil………………………………………………….……………………………1500 m.
10:45h:Minibenxamíns………………………………………………………….………….250 m.
11:00h:Cadete Mulleres……………………………………………………………….….2000 m.
11:15h:Cadete Homes……………………………………………………….…………3000 m.
12:00 h: Carreira Absoluta: Xuvenil homes e mulleres …………………………… 6000 m.
Xunior, promesa, xenior e veteranos homes e mulleres ..10.000m.
13:00 h: Entrega trofeos

3. As inscripcións deberán efectuarse antes das 24h do MARTES 29 de Novembro. O custo da inscripción será de 2€ para os participantes das carreiras absolutas de 6000m e 10000m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
As inscricións formalizaranse na páxina Web www.championchipnorte.com
As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion@cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, clube se ten, localidade, provincia, teléfono de contacto.
Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

4. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización quedando ven visible a súa publicidade

5. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais

6. Será gañador do XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10 000 m.

7. Otorgaranse torfeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e medallas ata o décimo clasificado nas categorías escolares

8. Na categoría de Veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 10 atletas en cada unha delas; nese caso na entrega de trofeos desdoblaranse en dúas categorías. Veteráns Femenino ou masculino: de 35 ata 45 anos e de 46 anos en adiante

9. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento

10. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade

11. A inscripción neste XXXVIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento

Cross AD Castro San Miguel

Vigo a 3 de abril de 2011

Se celebraba o XVII Cross Escolar Agrupación Deportiva Castro San Miguel- Trofeo NovaCaixaGalicia, mañan soleada no parque de Catrelos, sorteabanse agasallos entre os participantes. A afluencia como se pode intuir foi masiva, e como no, o Vila de Cangas cos seus atletas en edad escolar ali se personaron. Destacar que os nosos escolares pasaron o examen con matricula de honor. Na categoría de cadetes Esmeralda Corredoira acadou a 13ª plaza. De seguido correron os infantís, donde Lucia Piedras obtivo un 5º posto. As seguintes categorías Alevins, Benxamins e menores foron as que relanzaron a estadistica da mañan copando os podiums de cor amarelo. Destacar tamen que a categoría benxamin másculina correu duas veces, unha primeira volta que foi de “quencemento” donde o percorrido foi de mil metros e finalmente anulada porque os xuices non deran a sálida, tras este simulacro de carreira moitos nenos xa non quiseron disputar a proba, que se deixou para o final, pero os que a disputaron recorreron 585 metros. Foi a pequena anedota do evento, no que destacou o gran número de agasallos sorteados para todos os participantes, asi como a gran participación nas carreiras. Como novidade este ano fixeron una proba para nais e pais, e alí estuvemos e así quedamos:

Cadete mulleres.

Esmeralda Corredoira 13 º

Infantil homes.

Martín souto 14º Seguir leyendo

GALEGO DE MARCHA E MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

Este vindeiro domingo 12 de decembro teremos que repartir os nosos atletas. Por unha banda celebrarase o campionato galego de marcha en pista no Centro de Tecnificación de Pontevedra, a onde se desprazarán os nosos marchadores. Podedes descargar información desa proba aqui: CIRCULAR 77-2010
Por outra banda, as categorías menores do Vila de Cangas desprazaranse ata Vigo, a Castrelos, onde terá lugar o X Memorial Andrés Abanqueiro-Bocatería Papo´s – Deportes Athletic’s. Aquí tamén tendes información desta proba: 2010.12.12.reglamento