CROSS ZONAL DO MORRAZO

Meira-Moaña, 15 de xaneiro de 2017

 

    O circuito da Ribeira en Meira-Moaña acollía, outro ano máis, o CROSS ZONAL DO MORRAZO do programa XOGADE.  A mañá soleada acompañou as probas e fixo moito máis vistoso o esforzo das categorías escolares, que comezaban a súa andaina no XOGADE co fín de acadar o pase ao Campionato Provincial.  A orde de carreiras colocou a categoría alevin feminina coma primeiras en correr.  Agata Rodríguez foi 2ª, seguida por Lara Iglesias 3ª, Lucia Gil 4ª, Iris Malvido 5ª, Andrea Pérez 6ª, Sara Nerga 7ª, Carmen Fraga 8ª, Gema Dacosta 11ª, Cristina Taboada 12ª, Uxia Sánchez 13ª, Noa Nerga 14ª , Nerea Malvido 15ª, Saioa Iglesias 18ª, Carmen González 20ª e Antía Romero 21ª. Tal cantidade de atletas deu para conformar tres equipos, clasificándose para a fase provincial un deles o VILA DE CANGAS A con 16 puntos.



      Na sección masculina presentáronse dous equipos, acadando o pase finalmente o  VILA DE CANGAS A con 17 puntos. Individualmente Carlos López foi 2º, Raul Rial 3º, Sergio Valladares 4º, Carlos Corredoira 7º, Manuel Lemos 8º, Javier Paredes 9º, Rubén Lemos 12º, Diego Martínez 13º, Eloy Domínguez 15º e Eloi Varela 18º.



      Os benxamíns continuaron co programa, obtendo o equipo feminino o 1º posto con 20 puntos. Leire Fonseca rematou 1ª, Candela Castro 5ª, Goretti Carballal 6ª e Leire Brun 8ª. Os homes non puideron formar equipo correndo Hugo Domínguez e Andres Varela, rematando 4º e 9º respectivamente.

         As mulleres da categoría cadete sumaron 9 puntos acadando o 1º posto, gracias o 2º lugar de Sabela López,  3º de Sandra Otero,  4º de Ines Pardavila,  5º de María Rial  máis o 6º de Noelia Gómez. O equipo masculino sumou 7 puntos e repetiu a mesma posición, encabezado por Lope Quinteiro 1º, Aaron Domínguez 2º, Alex Iglesias 4º, Gabriel Dacosta 6º, Daniel Iglesias 7º e Manuel Otero 8º.  Significar que con 3200 mts foi o percorrido máis longo da mañá.



     A categoría infantil pechaba o Zonal, alí as mulleres presentaron dous equipos e remataron ocupando as duas plazas para o Provincial. Sara Mallo foi 1ª, Angela Fraga 2ª, Nerea Piñeiro 3ª, Nuria Argibay 4ª, Abril Entenza 5ª, Irene Ruiz 6ª, Anais Santamarina 7ª, Carmen Castro 8ª, Blanca Piñeiro 9ª, Ana Cerqueira 10ª, Erea Bastón 12ª e Rocio Santaclara 13ª. No tocante os homes tamén conseguiron ocupar as duas primeiras plazas con sendos equipos que presentaron, encabezados por Aaron Otero 1º, Joel Curro 2º, Ivan Iglesias 4º, Carlos Portela 6º, Daniel Quinteiro 7º, Adan Dacosta 8º, Miguel Núñez 9º, Rubén Medraño 11º, Javier Rodal 13º, Mario Santos 14º e Jairo Parcero 15º.



RESULTADOS


HORARIO E CIRCUITOS DO CROSS ZONAL DO MORRAZO.

     O mesmo circuito co ano pasado, en Meira-Moaña, dará cabida, este domingo 15/01/2017, ao CROSS ESCOLAR ZONAL-O MORRAZOA ubicación e sinxela, unha vez pasamos Moaña desviarse cara o Porto de Meira. Tendo en conta que se trata dunha competición por equipos, pregase chegar con antelación (45 mts) a proba e comunicar, canto antes, calquera baixa.



XXI CROSS ESCOLAR AD CASTRO – SAN MIGUEL

     Este domingo 9 de outubro o parque de Castrelos en Vigo voltarase encher de corredores. O Cross escolar AD CASTRO dará comezo a partir das 10’00 horas coa categoría cadete, seguindo esta orde:


  • 10:00’  Cadete Masculina  2001-2002     3.000 m             
  • 10:20’  Cadete Feminina  2001-2002     2.585m
  • 10:35’  Infantil Masculina  2003-2004     2.585 m
  • 10:55’  Infantil Feminina  2003-2004     2.000 m            
  • 11:10’  Alevín Masculina  2005-2006     2.000m            
  • 11:25’  Alevín Feminina  2005-2006     1.585m
  • 11:35’  Pais de nenos participantes  2.000m             
  • 11:50’  Nais de nenos participantes  2.000m             
  • 12:00’   Benxamín Masculina  2007-2008     1.000m            
  • 12:10’   Benxamín Feminina  2007-2008     1.000m           
  • 12:20’  “Pre-benxa”. Masculina  2009-2010     585m
  • 12:35’  “Pre-benxa”. Feminina  2009-2010     585m
  • 12:45’  “Olímpicos”  Masculina  2011-2012 y 2013     200m
  • 12:55’  “Olímpicos”  Feminina  2011-2012 y 2013     200 m  

     REGULAMENTO E INSCRICIONS


    61c6f59e-3b23-e774-4dff-39d9d00036e5-300x


CROSS ESCOLAR CEIP CASTRILLON

     Xa están abertas as inscricións para o XX CROSS ESCOLAR CEIP CASTRILLON. A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” e o Claustro de Profesores, en colaboración có Club de Atletismo Vila de Cangas e Club Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross.  A data será o 24 de Abril do 2016  a partir das 10’30 horas.  Nas carreiras concurriran as seguintes categorías:

 PITUFOS……………………..……2012/2011/2010
 PREBENXAMIN………………….2008-2009
 BENXAMINS……………………..2006-2007
 ALEVINS…………………..……….2005-2004
 INFANTÍS…………………………2003-2002
 CADETES…………………………2001-2000
 POPULAR…………………………1999 e anteriores

     Haberá carreira para pais e nais . O remate da entrega de premios haberá un sorteo entre todos os participantes. O prazo límite de entrega de inscricións será o 18 de Abril, no correo fornobedo@gmail.com Cada centro participante deberán traer cubertos os seus dorsais có número asignado, o nome do alumn@, data de nacemento e categoría na que participa. Inscribírase tamén o mesmo día do cross.


CARTEL CROSS COLES-page-001


RESULTADOS DO VII CROSS CEIP A RUA.

     Este pasado domingo 13 de marzo celebrouse o VII Cross Escolar CEIP A RúaUnha xornada primaveral axudou a encher o entorno do Ceip de A Rua de deportistas de todalas idades. Noraboa o ANPA por chegar ata este 7º cross e de seguro serán moitos máis. Achegamos a CLASIFICACION da carreira e un video con imaxes da xornada. Foi todo un pracer.



 

VII CROSS ESCOLAR CEIP A RUA

     A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon en coñecemento que o vindeiro día 13 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o  7º Cross Escolar. No REGULAMENTO podedes consultar os detalles da citada competición.

Compre destacar a ORDE das CARREIRAS:


Inscrición VII cross escolar A Rua-page-003


     NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE QUE QUEDEN VACANTES E POR ORDE DE CHEGADA, POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificad@s de cada categoría. Non se darán medallas.


VII Cross Escolar A Rua red


CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVES-XOGADE

Meira-Moaña, 24 de xaneiro de 2016

 

     Magnifico día tivemos o domingo 24 de xaneiro para a disputa do CAMPIONATO ZONAL CAMPO A TRAVES do programa Xogade da Xunta de Galicia. Trás unha primeira anulación polas inclemencias do tempo, o pasado día 10 de xaneiro, desta vez si que puidemos desfrutar do circuito de Meira. As categorías implicadas eran de benxamin a cadete. 


     Os resultados por categorías foron os seguintes:grupo

 

     Para o Campionato Provincial clasificabanse os dous primeiros equipos por categoría. En benxamin feminino acadaron o 1º posto (Lara Iglesias 1ª-Gema Dacosta 3ª-Lucia Gil 4ª-Sara Nerga 5ª-Noa Nerga 6ª-Leyre Fonseca 8ª- Iris Malvido 9ª-Nerea Malvido 11ª)

benxaminHomes

     O equipo benxamin masculino rematou en 1º lugar (Sergio Valladares 1º-Raúl Rial 2º-Juan Gallego 3º-Angel Graña 4º-Eloy Domínguez 9º)


 O equipo alevin feminino presentouse en dous A e B.  O Vila de Cangas A foi primeiro e as compañeiras do B terceiras. (Agata Rodríguez 2ª-Nuria Argibay 3ª-Andrea Sotelo 6ª-Nicole Vázquez 7ª-Blanca Piñeiro 8ª- Paula Nega 10ª-Paula Amigo 12ª- Carmen Castro 13ª- Paula Escribano 14ª- Saida Iglesias 17ª- Erea Baston 18ª- Cristina Taboada 21ª- Katia Gónzalez 22ª- Rocio Novas 23ª)alevin

     O mesmo pasou no equipo alevín masculino. O equipo A foi primeiro e o B terceiro (Denis Fernández 1º- Yoel Curro 3º- Daniel Quinteiro 4º- Carlos López 5º- Yago Juncal 6º- Carlos Corredoira 7º- Diego Martínez 8º- Anton Núñez 12º-Manuel Roca 13º- Eloy Domínguez 20º)


     Para a categoría infantil feminino repetiuse o anterior, tamen os resultados foi primeiro o Vila de Cangas A e terceiro o B (Sara Mallo 1ª- Sabela López 3ª- Maria Rial 4ª- Colomba Carballal 5ª- Anais Santamarina 7ª- Ainoa Santos 10ª- Ana Piñeiro 12ª- Ines Pardavila 14ª-Iria Nieto 15ª- Alba Pardavila 18ª)infantil mulleres

     No tocante os equipos de infantil masculino conseguiron pasar o Provincial o Vila de Cangas A máis o B, primeiro e segundo respectivamente. (Lope Quinteiro 1º- Pedro Verdeal 3º-  Aaron Otero 4º- Eduardo Parcero 6º- Gabriel Dacosta 7º- Adrián Pastoriza 9º-  Ivan Iglesias 10º- Miguel Gallego 11º- Martiño Núñez 12º- Jairo Parcero 15º)


      O equipo cadete feminino impusose na proba, acadando a clasificación directa. (Valeria Fernandez 1ª- María Rodríguez 2ª- Veronica Núñez 3ª- Sandra Souto 4ª- María Brocos 5ª- Valeria Rodríguez 7ª- Isaura Framil 8ª)

carrera

     Para rematar a categoría cadete masculino obtivo o primeiro posto. ( Alex Iglesias 2º- Juan Piñeiro 3º- Aaron Domínguez 5º- Kevin Marcos 10º- Alex Camaño 11º)


cadeteHomesjpg



 

VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.

     Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición () do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas,  a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.


pLANO-page0001


Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:

  1. ALEVINS
  2. BENXAMINS
  3. PREBENXAMINS
  4. 3 ANOS
  5. 4 ANOS
  6. 5 ANOS
  7. PAIS/NAIS

10403215_1484634828508434_3514422580508071231_n