CAMPIONATO GALEGO SUB 18-SUB 20 E SUB 23 PISTA CUBERTA

Ourense, 28 de febreiro de 2021

    A última fin de semana de febreiro, ademáis de bo tempo, trouxo unha actividade atletica inusual. Hai que ir collendo o ritmo da competición,e a iso nos adicamos. O sábado 27 de febreiro achegamos preto de trinta atletas ao II CONTROL DE INVERNO DA FGA, que se celebrou no CGTD de Pontevedra, sendo paralela a disputa dos Campionatos Galegos de 400-800 e 1500 m. das categorias SUB 20 e SUB 23. Alí proclamouse Campión Galego de 800 m. da categoria SUB 20 Lope Quinteiro. As pistas do CGTD tamen acolleron o Campionato Galego de Lanzamentos SUB 16 e SUB 18, onde Gema Dacosta acadou a victoria no concurso de lanzamento de disco.



    Outra tanda de lanzadoras de xavelina desprazouse a Lugo para participar na COPA DEPUTACION DE LUGO. Para o domingo, tocaba viaxar ata Expourense, agardabanos a Pista Cuberta con participación nas categorías SUB 20 e SUB 23.  No concurso de triple salto participaron Ariadna Gil e Saray AmoedoAs condicións eran propicias, de feito, Ariadna acadou a sua mellor marca con 11.55 e proclamouse Campioa Galega SUB 20. Saray comezou superando os 11 metros, pero despois do segundo salto acusou molestias nun pe. Este lastre fixo mella no seu rendemento no concurso, rematou Subcampioa Galega SUB 23, con 11,03.  Ariadna non puido completar os saltos para participar na final de 60 m.v., onde rematou Subcampioa Galega SUB 20, con 9,72 s, tamén mellor marca. Saray tiña pendente a final da Lonxitude, despois do primeiro salto as molestias agudizaronse e tivo que retirarse, ainda así coa marca acadada (4,45) foi Subcampioa Galega SUB 23.



    Martina Paramos reencontrabase coa competición, na final do salto de pértega SUB 23. Non lle foi mal, rematou Campioa Galega, compartindo premiación coa atleta que empatou na altura de 2,37. Daniel Calvar tamén foi Campión Galego de pértega SUB 23, despois participou nunha final «fallida» dos 200 m.l., a fotofinish non funciou e había que repetir a final. Non tivo folgos para correla. En resumo, grato recordo nos deixan nesta volta as competicions. O mes de marzo ven cargado de Campionatos, dos que agardamos ser participes. Cuidadevos moito.



NOVOS HORARIOS DE ADESTRAMENTO

      Desde as 00:00 horas do xoves 21 de xaneiro hai novas normas que nos afectan directamente. Coas novas restriccions SUSPENDENSE as competicións autonomicas e os peches perimetrais que afectan a Bueu, Moaña, Pontevedra e Vigo impediran cos atletas/ adestradores que residan nestas localidades se movan ata Cangas. No caso dos adestramentos se adaptarán, de tal maneira, que a partir do luns 25 de xaneiro nos rexiremos polo seguinte horario:



    Nestas franxas adestraremos en grupos de catro, repartidos nas instalacións do Estadio Municipal. Os atletas afectados polo peche perimetral, enviaremoslle os adestramentos a través dos grupos de whatsapp. Agardamos que non se prolonguen moito estas medidas.


TORNEO DE REIS

Pontevedra, 5 de xaneiro 2021

      Primeira competición para esta tempada 2021, bueno a primeira foi o control de Pista Cuberta en Ourense, onde tamén estivemos. Retomando a novidade, de seguro que foi a primeira competición para amarel@s que cambiaron de categoría co novo ano, dou fe. Tamén, de seguro, que fixo unha maña moi refrixerada na Capital da Provincia. No deportivo imos detallar aos participantes do noso Club por categorías. Neste caso, os homes SUB 10 participaron nos 50 m.l. con Samuel Corrales 1º, Angel Refojos 3º e Xabier Ferral 9º. As mulleres participaron na mesma proba e remataron con Emma Collazo 1ª, Lena Curras 4ª e Noa Camaño 15ª



   Na categoría SUB 12 estreabase Aitana Broullon, quen a falta de tempos da primeira serie, foi 6ª nos 60 m.l. Nas probas de medio fondo, 1000 m.l. para a categoria SUB 14 proseguiu o bo facer d@s amarel@s, en mulleres Sabela Castelo foi 1ª i en homes Hugo Collazo 1º, Hugo Domínguez 3º e Brais Pintos 7º.



     Rematabamos a participación amarela coa categoria SUB 16, os homes correron os 300 m.l. con Diego Martínez 5º e Carlos López 6º. a sección feminina estivo representada por Agata Rodríguez 2ª en 60 m.v. e no lanzamento de peso Gema Dacosta e Claudia Carcer foron 1ª e 2ª respectivamente. Bo comezo de ano, con roscón incluido para os gañador@s.