Archivo de la categoría: General
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE
PAULA VIAXA A GRANOLLERS
A localidade de Granollers vai acoller, os días 8 e 9 de xullo, o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE. A atleta junior Paula Martínez acadou marca para participar nas probas de 100 m.l. e 100 m.v. Con esta participación completa unha tempada notable, na que tamén conseguira mínima para o Nacional de Pista Cuberta. Agora só nos queda desexarlle unha BOA VIAXE.
INSCRITOS
CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE
Torrent, 01 de xullo de 2017
A nosa promesa máis prometedora viaxou a Torrent co gallo do CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Non quiso faltar e acadaou a mínima «in extremis». O sabado 1 de xullo, Raquel Villa disputou a final do lanzamento de peso, na mesma acadou o pase a mellora e rematou en 7º posto cun mellor lanzamento de 12.18 m.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE
Murcia, 01 e 02-xullo-2017
Parece que lle colleron gusto as terras murcianas Ana e Valería. Fai apenás 15 días formaban parte da selección galega que competía en Lorca, e agora a cita era na cidade de Murcia, que acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE. O sábado día 1 de xullo estreouse Valeria Rodríguez no Campionato, disputaba o Lanzamento de Martelo. Nesta final lanzou o artefacto ata os 39.37 m., non puido entrar na mellora e rematou no posto 17º.

Na xornada de maña do domingo foi cando disputou Ana Piñeiro os 3 kms marcha, e anda se os disputou, ata case a derradeira volta andivo no grupo de cabeza. Ao remate foi quinta cun tempo de 15:06.79. Para outro día máis fresco deixará baixar dos 15 minutos. Poñia o punto e final Valeria Rodríguez coa final de lanzamento de peso, nun concurso bastante discreto que rematou con 10.17 no posto 19º. Nos tiña acostumados a superar os 11 metros, pero cando non sae non hai que facerlle
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DA FIN DE SEMANA
Esta vindeira fin de semana, do 1 e 2 de xullo, imos ter tres amarel@s en dous Campionatos de España. En Murcia vaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE, no mesmo estarán Ana Piñeiro, participando nos 3kms marcha e Valeria Rodríguez, nos concursos de peso e martelo. Por outra parte, Raquel Villa, vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE, na proba de lanzamento de peso. A localidade valenciana de Torrent será a sede do Campionato.
RESULTADOS EN DIRECTO PROMESA
RESULTADOS EN DIRECTO CADETE

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE
Getafe, 24 e 25 de xuño de 2017
Todo un luxo poder contar con tres amarelos no CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE. Durante a fin de semana do 24 e 25 de xuño disputaron un total de cinco probas na localidade madrileña de Getafe. As probas de velocidade, 100 e 200 m.l. foron as que realizou Dani Calvar. Non puido progresar a semifinal dos 100 m.l. cun rexistro de 11.70 s, tampouco pasou da primeira rolda nos 200 m.l. con 23.29 s.
No concurso de pértega estreouse na competición David Lorenzo, rematou no posto 17º con 3,92 m. Disputou tamén a semifinal dos 400 m.v. acadando o 4º lugar na mesma con 56.41 s. Non obtivo praza na final.
A final do lanzamento de xavelina contou coa presenza de Manel Iglesias. Cun mellor lanzamento de 48,73 m. rematou no posto 15º. En xeral foron marcas discretas, lonxe das que viñan acadando. Noraboa rapaces, xa que esta feito o camiño a por outro obxectivo.


CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 24 de xuño de 2017
O calendario oficial da FGA non entende de festas, o día de San Xoan disputouse en Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Foi moi propicia a xornada para Raquel Villa, quen ademáis de resultar Campioa Galega no lanzamento de peso e disco, acadou a marca mínima para o Campionato de España gracias os 12,73 mts que mandou a bola. A cita será en Torrent (Valencia) a primeira fin de semana de xullo.
Tamén alcanzou o podio por partida dobre Paula Martínez, acadando o 2º posto nas probas de 100 m.l. e 100 m.v., serán as dúas probas que vai disputar no Campionato de España Junior, previsto para a segunda fin de semana de xullo en Granollers.









Debe estar conectado para enviar un comentario.