O primeiro Campionato Nacional de Pista Cuberta tiña coma protagonista a categoria SUB 23. A capital charra acolleu na pista cuberta «Carlos Gil Pérez« @s mellores atletas promesas. Paula Martínez estivo entre a elite nacional, disputando as quendas eliminatorias dos 60 m.v. Non puido pasar da xornada do sábado, onde rematou con 9.60 a sua eliminatoria.
Sobre un percorrido de 4340 mts a categoría SUB 16 deu comezo ao CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSSdo programa XOGADE. Duas voltas medianas e duas grandes para compretar o Circuito máis longo da maña. O equipo masculino non chegou a compretarse, apareceron dous valentes. Joel Curro, que rematou 10º e Antón Molanes 36º. Na categoría feminina o circuito acadaba os 2580 mts. rematando Anais Santamarina no posto 28º, Carmen Castro46ª, Blanca Piñeiro 47ª e Sofía Núñez 48ª. A suma do equipo aportoulles o 9º posto.
A categoría SUB 14 foi a próxima en sair a escea. Na proba masculina o equipo amarelo rematou SUBCAMPION PROVINCIAL coa inestimable aportación de Carlos López 6º, CarlosCorredoira 19º, Raúl Rial19º, Yago Juncal25º, Manuel Lemos 40º e Diego Martínez 55º. As mulleres acadaron o CAMPIONATO PROVINCIAL coa suma dos postos de MaialenFernández 6ª, Agata Rodríguez 8ª, Uxia Sánchez 10ª, Lucia Gil 15ª, Iris Malvido 19ª e Sara Nerga 27ª.
Coa categoría SUB 12 acadouse o pleno, ambos equipos foron CAMPIONS PROVINCIAIS. Ademáis corrían tres equipos, un masculino e dous femininos. Na mañan gris e chuviosa brillou o amarelo. Os homes estiveron liderados por Hugo Collazo 4º, Hugo Domínguez5º, Brais Pintos 9º e Diego Garcia 55º. O equipo Vila A feminino estivo composto por Sabela Castelo 1ª, Goretti Carballal 9ª, Leire Fonseca11ª, Uxia Gil12ª , Leire Brun 22ª e Helena Bello23ª. As compañeiras que integraron o Vila B foron Alba del Valle28ª,Candela Castro 32ª, Leire Fernández 41ªe Sabela Domínguez 58ª. Este equipo rematou no 5º posto do campionato.
Os máis novos, categoría SUB 10, remataron con Miguel Fernández 13º, Marcos Rial 17º, Gabriel Fazanes 20º, Iker Rial24º, Pedro González 27º e Breo Fernández 28º. BRONCE na suma por equipos. As féminas estiveron encabezadas por Erica Novas 8ª, Aitana Broullón 20ª, Zoe Fernández 23ª, Nahia Pintos 25ª e Leire Fuentes 28ª. Rematan SUBCAMPIOAS da Provincia.
Privouse aos equipos da ceremonia de premiacions, unicamente se agasallou as clasificacions individuais. Pode que a tardanza dos resultados finais afectase a este protocolo. De calquera xeito Sabela Castelo foi a única que subuiu ao podio como CAMPIOA PROVINCIAL da categoría SUB 12.
Para o vindeiro 16 de febreiro estes CATRO equipos (SUB 14 homes e mulleres + SUB 12 homes e mulleres) disputaran o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS en Ourense. Na categoría SUB 10 remata o seu periplo no Campionato Provincial.
Tralo paso polo CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS, catro equipos viaxaran ao CAMPIONATO GALEGO DE CROSS do programa XOGADE. A data, este vindeiro sábado 16 de febreiro. O lugar, o Complexo Deportivo de Monterrei no Concello ourensan de O Pereiro de Aguiar.
Co gallo de realizar a inscrición para o Campionato pregamos se comunique a ASISTENCIA, ou non, d@s atletas convocad@s. O autobús esta confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Cangas. No caso de facer a viaxe por conta propia, deberase estar no Circuito (45 min.) antes da Camara de Chamadas. Tamén e preciso comunicarllo ao Adestrador.
Esta vindeira fin de semana, 9 e 10 de febreiro, a pista cuberta «Carlos Gil Pérez» de Salamanca vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Alí contaremos coa presenza de Paula Martínez, quen o sábado pola tarde disputará as series eliminatorias dos 60 m.v. No caso de progresar nestas, o domingo están previstas as semifinais e final da proba. Estaremos moi atentos a súa evolución no Campionato.
O Campionato Provincial, previsto para o sábado 02 de febreiro, vaise APRAZAR para o vindeiro sábado 09 de febreiro. As condicions metereolóxicas adversas son a causa da suspensión da proba.
Madrugón para coller o bus as 06:30 cara A Rua. Moitas familias xa aproveitaron para lidiar coas primeiras neves das montañas orientais. Desta volta deuse a circunstancia co mancado, que non puido acudir, foi o Adestrador. Botaron en falta @s nen@s os berros de «animo» de Calvar polas frias terras ourensas. Iso si, todo o seu esforzo e os logros acadados non tiveron dubida en dedicarllos, así coma unha pronta recuperación.
No terreo competitivo moi boa actuación das categorias menores no MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-CAMPIONATO CROSS GALEGO MENORES, nun circuito que alguns xa coñecían do ano pasado. Neste caso a xustiza que impartiu a proba foi tal que así:
O equipo SUB 10 feminino rematou no 5º posto, composto por Nahia Pintos8ª, Aitana Broullón 22ª, Leire Fuentes 24ª, Zoe Fernández 26ª i Erica Novas 29ª. Os homes foron SUBCAMPIONS GALEGOS encabezados por Marcos Rial13º, Gabriel Fazanes 17º, Miguel Fernández18º, Pedro González 20º, Breo Fernández 21º e Iker Rial22º.
Na categoría SUB 12 ambos equipos acadaron o CAMPIONATO GALEGO. Os resultados individuais tamén ofreceron recompensa de podio no caso de Sabela Castelo finalizou 1ª e Hugo Collazo máis Hugo Dominguez 2º e 3º respectivamente. Na carreira feminina as demáis compoñentes foron Uxia Gil 10ª, Goretti Carballal 13ª, Leire Fonseca 17ª, LeireBrun 18ª, Helena Bello 23ª, Candela Castro 26ª, Estela Raña 29ª, Alba Del Valle 40ª e Leire Fernández 47ª. No equipo masculino acompañaron aos podios individuais o posto 13º de Brais Pintos, 27ª para Diego Garcia e 32ª para Rafael Vinicius.
O Memorial Alejandro Lorenzo pechabase coa categoría SUB 14. As mulleres acadaron o SUBCAMPIONATO coas aportacions de Maialen Fernández 5ª, Uxia Sánchez 8ª, Lucia Gil14ª, Agata Rodríguez17ª, Iris Malvido 30ª, Sara Nerga 35ª, Nerea Malvido 45ª, Cristina Taboada 51ª, Carmen González 56ª, Noa Piñeiro 79ª e Marta Rua 80ª. No caso dos homes, ainda que subiron ao podio coma terceiros e polo tanto BRONCE por equipos, máis tarde os resultados oficiais outorgabanlle a CUARTA praza. O equipo conformarono Carlos López 17º, Raúl Rial 28º, Yago Juncal 31º, Carlos Corredoira 32º, Manuel Lemos 40º, Ruben Lemos 53º e Diego Martínez 56º.
O vindeiro sábado 09 de febreiro de 2019 vaise celebrar en Chenlo- O Porriño o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Os equipos acadaron o pase a esta Fase no CAMPIONATO ZONAL que acolleu a localidade de Moaña o pasado día 23/12/2018. @s atletas teñen dereito ao transporte en autobús, está confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Autobús de Cangas . Coma toda competición por equipos, se alguen fai o viaxe pola sua conta, pregase que avisen e se atopen no lugar con antelación (45 minutos antes da proba).
EQUIPOS CONVOCADOS:
SUB 10 HOMES
MARCOS RIAL
GABRIEL FAZANES
MIGUEL FERNANDEZ
PEDRO GONZALEZ
IKER RIAL
BREO FERNANDEZ
SUB 10 MULLERES
NAHIA PINTOS
ERIKA NOVAS
AITANA BROULLON
LEIRE FUENTES
ZOE FERNANDEZ
MARINA CARRACELAS
SUB 12 HOMES
HUGO DOMINGUEZ
HUGO COLLAZO
BRAIS PINTOS
DIEGO GARCIA
RAFAEL VINICIUS
HUGO MALVIDO
SUB 12 MULLERES(A+B)
SABELA CASTELO (A)
GORETTI CARBALLAL (A)
UXIA GIL (A)
LEIRE FONSECA (A)
LEIRE BRUN (A)
HELENA BELLO (A)
ALBA DEL VALLE (B)
LEIRE FERNANDEZ (B)
CANDELA CASTRO (B)
SABELA DOMINGUEZ (B)
ANA CORDEIRO (B)
SUB 14 HOMES
CARLOS LOPEZ
RAUL RIAL
YAGO JUNCAL
CARLOS CORREDOIRA
MANUEL LEMOS
DIEGO MARTINEZ
SUB 14 MULLERES
MAIALEN FERNANDEZ
UXIA SANCHEZ
LUCIA GIL
AGATA RODRIGUEZ
IRIS MALVIDO
SARA NERGA
SUB 16 HOMES
JOEL CURRO
MIGUEL NUÑEZ
XIAN A. FERNANDEZ
IVAN IGLESIAS
AARON OTERO
ANTON NUÑEZ
SUB 14 MULLERES
ANAIS SANTAMARINA
PAULA AMIGO
BLANCA PIÑEIRO
CARMEN CASTRO
SOFIA NUÑEZ
NEREA PIÑEIRO
Achegamos a ubicación do CIRCUITO, para os que viaxen pola sua conta:
Unha ducia de amarale@s acadaron marca para participar no CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata Expourense tocaba desprazarse para participar na competición de máis nivel na pista cuberta da nosa Comunidade. Amplo foi o contraste entre as idades d@s participantes, se ben ao soar o pistoletazo tod@s eran atletas. O primeiro en entrar en competición foi Daniel Armada, quen pasou a primeira dos 60 m.l. e non progresou a final por un par de postos. Tamén disputou a semifinal dos 200 m.l., onde andivo preto do pase a final, cuestión de décimas de segundo. Ao mesmo tempo Aaron Domínguezsaltaba na final do Triple Salto, non puido rematar o concurso ao mancarse no primeiro salto. Saray Amoedo e Ariadna Gilinauguraban a participación feminina no concurso de triple salto. Ambas fixeron unha competición moi regular, loitando ata o final polos postos de podio. Ao remate foron medalla de BRONCE e 5ª respectivamente. Paula Martínezfoi 7ª na final dos 60 m.v. o que lle supuso o titulo de CAMIPOA GALEGA da categoría SUB 23, no camiño quedaron Mª Jesús Novo e Ariadna Gilquen foi eliminada da final polas milésimas, tras o empate na semifinal.Paula Martínez tamén foi participe nas series de 60 m.l. pero non pasou as semifinais.
Sabela López e Noelia Villaverdecorreron os 200 m.l. rematando en 28.76 e 29.57. Non progresaron a final con estes tempos, pero hai mellora e xuventude. Na final do salto de pértega Sabela López acadou o 5º posto. A xornada de tarde comezaba coa final do salto de lonxitude, alí se colou Juan Piñeiro, rematando nun magnifico 6º posto cun salto de 6,28. Daniel Calvar rematou os 400 m.l. en 52.70 situandose 8º no ranking galego SUB 20 desta tempada. Lope Quinteiroe Alex Iglesiasacadaron nos 800 m.l. tempos de 1:59.19 e 2:05.80. Con estas marcas ocupan os postos 1º e 6º do ranking SUB 18.
Este sábado o circuito urbano de A Pobra do Caramiñal acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Voltou a chuvia, que lle aportou un punto máis de dureza a esta proba de Ruta. Na proba de 1 km correspondente a categoría SUB 10 masculina Pedro Gonzalez rematou 4º cun tempo de 7:28.
Do bo facer de Sabela Castelo chegou a medalla de ouro na proba de 2kms da categoría SUB 12. Empregou un tempo de 10:36 para rematar o percorrido.
A proba dos 3kms para a categoria SUB 14 pechaba a participación amarela. Iris Malvido acadou o 5º posto e Nerea Malvido rematou no 15º. Carlos Corredoira foi 7º na proba masculina.
O domingo 20 de xaneiro a pista cuberta de Expourense acollerá o CAMPIONATO ABSOLUTO E SUB 23. Para tal evento acadaron marca unha ducia de amarel@s. Achegamos o HORARIO definitivo das probas:
Debe estar conectado para enviar un comentario.