COMPETICIONS PARA ESTE DOMINGO

     Este domingo 10 de xuño, en plena resaca do Cto. Galego de Categorías Menores, temos un importante Campionato Galego ao Aire Libre para as Categorías SUB 20 e SUB 23, nas Pistas de A Malata en Ferrol. As Pistas de Balaidos tamén acollen una nova xornada das Series Municipais. Deixando as probas federadas, o CEIP San Roque de Cangas celebra o seu XIV Cross Escolar con probas para escolares e carreira popular.


RESULTADOS EN DIRECTO SUB 20/23

RESULTADOS EN DIRECTO SERIES VIGO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14.

San Fernando (Cádiz), 2 e 3 de xuño de 2018

     Despois de cruzar a península, as atletas Erea e Abril deron moita guerra e loitaron ata o final para achegarse ao ansiado podio. Esta claro que esa era a actitude, que se poda acadar é outro cantar. Erea Bastón remataba a primeira xornada no terceiro posto, tras lanzar 24.40 no disco e rematar 1ª no peso con 10.10. Coa proba final, os 80 m.l. rematou en 5ª posición no triathlon D, sumando 1354 puntos. 



     No tocante ao triathlon C, Abril Entenza rematou no posto 11º, sumando 1556 puntos. No salto de altura chegou ata 1.43 e rematou os 80 m.v. en 13.38. Na proba de lonxitude acadou un mellor salto de 4.46.



     Noraboa a ambas atletas e agardamos que sumen máis probas deste nivel ao seu currículo.



PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE CATEGORIAS MENORES

     Este sábado 9 de xuño vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 e SUB 14 nas pistas do CGTD de Pontevedra. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada dos atletas inscritos. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos os listados definitivos d@s atletas clasificad@s


LISTADO SUB 10

LISTADO SUB 12

LISTADO SUB 14


     Para esta competición NON hai autobús, ao ser desprazamentos por conta propia pregase chegar con antelación as probas (UNHA HORA) polo menos. Lembrar que hai cámara de chamadas e tamén hai que facer o quecemento.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

A Coruña, 2 de xuño de 2018

     Este sábado na proba de Cantones dabase un digno remate ao Circuito Galego de Marcha Atletica. Tivemos tres amarel@s competindo, Sabela Castelo rematou 1ª no km da categoria SUB 10 cun tempo de 5:24. Lara Iglesias foi 4ªcon 12;12 no percorrido de 2 kms. Ana Piñeiro con 15:29 proclamouse vencedora na proba de 3 kms.



   Entregaronse as premiacions do TROFEO JOSEFINA ROMERO, onde de maneira individual Ana Piñeiro e Denis Fernández acadaron o primeiro posto. Por equipos foron segundos tanto o feminino coma o mixto.



CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

Pontevedra, 2 e 3 de xuño de 2018

     En duas xornadas disputouse no CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS.  Na categoría SUB 20 participou David Lorenzo, quen tiña por diante 10 probas. Finalmente rematou  o Decathlon con 4902 puntos. Isto valeulle para proclamarse CAMPION GALEGO na sua categoria.




TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA

     Hoxe estase a disputar TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICA dentro da festa que supon o GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA CANTONES. O citado Trofeo ofrece as categorías menores a oportunidade de compartir circuito con alguns dos mellores marchadores internacionais. Sorte a tod@s, e @s amarel@s un chisco máis.


RESULTADOS EN DIRECTO TROFEO



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

     Esta vindeira fin de semana, 2 e 3 de xuño, vai ter lugar en San Fernando (Cádiz) o CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL SUB 14.  O formato do mesmo son probas de triathlon nas que se premia a versatibilidade d@s atletas. Duas amarelas acadaron o pase a esta importante proba. Abril Entenza participará no Triathlon C (80 m.v.- altura e lonxitude) e Erea Bastón no Triathlon D (80 m.l.- peso e disco). Desexamolle unha boa viaxe e unha mellor experiencia.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Tamén nos e grato informar que Ariadna Gil foi seleccionada coma compoñente da selección Galega para o Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub 18, a celebrar en Ciudad Real o 9 de xuño, disputará a proba de Triple Salto. No mesmo Campionato da categoría Sub 16 irán tamén Lope Quinteiro (1000 m.l.) Ana Piñeiro (Marcha), será o 16/17 de xuño en Avilés. Noraboa a tod@s eles/as.


CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

O Barco, 27 de maio de 2018

     Longo desprazamento ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. A volta tamén se fai longa, pero son cousas da xeografia. Tres CAMPIONATOS GALEGOS acadaron @s amarel@s, Ana Piñeiro en 3000 mts marcha e Lope Quinteiro en 1000 m.l. e lanzamento de peso. Houbo varias medallas de chocolate, dese que amarga, foi o caso de Ainoa Santos e Aaron Otero, ambos en sendos concursos nos que participaron. Sabela López tamén foi cuarta no salto de pértega, nun empate que implicou da 2ª ata 5ª posición. Claro que mellorou a sua marca alcanzando os 2.32 mts.  Pechabase unha fin de semana moi activa, pero a tempada continua, de feito xa temos en mente o Campionato de España SUB 14.



  • NOELIA VILLAVERDE,  5ª semifinal 100 m.l.
  • COLOMBA CARBALLAL, 5ª semifinal 100 m.v. e  9ª martelo
  • MARIA RIAL,  5ª triple salto
  • AINOA SANTOS,  4ª peso e 4ª disco
  • ANA CERQUEIRA, 4ª semifinal 100 m.v. e 6ª semifinal 100 m.l.
  • SABELA LOPEZ, 4ª  pértega e 4ª semifinal 100 m.v.
  • ANA PIÑEIRO,  1ª 3000 marcha
  • ADAN DACOSTA, 4º semifinal 100 m.l.
  • DANIEL IGLESIAS,  11º 1500 obstáculos
  • IVAN IGLESIAS,  14º 600 m.l.
  • MANUEL OTERO, 6º  martelo e 10º  peso
  • LOPE QUINTEIRO, 1º1000 m.l. e  1º peso
  • GABRIEL DACOSTA,  9º xavelina
  • AARON OTERO,  4º martelo e  4º peso

 

CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12

Vigo, 26 de maio de 2018

 

     As pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 e COMBINADAS SUB 12. Tratabase dunha competición individual na que podían participar en duas probas, en caso terse clasificado nas fases previas do programa XOGADE. Tamén era o CAMPIONATO PROVINCIAL DE RELEVOS, neste caso 4 X50 m. As probas combinadas para a categoría SUB 12 consistía nun triathlon (60 m.l.-lonxitude e peso), no cal Claudia Carcer e Gema Dacosta acadaron o 1º e 2º posto respectivamente. A estas premiacions hai que sumarlle outras NOVE medallas pola categoría SUB 10, oito delas individuais máis o relevo. Menuda canteira, non dan máis que traballo…NORABOA.



SUB 10 HOMES

  • HUGO COLLAZO, 1º 1000 m.l., 3º lonxitude e 5º relevos
  • IKER RIAL, 4º lonxitude, 10º pelota e 5º relevos
  • MIGUEL FERNANDEZ, 7º lonxitude, 11º pelota e 5º relevos
  • PEDRO GONZALEZ, 8º 1000 m.l. e 14º lonxitude
  • MARCOS RIAL, 5º 1000 m.l. e 14º 50 m.l.
  • BREO FERNANDEZ, 5º relevos


SUB 10 MULLERES

  • NOA QUINTEIRO, 2ª peso e 11ª pelota
  • CANDELA CASTRO, 4ª marcha, 1ª pelota e 2ª relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 1ª altura, 7ª pelota e 5ª relevos
  • ANA CORDEIRO, 3ª lonxitude, 6ª 50 m.l. e 2ª relevos
  • LEIRE BRUN, 4ª lonxitude, 4ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • LEIRE FERNANDEZ, 3ª pelota, 11ª lonxitude e 5ª relevos
  • VEGA PIÑEIRO, 14ª lonxitude, 13ª 500 m.l. e 5ª relevos
  • SABELA CASTELO, 5ª 50 m.l., 1ª 500 m.l. e 2ª relevos
  • ZOE FERNANDEZ, 5ª relevos


TRIATHLON SUB 12 MULLERES

  • CLAUDIA CARCER- 1ª (1182 ptos.)
  • GEMA DACOSTA – 2ª (983 ptos.)
  • NOA NERGA – 10ª (819 ptos.)
  • MAIALEN FERNANDEZ – 18ª  (661 ptos.)
  • GORETTI CARBALLAL – 24ª (541 ptos.)

TRIATHLON SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ – 15º (366 ptos)