COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA.

A Coruña 17 de xaneiro de 2016

     Coa resaca das categorias escolares continou a nosa andaina pola pista cuberta coa COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA.  Temos moi bos recordos desta competición nas súas anteriores edicions. Este ano a labor do equipo foi máis discreta. Engadir que o mesmo esta renovandose de cara o futuro e non se descarta estar novamente nas posicions de podio.  Na clasificación final a suma dos puntos deunos a 7ª posición. 

Contamos coa presenza das cadetes, algunha das cales se estreaba en Campionatos a nivel absoluto. Foi o caso de Irene Menéndez que rematou 7ª nos 50 m.l. cun tempo de 7.37 e Ariadna Gil que realizou o salto de lonxitude, rematando 6ª cun mellor salto de 4.54. A outra cadete, de segundo ano, Maria Rodriguez  tocoulle cubrir a proba de 3000 m.l. acadando o 7º lugar cun tempo de 12:30.18.  A lesión de Mª Jesús Corredoira deixounos sen puntuar nos 1500 m.l.  Noelia Graña rematou 7ª nos 200 m.l. con 28.32. Nos 400 m.l.  Aida Amoedo repetiu posición con 1:06.24. Na proba dos 800 m.l.  Noa Rouco sumou un punto o finalizar 8ª e parar o crono en 2:49.46. Paula Martinez sumou 6 puntos na proba de 50 m.v. cun tempo de 08.41.

Foron as participantes nos concursos as que subiron a media, e tamen a moral, do equipo. En salto de altura Alba Pazos rematou 3ª cun mellor salto de 1.50. Martina Paramos foi 6ª con 2.20 na pértega. Saray Amoedo encabezou a proba de triple salto con 10.81. Tamén gañou Raquel Villa  o lanzamento de peso con 11.58.  

O remate da Copa foi a proba dos relevos 4X1 volta, as catro integrantes foron Aida Amoedo, Noa Rouco, Iria Rodriguez Paula Sotelo. Acadouse o 7º posto cun tempo de 4:50.18.  O taboleiro final da proba sumaba 45 puntos para o equipo. Dixemolle ata pronto o Pazo dos Deportes de Riazor  e de seguro voltaremos con máis pulo a Coruña.


 IMG_20160117_121119


Deja una respuesta