CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

O venres 18 de decembro foi a presentación oficial da escola de marcha da que Santi Pérez é o director. Contou coa presenza de María Vasco, quen posúe unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 no 20km marcha.
O día seguinte foi o campionato galego de marcha, que este ano se celebrou en Lugo. Facía moito frío e o camiño fíxose máis ameno cando comezou a nevar.
En Lugo cidade non había nin rastro da neve, pero chegou a caer algunhas pequenas folerpas, cando estaban a competir os infantís e cadetes, aínda que non chegou a callar, para desgraza dalgúns.
A primeira carreira para os nosos atletas foi a dos alevíns, que tiveron que marchar durante 2km. Andrés que chegou 8º e Noa tras unha dura loita, entrou en terceiro lugar, a 2 segundos da segunda e sen ningunha falta.
As cadetes e infantís foron as seguintes en competir e marcharon durante 3 km .Esta é unha das máis concorridas, participaron 25 rapazas e 10 rapaces. Mar obtivo o 2º posto e Esmeralda quedou 7ª.
Iria e Lucía non chegaron a completar o percorrido, unha por problemas físicos e outra por expulsión.
En 5 km, Rebeca quedou 1ª e Angel quedou 5º. Rebeca tamén quedou subcampiona na categoría absoluta.
A entrega de medallas foi outorgada por María Vasco e Santi Pérez.

Resultados:
NOA – 3ª – 12:49:38
ANDRES – 8º – 15″47’67
MAR – 2ª -16’31″91
ESMERALDA – 7ª- 19’24″65
LUCIA – Desc.
IRIA – Abandono
ANGEL – 4º – 24’31″04
REBECA – 1ª e 2ª na absoluta – 27’41″44

Deja una respuesta