GRAN PREMIO XOGANDO AO ATLETISMO

Pontevedra, 19 de decembro de 2009.

Por primeira vez o Vila de Cangas participou en “Xogando ao Atletismo”. O acontecemento tiña lugar no pavillón de Príncipe Felipe de Pontevedra. Os destinatarios eran os rapaces/zas das categorías benxamín e alevín.
O patrocinio da proba corría a cargo da Deputación de Provincial de Pontevedra.
Ao contrario do que pasa na maioría das competicións de atletismo, os equipos podían ser mixtos. O Vila de Cangas participou con varios equipos tanto benxamíns como alevíns. Cada equipo estaba composto por un mínimo de cinco atletas e un máximo de sete.

O novidoso desta competición son as probas:
• Carreira de 6×10 metros; é dicir, é unha carreira de ida e volta.
• Saltos laterais: o atleta ten que saltar lateralmente e cós pes xuntos un obstáculo.
• Lanzamento de balón: lánzase cara atrás, coas dúas mans e por enriba da cabeza.
• Salto horizontal: é de parado e cós pes xuntos
• Lanzamento de xavelina: tamén é de parado e a xavelina é branda
• Salto de altura
• Relevos de 5 atletas, tendo que correr cada un deles dúas voltas.

Ao remate da proba houbo camisetas para todos os participantes.

Deja una respuesta