TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta tempada a competición de pista empezou ben cediño porque xa este sábado 12 de decembro se celebrou nas pistas de Pontevedra o Trofeo Deputación de Pontevedra. As probas ían destinadas principalmente ao atletismo de base, pero tamén houbo probas para os máis maiores. Para os benxamíns as probas organizadas foron as de 50 m.l., 500 m.l., lonxitude e peso. Para os alevíns houbo as mesmas, so que en lugar de 50 m.l. foron 60 m.l. Os infantís e cadetes tiveron 60 m.l., 1000 m.l., 60 m.v. e tamén lonxitude e peso. Para todos eles organizouse tamén unha proba que xa levabamos tempo notando a súa falta: os relevos. Para a categoría absoluta fixéronse as probas de 60 m.l., 60 m.v., peso para os homes e pértega para as mulleres.

A participación nas probas de lonxitude e 60 m.l. entre os mais pequenos foron as máis numerosas, provocando atrasos de importancia.
O Vila de Cangas conseguiu o premio ao club que aportou maior número de participantes.

Deja una respuesta