CAMPIONATO ZONAL XOGADE DE CROSS

Moaña, 15 de xaneiro de 2022

     Primeira competición oficial da recen estreada tempada 2023, e tamén primeira proba do programa XOGADE de campo a través. O parque da Xunqueira en Moaña acolleu os circuitos que determinarían as clasificacións para o Campionato Provincial. A maña, en canto ao metereolóxico, foi boa pero os percorridos estaban con moita auga, dandolle un plus de dureza as carreiras, noutras palabras cross puro e duro. No tocante a participación, tiñamos un total de 70 atletas inscritos dos que finalmente competiron 50, desta forma poidéronse  completar os equipos propostos para as diferentes categorías.



       A categoria máis madrugadora foron @s CADETES que inauguraban as carreiras cun percorrido de 2000 m. para ambos sexos. O equipo masculino estivo encabezado por Hugo Collazo, que rematou 1º, Diego Garcia 2º, Brais Pintos 3º e Unai Ferral 4º, acadando 6 puntos que os clasifican coma primeiros por equipos. A sección feminina rematou con Ana Cordeiro 2ª, Blanca Giraldez 5ª e Celia González 6ª, cun total de 13 puntos progresan ao Provincial coma segundas.


 Na categoría INFANTIL os homes estiveron liderados por Miguel Fernández 1º, Marcos Rial 2º, Saul Santos 4º, Roi Rivas 5º e  Gabriel Fazanes 6º. Cun total de 12 puntos acadaron o primeiro posto de cara ao Provincial. As mulleres entraron na seguinte orde, Nahia Pintos 5ª, Antia Soto 6ª, Noa Lorenzo 7ª e Leire Fuentes 8ª, sumando 26 puntos que lles daban o segundo posto.



            Sobre un percorrido de 1000 m. disputou a categoria ALEVIN as suas carreiras. O equipo masculino rematou primeiro, cun total de 11 puntos sumados por Angel Refojos 1º, Daniel Cordeiro 2º, Samuel Corrales 3º, Brais Garcia 5º, Xabier Ferral 7º, Anxo Curras 10º,  Eric Santos 11º e Alejandro Fernández 12º. As mulleres igualaron a puntuación e o posto con Lena Curras 1ª, Emma Collazo 2ª, Nora Parcero 3ª, Alba Alvárez 5ª, Carla Salgado 6ª, Elodie Graña 7ª, Sofia Capelo 8ª, Noa Pedrido 9ª, Violeta Basconcello 10ª, Vera Boubeta 11ª, Valentina Geenen 14ª, Valeria Sueiro 15ª, Camila Enriquez 16ª e Isis Martínez 17ª


      Remataba a proba coas carreiras de 500 m. previstas para a categoría BENXAMIN, onde tanto homes coma mulleres remataron en primeiro lugar por equipos. O masculino foi con Adrián Calvar 1º, Alex Carballo 2º, Hugo Lorenzo 4º, Luca Cao 5º e Xose González 9º. O feminino composto por Lucia Cancelas 1ª, Emma Salgado 2º, Sofia Corrales 3ª, Mar Fazanes 5ª, Claudia Romero 7ª, Zoe Bamio 9ª e Vera Estévez 11ª



RESULTADOS


 

Deja una respuesta