PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18

    Lope Quinteiro vai participar no XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA, o sábado pola tarde disputará a semifinal dos 800 m.l. no Palau Velódrom Lluís Puig. No caso de progresar a final sería na xornada do domingo 10.  Parte coma lider no ranking galego da distancia e agora toca presentar as credenciais no nacional, de seguro que voltará contento coa sua actuación.


RESULTADOS EN DIRECTO



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Madrid, 2 e 3 de marzo de 2019

     A pista cuberta de Gallur en Madrid encheuse de enerxia atlética. @s mellores SUB 20 do país concurrían ao peche da tempada de pista cuberta. Daniel Calvar non puido acadar o pase as semifinais, quedou fora cun tempo de 23.21 s. na sua serie de 200 m.l.



     Saray Amoedo remataba 8ª na final do  triple salto. Realizou un concurso moi regular e sempre mantendo ese nivel que se procura nas citas nacionais.



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA

     Na vindeira fin de semana, 2 e 3 de marzo, vaise disputar en Madrid o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA.  O sábado pola maña participará nos 200 m.l. Daniel Calvar, estas primeiras series conformaran as semifinais que se disputaran pola tarde. Nesta toma de contacto coa Pista Cuberta de Gallur vai a estar acompañado de Saray Amoedo que loitará na final do triple salto. Dexesarlle unha boa viaxe e moita sorte.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 09 de febreiro de 2019

 

     O primeiro Campionato Nacional de Pista Cuberta tiña coma protagonista a categoria SUB 23. A capital charra acolleu na pista cuberta Carlos Gil Pérez @s mellores atletas promesas. Paula Martínez estivo entre a elite nacional, disputando as quendas eliminatorias dos 60 m.v. Non puido pasar da xornada do sábado, onde rematou con 9.60 a sua eliminatoria. 



PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 P.C.

     Esta vindeira fin de semana, 9 e 10 de febreiro, a pista cuberta “Carlos Gil Pérez” de Salamanca vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Alí contaremos coa presenza de Paula Martínezquen o sábado pola tarde disputará as series eliminatorias dos 60 m.v. No caso de progresar nestas, o domingo están previstas as semifinais e final da proba. Estaremos moi atentos a súa evolución no Campionato.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Castellón,  30/06-01/07/018

 

    Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.



     A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de  15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteiro con 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Murcia, 23/24 de xuño de 2018

 

     Para Murcia se nos foi Daniel Armada. Disputabase nesa cidade o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Este atleta lidera o ranking da tempada en Galicia nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Estas mesmas probas foron as que disputou no nacional. Nos 100 metros lisos acadou un rexistro de 11’35, co cal non progresou a semifinal. Na proba dos 200 metros lisos, estivo cerca da sua marca, rematou en 22’71, pero tampoco pasou a semifinal. 



ACTIVIDADE ATLETICA

     Estase a disputar o CAMPONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE nas pistas do CGTD de Pontevedra.  Achegamos o enlace para o seguimento dos resultados sen perder de vista a participación de Ana Piñeiro e Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE FEDERACIONS AUTONOMICAS que acolle a localidade de Avilés.


RESULTADOS EN DIRECTO MASTER



RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16 MULLERES

RESULTADOS EN DIRECTO SUB 16 HOMES