PRESENTACION 2017/18

      O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2016/17, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 22 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 18 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 22 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CALENDARIO TEMPADA 2017/18

     Benvidos a unha nova tempada atlética, que comeza hoxe 01 de novembro, cunha longa andaina ata o vindeiro ano 2018. Achegamos información  do CALENDARIO da FGA  para a tempada 2017/18. Adiantarvos tamén que a presentación da nova tempada está prevista para o día 18 de novembro de 2017, en horario de tarde.

      Coma novidade, informarvos que o masaxista (LOLO) ofrecerá os seus servizos nas pistas de atletismo, os martes e xoves pola tarde. Para concretar a cita, contactar co tlf. 626940047.


CALENDARIO (adianto) 2017/18



ACTUALIZACION FOTOS PARA FICHAS.

     Achegamos información IMPORTANTE de cara a renovación das fichas para a vindeira tempada 2017/18. Temos que actualizar as fotos d@s atletas, por tal motivo solicitamos unha foto recente d@s que non a aportar@n nestes últimos 3 anos. Podese entregar físicamente ou mandala en formato dixital ao enderezo do club: at.viladecangas@gmail.com



XA TEMOS DATA PARA O PEDESTRISMO.

      Nos é grato comunicar que o XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- Memorial Pepe Cordeiro, terá lugar o 03 de decembro.  Coa proliferación de probas populares cada vez e máis difícil facer cadrar a data sen interferir noutras probas da contorna. O final decidiuse realizala proba o primeiro domingo de decembro, a nosa data normalmente.  Coa debida antelación informaremos da apertura das inscricións, que este ano premiaran a fidelidade, habera ao redor de 500 prazas a precio módico. Estes e outros detalles do Regulamento estanse últimando, polo que adiantarvos que serán carreiras de Categorías Menores no circuito urbán de Cangas máis a proba de 10 kms con percorrido de Aldán ata Cangas. Ide adestrando neste outono pois en breve sairá a inscrición da proba.



 

VOLTAMOS A ADESTRAR

    Este luns 11 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata cadete) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martessó as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2011) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais. 



ACTOS FIN DE TEMPADA

     O vindeiro sábado dia 05 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2016/17.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


     Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e  chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 15 de xullo de 2017

 

     Agora si, xa demos remate a tempada. Un sábado moi caluroso, na localidade de Pontevedra, acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE . O primeiro en saltar a pista foi o xuvenil David Lorenzoquen acadou a medalla de bronce nos 400 m.v.  máis outro bronce no concurso de pértega. O seu compañeiro de categoria Daniel Calvar progresou a final dos 100 m.l. e na mesma acadou o 8º posto.



     Raquel Villa comezou a súa andaina no Campionato cun 5º posto no lanzamento de disco, logo no concurso de peso proclamouse Subcampiona Galega. Saray Amoedo rematou 3ª no concurso de triple salto.



     Paula Martínez pechou a participación d@s amarel@s no Campionato, participou na final B dos 100 m.l. e acadou o posto 10º. Agora teñen unhas merecidas vacacions, que iso tamén forma parte do adestramento.

PAULA VIAXA A GRANOLLERS

     A localidade de Granollers vai acoller, os días 8 e 9 de xullo, o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE. A atleta junior Paula Martínez  acadou marca para participar nas probas de 100 m.l. e 100 m.v. Con esta participación completa unha tempada notable,  na que tamén conseguira mínima para o Nacional de Pista Cuberta. Agora só nos queda desexarlle unha BOA VIAXE.


INSCRITOS