FASE AUTONÓMICA LIGA CAIXANOVA

O sábado 20 de decembro, ben cediño, desprazámonos ata A Coruña a fin de disputar na súa pista cuberta de atletismo a final autonómica da Liga Caixanova.

En xeral, a xornada transcorreu con normalidade, a excepción de algúns sobresaltos como o que nos deu Aida caindo a menos de dous metros da meta cando ía primeira nos 500 m.l.

A verdade é que a proba de 500 m.l. foi a que máis incidencias tivo para os atletas do noso Club. Así, Raúl Dacosta Santomé equivocouse nas voltas e esprintou na penúltima, quedando logo sin forzas para continuar. Pola contra, Tinín, nos 500 infantil, reservouse na súa carreira porque pensaba que ía a haber unha final.

Por outra banda, esta proba serviu para mellorar algunhas marcas personais, cousa que nunca ven mal.

O equipo que sumou mellores resultados foi o alevín de mulleres, que se proclamou campión.  en alevín homes gañaron os de Mercedarias, en infantil homes os do Suárez Marquier e en infantil mulleres os de Coruña Comarca.

Entre os nosos medallistas están:

Faustino Maquieira con un bronce en 500 m.l. infantil;

Pablo Castro, con un ouro en peso infantil;

Mauro Rodal, con un bronce en peso infantil;

Oscar Broullón, con bronce en peso alevín;

María Novo, con plata en 2000 m.l. e bronce en lonxitude infantil

Alexia Vidal, con ouro en lonxitude e plata en altura alevín

Sandra Fernández, con bronce en altura infantil;

Raquel Villa, con ouro en peso infantil

Carla Bernárdez, con plata en peso alevín.

 

Resultados:c201208

PAPO’S

O pasado domingo 14 de decembro, en Castrelos (Vigo), celebrouse unha das probas máis queridas polos máis cativos: «VIII Memorial Andrés Abanqueiro – Bocatería Papo’s – Dep. Athletic’s».  É querida e esperada por eles porque o final da súa carreira agardaos un «perrito caliente«.  Sen embargo, este ano, o mal tempo puido máis e os atletas do Vila de Cangas que se desplazaron ata Vigo foron moi poucos.

Esta proba está destinada só as categorías escolares; é dicir, ata cadetes. O circuito era semellante ao dos outros anos, so que en tramos estaba máis lamento.

Os resultados foron os seguints:

infantil mulleres:

4ª mar Chillón

14ª Esmeralda Corredoira

20ª Carla Bernárdez

Alevín homes:

12º Samuel Alonso Gil

Alevín mulleres:

3ª Noa Rouco

7ª Belén Rodal

Benxamín homes:

2º Jorge Piñeiro

16º Aarón Fandiño

23º Gabriel

25º Daniel Calvar

28º Mauro Rodríguez

Benxamín mulleres:

Seguir leyendo

Pedestrismo Concello de Cangas

Nesta edición da tradicional carreira pedestre do Concello de Cangas destaca a data, que racha coa tradición de celebrarse o último domingo do mes de Novembro en detrimento do Memorial Belarmino Alonso polo que nesta ocasión disputase o domingo día 6 de Decembro, en plena ponte da constitución.

Climatoloxicamente as condicións foron todo o favorables posible despois duns días de intensa chuva, que se ben o día da proba amanece nublado, mantivose sen chover durante practicamente todalas probas.

Destacar a participación dos atletas do noso clube filial o Coruña Comarca, dos que un grupo de 11 atletas pasaron a fin de semana convivindo con algúns dos nosos atletas que gustosamente acolleronos nas suas casas. A experiencia foi enormemente satisfactoria creando así uns vinculos que esperamos fagan que futuras iniciativas sexan inda máis apaixoantes.

Os resultados da competición, moi pronto.

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Problemas Técnicos

Por unha serie de causas alleas a nosa administración, a base de datos da paxina web foi contaminada e perderonse os datos que ata o de agora dispuña a website.

E moita a información que se perdeu e con elo bastante traballo do que non nos queda constancia pero que foi útil  aos nosos visitantes duranto todo este tempo.

Por eso e dende agora iremos incorporando toda a información de utilidade que sexa precisa e continuaremos co traballo de publicación de novidades como se facia ata o de agora.

Moitas grazas a todos.

O equipo de redacción