Presentacion tempada 09/10

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2009/2010. Feito que terá lugar o vindeiro Sabado 21 de Novembro ás 17:00 na sala de exposicións do Auditorio de Cangas.

– Presentación dos equipos por categorías e sesión fotográfica

-Charla-coloquio

Entrega do Nº 14 da revista do clube

Esperando con ilusión a vosa asistencia ó acto, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

Pedestrismo Concello de Cangas

Nesta edición da tradicional carreira pedestre do Concello de Cangas destaca a data, que racha coa tradición de celebrarse o último domingo do mes de Novembro en detrimento do Memorial Belarmino Alonso polo que nesta ocasión disputase o domingo día 6 de Decembro, en plena ponte da constitución.

Climatoloxicamente as condicións foron todo o favorables posible despois duns días de intensa chuva, que se ben o día da proba amanece nublado, mantivose sen chover durante practicamente todalas probas.

Destacar a participación dos atletas do noso clube filial o Coruña Comarca, dos que un grupo de 11 atletas pasaron a fin de semana convivindo con algúns dos nosos atletas que gustosamente acolleronos nas suas casas. A experiencia foi enormemente satisfactoria creando así uns vinculos que esperamos fagan que futuras iniciativas sexan inda máis apaixoantes.

Os resultados da competición, moi pronto.

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Coruña Comarca e Vila de Cangas

Problemas Técnicos

Por unha serie de causas alleas a nosa administración, a base de datos da paxina web foi contaminada e perderonse os datos que ata o de agora dispuña a website.

E moita a información que se perdeu e con elo bastante traballo do que non nos queda constancia pero que foi útil  aos nosos visitantes duranto todo este tempo.

Por eso e dende agora iremos incorporando toda a información de utilidade que sexa precisa e continuaremos co traballo de publicación de novidades como se facia ata o de agora.

Moitas grazas a todos.

O equipo de redacción