FASE AUTONÓMICA LIGA CAIXANOVA

O sábado 20 de decembro, ben cediño, desprazámonos ata A Coruña a fin de disputar na súa pista cuberta de atletismo a final autonómica da Liga Caixanova.

En xeral, a xornada transcorreu con normalidade, a excepción de algúns sobresaltos como o que nos deu Aida caindo a menos de dous metros da meta cando ía primeira nos 500 m.l.

A verdade é que a proba de 500 m.l. foi a que máis incidencias tivo para os atletas do noso Club. Así, Raúl Dacosta Santomé equivocouse nas voltas e esprintou na penúltima, quedando logo sin forzas para continuar. Pola contra, Tinín, nos 500 infantil, reservouse na súa carreira porque pensaba que ía a haber unha final.

Por outra banda, esta proba serviu para mellorar algunhas marcas personais, cousa que nunca ven mal.

O equipo que sumou mellores resultados foi o alevín de mulleres, que se proclamou campión.  en alevín homes gañaron os de Mercedarias, en infantil homes os do Suárez Marquier e en infantil mulleres os de Coruña Comarca.

Entre os nosos medallistas están:

Faustino Maquieira con un bronce en 500 m.l. infantil;

Pablo Castro, con un ouro en peso infantil;

Mauro Rodal, con un bronce en peso infantil;

Oscar Broullón, con bronce en peso alevín;

María Novo, con plata en 2000 m.l. e bronce en lonxitude infantil

Alexia Vidal, con ouro en lonxitude e plata en altura alevín

Sandra Fernández, con bronce en altura infantil;

Raquel Villa, con ouro en peso infantil

Carla Bernárdez, con plata en peso alevín.

 

Resultados:c201208

Deja una respuesta