Archivo de la etiqueta: PISTA AIRE LIBRE
FIN DE SEMANA ATLETICO
Coa bonanza climática asemella ca primaveira xa se instaourou. Coas vacacións escolares sobra para o tempo de lecer. Nesta vindeira fin de semana descargamos, un pouco, as actividades para @s máis pequen@s, centramonos nas categorías VETERANS, con Juan Iglesias competindo no CAMPIONATO GALEGO DE MILLA, que vai acoller o Concello de O Pino.
O domingo 9 de abril, en Balaidos, estaremos no III JORNADA del II CIRCUITO SERIES MUNICIPAIS DE ATLETISMO EN PISTA CIDADE DE VIGO, con probas destinadas desde a categoria INFANTIL ata SENIOR.
RESULTADOS EN DIRECTO
Lembrarvos, que a día de hoxe, sobre as 19:00 horas terá lugar en A Pobra do Caramiñal a X GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO, alí estaremos tamén, por si cae algún recoñecemento, pensamos que si.
COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA
Comezamos o mes de abril en pleno auxe das competicións en pista ao aire libre. Nas de Balaidos vaise disputar o sábado 01 de abril, en xornada de mañá a II Xornada do Zonal Escolar INFANTIL. Haberá autobús do transporte escolar, con saída da estación de Cangas as 08:45.
RESULTADOS
En xornada de tarde, as pistas de Balaidos acolleran o XXX RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ, con probas destinadas para categorías desde CADETE ata VETERANS.
RESULTADOS
Para o domingo 02 de abril está prevista a II Xornada do Zonal Escolar BENXAMIN-ALEVIN. Neste caso será nas instalacións do CGTD de Pontevedra, en xornada de mañá.
RESULTADOS

No que atinxe as probas de Ruta, tamén teremos duas importantes competicións de marcha. Dentro do 26º GRANDE PRÉMIO INTERNACIONAL DE RIO MAIOR EM MARCHA, van participar nos 2kms, Ana Piñeiro e Carlos Corredoira. A outra proba o Critérium Nacional de Marcha «Mérida Patrimonio de la Humanidad», será testemuña da evolución dos irmans Denis e Valeria Fernández, en terras extremeñas.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMEZA O XOGADE AO AIRE LIBRE
Se supoñia que a primaveira nos ia traer bo tempo de cara as competicions de aire libre. Pois iso, imos falar de competicions, que o tempo esta algo tolo. E será por probas, nesta vindeira fin de semana da comezo o programa de Pista ao Aire Libre. O sábado en Pontevedra para a categoría INFANTIL, e o domingo en Vigo para BENXAMIN-ALEVIN. Para este último traslado a Balaidos, temos dereito a BUS ESCOLAR, que vai partir da Estación de Cangas as 08:45 horas.
RESULTADOS

O sabado temos a xornada completa ocupada no CGTD de Pontevedra, pola mañá na I Xornada en Pista do Xogade INFANTIL:
RESULTADOS EN DIRECTO
En xornada de tarde terá lugar a II Xornada Circuito de Atletismo en pista de Pontevedra:
RESULTADOS EN DIRECTO
Sinalar tamén o comezo dos Croses Escolares coa celebración do VIII CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA, do que achegamos información que puidera ser de utilidade.
REGULAMENTO
CIRCUITO
INFORMACION DO TROFEO ATLETISMO MAZI
O domingo 5 de marzo, vaise disputar o II Trofeo Atletismo Mazí – Cidade de Vilagarcía, no Complexo Deportivo de Fontecarmoa. O programa de probas será o seguinte:
RESULTADOS EN DIRECTO
TROFEO DE ENTROIDO EN PISTA CELTA ATLETISMO
Ese domingo 26 teremos un entroido atlético. Nas pistas de Balaidos vaise disputar o II TROFEO DE ENTROIDO EN PISTA CELTA ATLETISMO. O programa de probas por categorias será o seguinte:
INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO
CONTROL DE MARCAS EN NOIA
Aproveitando un pequeno paréntese de competicions oficiais, esta fin de semana imos desplazarnos a Noia. Nas Pistas de Atletismo desta localidade vai ter lugar un CONTROL DE MARCAS o domingo 19 pola mañá. Vai sair un bus da Estación de Cangas as 08:00 horas, con volta cando rematen as probas.
RESULTADOS EN DIRECTO
COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA
A actividade atlética da fin de semana concentrase no domingo 12 de febreiro. Duas importantes probas do calendario coinciden no tempo pero non no espazo. O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVES terá lugar en San Miguel de Oia, a dirección exacta Circuíto Loureiro – Camiño da Verdella – San Miguel de Oia (Vigo). Este Campionato, continuación do Zonal, servira coma pase ao Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados. O autobus saira da Estación de Cangas as 08:00 horas.
Os atletas convocados para o PROVINCIAL son:
- BENXAMIN MULLERES.- Goretti Carballal- Candela Castro- Alba Del Valle – Sabela Domínguez- Leire Fonseca- Leire Brun.
- BENXAMIN HOMES.- Hugo Domínguez
- ALEVIN MULLERES.- Agata Rodríguez- Lucia Gil- Sara Nerga – Carmen Fraga- Cristina Taboada- Uxia Sánchez.
- ALEVIN HOMES.- Carlos López- Raúl Rial- Sergio Valladares- Manuel Lemos- Carlos Corredoira – Yago Juncal.
- INFANTIL MULLERES.- Sara Mallo- Angela Fraga- Abril Entenza- Nuria Argibay- Irene Ruiz – Ana Cerqueira- Anais Santamarina- Carmén Castro – Blanca Piñeiro- Erea Bastón-Nerea Piñeiro.
- INFANTIL HOMES.- Aaron Otero- Joel curro- Iván Iglesias- Daniel Quinteiro- Carlos Portela- Adán Dacosta – Miguel Núñez -Rubén Medraño- Jairo Parcero- Antón Núñez- Javier Rodal -Mario Santos – Jacobo Díaz.
- CADETES HOMES.- Lope Quinteiro- Aaron Domínguez- Alex Iglesias- Gabriel Dacosta- Anxo Camaño- Manuel Otero.
- CADETES MULLERES.- Sabela López- Sandra Souto-Ines Pardavila-Naiara Villar -Alba Pardavila-Noelia Villaverde.
PREGASE comunicar calquera incidencia que impida acudir ao Campionato, co fin de confeccionar os EQUIPOS.
PLANO LOCALIZACION
CIRCUITOS E HORARIO
A mesma mañá de domingo, disputarase en a Pobra do Carmiñal o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. No REGULAMENTO da proba detallanse os pormenores do Campionato. @s amarel@s que acudiran a esta importante cita son Esmeralda Corredoira, Ana Piñeiro, Valeria Fernández, Denis Fernández, Rocio Novas, Lara Iglesias, Iris Malvido, Gema Dacosta e Nerea Malvido.
O sábado 11, en NOVO HORARIO pola mañá, no estadio do CGTD de Pontevedra vaise disputar a I Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra. Tamén imos ter unha ampla representación. HORARIO DEFINITIVO
No mesmo estadio tera lugar o CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO CADETE-XUVENIL. Duas cadetes tomaran parte, Valeria Rodríguez en martelo e Ainoa Santos en disco. HORARIO – RESULTADOS EN DIRECTO
- Daniel Calvar.- 60 m.l. e 400 m.l
- Daniel Armada.- 60 m.l.
- David Lorenzo.- 400 m.l.
- Paula Martínez.- 60 m.l.
- Ariadna Gil.- 60 m.l. e 60 m.v.
- Colomba Carballal.- 60 m.v.
- Noelia Villaverde.- 60 m.l.
- Irene Menéndez.– 60 m.l.
- Ines Villamor.– 60 m.l.
- María Rodríguez.- 400 m.l.
- Iria Rodriguez.- 400 m.l.
- Lope Quinteiro.- 600 m.l.
- Alex Iglesias.- 600 m.l.
- María Rial.– 60 m.l.
- Ainoa Santos.– 60m.l.
- Anxo Camaño.– 60 m.l. e 600 m.l.
PREVIA DA FESTA HQR EN PONTEVEDRA
O vindeiro martes 27 de decembro do 2016, vai ter lugar nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, a FESTA HQR. As probas implican as categorías BENXAMIN, ALEVIN e INFANTIL, e terán o seu desenrolo en xornada de mañá e tarde.
INSCRITOS REGULAMENTO
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE
Ourense, 16 de xullo de 2016
As pistas de Josefina Salgado, en Monterrei, acolleron a cita máis importante do calendario atlético autonómico. Foi unha longa xornada de verán para dar cabida ao CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Na sección masculina estiveron presentes o relevo 4×100 composto por Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Non puido chegar o «testigo» a meta, producindose a descalificación do equipo. Esta bonita e emocionante proba é moi satisfactoria cando sae ben, pero tamén moi frustrante cando sae mal.
Daniel Calvar participou nos 200 m.l., rematando en 4º posto, na súa final, cun tempo de 23.71. O seu compañeiro David Lorenzo foi 6º nos 400 m.v. cun crono de 1:00.54.
En mulleres a medalla foi para Raquel Villa, quen foi segunda e polo tanto Subcampiona Galega de Lanzamento de Peso. A bola chegou ata os 12’58 m. e supuso a medalla de prata.
Para a infantil Ana Piñeiro foi a sua primeira participación nun absoluto, percorrendo os 5 kms da marcha. Na vindeira tempada seralle unha distancia habitual, rematou en Monterrei no 5º posto cun tempo 28:53.38.











Debe estar conectado para enviar un comentario.