XLVIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Cangas, 03 de decembro de 2023

     Coa chegada do XLVIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO afrontamos a recta final da tempada. O circuito urbano de Cangas acollía unha edición máis as clásicas carreiras das categorías menores. As feminas Sub  10 foron as encargadas de estrear a competición dando paso seguidamente a carreira masculina. Pola parte das mulleres fixeron podio Claudia Romero , Mar Fazanes i Elsa Varela, con Emma Salgado 5ª, Aroa Súarez 9ª, Martina Sotelo 10ª, Daniela Regueiro 11ª e Adriana Santos 13ª. O podio dos homes conformouse con Adrián Calvar, Alex Carballo e Hugo Garcia, Xose González foi 5º e Hugo Lorenzo 6º.



      A carreira feminina Sub 12 estivo liderada por Daniela Bayon, seguida de Nora Parcero e Alba SollaNora Pedrido foi 4ª, Vera Boubeta 6ª, Sofia Capelo 7ª, Marwa Aga 9ª e Valeria Sueiro 11ª. Na distancia masculina o gañador por Nicolas Leiro, seguido por Hugo Costa e Roi Costa, Eric Santos foi 5º e Carlos Pérez 8º.



     Na categoria Sub 14 feminina gañou Ana Oliveira, seguida de Mara Rua i Elsa Budiño, no 4º posto andivo Antia Soto, Nahia Pintos 6ª, Noa Lorenzo 7ª i Edurne Fernández 9ª. Os homes coparon o podio de amarelo nesta orde, Marcos Rial, Miguel Fernández e Saul Santos.



     A proba dos cadetes pechaba as carreiras nas categorias menores, na proba feminina venceu Sabela Castelo, seguida de Claudia Fervenza e Sabela Pena, Ainara Calviño foi 5ª e Valentina Faye 7ª. Nos homes gañou Hugo Collazo, seguido por Diego Garcia e Brandol Ferreira, Brais Pintos foi 4º.



   A categoria minibenxamín foi a que rexistrou máis participación, e debido as tempranas idades que comprende foi dividida para facer outra categorias cos atletas nad@s o ano 2018 e anteriores. Na proba feminina gañou Alicia Núñez, seguida de Mia Aspas e Sabela Graña, Naia Regueiro foi 12ª e Xiana Campos 13ª. Na carreira dos Pitufos venceu Martín Pérez, seguido de Pedro Sobrado e Pepe Crespo, Gael Lagoa foi 12º, Hugo Súarez 13º e Daniel Figueroa 14º.



     As minibenxamins estiveron lideradas por Anxela Caballero, Elba Cordeiro e Aluhe Magdaleno, Antia Rodríguez foi 5ª e Uxia Campos 12ª. Os nenos estiveron encabezados por Nico Camino, Diego Mayan e Alexandre Martínez, Lucas Figueroa foi 5º, Tiago Saez 8º, Adrián Capelo 12º e Xian Miranda 15º. Realizouse a entrega de trofeos aos integrantes do podio e medalla para tod@s @s participantes, contando tamén con varios agasallos de casas comerciais.



     A saida da carreira popular de 10 kilometros estaba prevista para as 12:00 horas, e así se fixo. Finalmente o podio masculino estivo ocupado por David De La FuenteAlvaro Prieto e Daniel Estévez, as mulleres entraron por esta orde Maria Casaleiro, Sara Castillo e Alejandra Sanroman. So nos queda agradecer ao Concello de Cangas e demáis comercios locais polo apoio fiel ano trás ano.



 

 

Deja una respuesta